tanto queixo como pan.
POLO SAN PEDRO, tanto queixo como un dedo.
Era polo San Xoán, cando se facía o "lume novo", comezo do solsticio de verán, noite máis curta do ano.
Para a rapazada e tamén para a xente maior, era a noite agardada e que se ía preparando con días de antelación, carrexando leña, cepos ben gordos que duraban toda a noite. Participaba toda a veciñanza, novos e vellos e ninguén reparaba no traballo que dera, mesmo se facía falla, levábase o carro e as vacas para traer o que máis pesaba.
Alí, no meio da aldea, entre as casas, facíase un oco para a lumeirada e todos e todas darredor, brincando, rindo, contando contos, comendo e bebendo ata ben entrada a madrugada e o lume aínda ardía pola mañá e nalgúns casos duraba ata o "lume vello" que era día de San Pedro, o 29 de xuño.
Logo foise perdendo cando a xente nova foi marchando ás cidades, maiormente no interior de Galiza. Pola costa seguíuse facendo esta tradicción e cambiando a maneira de celebrada. Xa con sardiñadas ou churrascadas, tamén con brincadeiras que consistían en levar obxectos pesados como un carro ou calquera outro apeiro para outro lugar e logo os donos non sabían onde atopalos...
Pois agora, vólvese a celebrar nas aldeas malia a que queda pouca xente nelas pero sempre hai quen ten a iniciativa e aquí, xunto ao nacemento do río Eo, fíxose onte unha lumeira que xuntóu máis de vinte persoas e houbo quen o celebróu con menos xente, so a familia pero que o desfrutamos igualmente facendo unha pequena sardiñada, empanada, sobremesa e queimada con meigas e meigos incluídos.
Un lumiño pequeno pero ben feito e que duróu toda a velada e aínda máis.
Improvisamos un disfraz de meiga que xa nos servíu o ano pasado cando eramos máis xente, e retratámonos todos con él para deixar constancia deste evento. Rodeados de rosas de todas cores, baixo a pérgola, degustamos as saborosas sardiñas e a empanada de mazán que trouxemos de Meira.
O sitio era ideal, no medio dun prado e rodeados de máis prados e de monte verde, cunhas vistas do val do Eo que cantos quixeran ter de fondo esa noite; coa lúa medio chea e a noite que non se quería facer noite, chegamos á hora da queimada que non podía faltar neste día sinalado.
E con ela ben feitiña que xa non tiña gota de alcol e sabía a melocotón, demos conta dunha torta de queixo caseira que xa viña durando dende o aniversario da autora, había dous días, e que aínda quedou unha pouca para hoxe. Á luz dunha candea, fomos comendo e bebendo e contando contos e lembrando historias e o lume seguía vivo e novo e con ganas de seguir ardendo.






Querida amiga Beatriz,
ResponderEliminarQué maravillosos son estos momentos que tanto anhelamos, reunirnos con familiares y amigos para celebrar todo con camaradería y buena comida.
Un beso.
Olà meu amigo brasileiro, do outro lado do Atlántico que chega primeiro sendo de moi lonxe...
EliminarGrazas por ser amigo, cuase familia, da gran familia blogueira.
A gente do Brasil sodes nossa família, na fala e no sentir.
Um abraço
Hola Beatriz. Madre mía...
ResponderEliminarJajajajaja, esto es chulisimo. Con tu disfraz de Bruja, la queimada el conjuro... etc... me gusta mucho esa preciosa hoguera. Y tu te has puesta muy bien para la ocasión.
Me alegro muchísimo que lo hayas pasado divinamente. Y la tarta tiene muy buena pinta.
Un fuerte abrazo.
Mónica.
Hola Mónica, gracias por apreciar nuestro Sant Joán!
EliminarMe hubiera gustado que estuviérais!
Un abrazo
Chamo-me João Pedro.
ResponderEliminarPorque nasci entre o São João e o São Pedro
Que bom! Pois tes que festejar tudo num!
EliminarParabéms!
Alégrame saber que disfrutas de todos acontecimientos, tradicions fermosas de antaño que debes aproveitar todo o quepoidas, e mais.
ResponderEliminarUn abrazo ben grande e apretadiño.
✨️❤️✨️🌹✨️
Bicos, Marina.
EliminarSant Juan no me gusta nada. Es una tradición que nunca me ha asustado celebrar. Por los petardos y las imprudencias que se vive..
ResponderEliminarSaludos 🤗
Hola Sergio. Cada cual la vive a su manera. Aquí es muy sencilla. Todo más una buena queimada pero nada de petardos!
EliminarUn abrazo
Qué bonito! Menos mal que aínda o imos mantendo nalgún sitio! Aquí con churrasquiño . Este ano, non sei como puido ser, sen queimada. Son Chelo, a da andaina.
ResponderEliminarOlá Chelo, agradezo a túa visita. Agardo moitas máis!
EliminarAs nosas tradiccións son adictivas!
Saúdos