www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 24 de xuño de 2026

POLO SAN XOÁN...

 tanto queixo como pan.

POLO SAN PEDRO, tanto queixo como un dedo.


Era polo San Xoán, cando se facía o "lume novo", comezo do solsticio de verán, noite máis curta do ano.

Para a rapazada e tamén para a xente maior, era a noite agardada e que se ía preparando con días de antelación, carrexando leña, cepos ben gordos que duraban toda a noite. Participaba toda a veciñanza, novos e vellos e ninguén reparaba no traballo que dera, mesmo se facía falla, levábase o carro e as vacas para traer o que máis pesaba.

Alí, no meio da aldea, entre as casas, facíase un oco para a lumeirada e todos e todas darredor, brincando, rindo, contando contos, comendo e bebendo ata ben entrada a madrugada e o lume aínda ardía pola mañá e nalgúns casos duraba ata o "lume vello" que era día de San Pedro, o 29 de xuño.

Logo foise perdendo cando a xente nova foi marchando ás cidades, maiormente no interior de Galiza. Pola costa seguíuse facendo esta tradicción e cambiando a maneira de celebrada. Xa con sardiñadas ou churrascadas, tamén con brincadeiras que consistían en levar obxectos pesados como un carro ou calquera outro apeiro para outro lugar e logo os donos non sabían onde atopalos...



Pois agora, vólvese a celebrar nas aldeas malia a que queda pouca xente nelas pero sempre hai quen ten a iniciativa e aquí, xunto ao nacemento do río Eo, fíxose onte unha lumeira que xuntóu máis de vinte persoas e houbo quen o celebróu con menos xente, so a familia pero que o desfrutamos igualmente facendo unha pequena sardiñada, empanada, sobremesa e queimada con meigas e meigos incluídos.



Un lumiño pequeno pero ben feito e que duróu toda a velada e aínda máis. 

Improvisamos un disfraz de meiga que xa nos servíu o ano pasado cando eramos máis xente, e retratámonos todos con él para deixar constancia deste evento. Rodeados de rosas de todas cores, baixo a pérgola, degustamos as saborosas sardiñas e a empanada de mazán que trouxemos de Meira.



O sitio era ideal, no medio dun prado e rodeados de máis prados e de monte verde, cunhas vistas do val do Eo que cantos quixeran ter de fondo esa noite; coa lúa medio chea e a noite que non se quería facer noite, chegamos á hora da queimada que non podía faltar neste día sinalado.



E con ela ben feitiña que xa non tiña gota de alcol e sabía a melocotón, demos conta dunha torta de queixo caseira que xa viña durando dende o aniversario da autora, había dous días, e que aínda quedou unha pouca  para hoxe. Á luz dunha candea, fomos comendo e bebendo e contando contos e lembrando historias e o lume seguía vivo e novo e con ganas de seguir ardendo.



E así fomos chegando á nosa hora razoable de retirarnos cada quen ao seu cubil agardando pasar o resto da noite sen sobresaltos nin malas dixestións pero chegóulle ben! 

A familia unida polo lume sagrado permanece unida!





12 comentarios:

  1. Querida amiga Beatriz,
    Qué maravillosos son estos momentos que tanto anhelamos, reunirnos con familiares y amigos para celebrar todo con camaradería y buena comida.
    Un beso.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà meu amigo brasileiro, do outro lado do Atlántico que chega primeiro sendo de moi lonxe...
      Grazas por ser amigo, cuase familia, da gran familia blogueira.
      A gente do Brasil sodes nossa família, na fala e no sentir.
      Um abraço

      Eliminar
  2. Hola Beatriz. Madre mía...
    Jajajajaja, esto es chulisimo. Con tu disfraz de Bruja, la queimada el conjuro... etc... me gusta mucho esa preciosa hoguera. Y tu te has puesta muy bien para la ocasión.
    Me alegro muchísimo que lo hayas pasado divinamente. Y la tarta tiene muy buena pinta.
    Un fuerte abrazo.
    Mónica.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mónica, gracias por apreciar nuestro Sant Joán!
      Me hubiera gustado que estuviérais!
      Un abrazo

      Eliminar
  3. Chamo-me João Pedro.
    Porque nasci entre o São João e o São Pedro

    ResponderEliminar
  4. Alégrame saber que disfrutas de todos acontecimientos, tradicions fermosas de antaño que debes aproveitar todo o quepoidas, e mais.
    Un abrazo ben grande e apretadiño.
    ✨️❤️✨️🌹✨️

    ResponderEliminar
  5. Sant Juan no me gusta nada. Es una tradición que nunca me ha asustado celebrar. Por los petardos y las imprudencias que se vive..
    Saludos 🤗

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Sergio. Cada cual la vive a su manera. Aquí es muy sencilla. Todo más una buena queimada pero nada de petardos!
      Un abrazo

      Eliminar
  6. Qué bonito! Menos mal que aínda o imos mantendo nalgún sitio! Aquí con churrasquiño . Este ano, non sei como puido ser, sen queimada. Son Chelo, a da andaina.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Chelo, agradezo a túa visita. Agardo moitas máis!
      As nosas tradiccións son adictivas!
      Saúdos

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.