www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 28 de abril de 2026

SONS DO EO

 

Hoxe cheguéi ao lugar que tiña ganas de coñecer porque aquí, nesta casa que foi duns parentes e no que eu estiven unha vez sendo mociña, hoxe é un aloxamento de uso turístico tras a súa restauración feita por Kike e Diana, os seus propietarios dende o ano 2011. As súas pegadas están en cada obxecto, en cada porta, fiestra, tellado, paredes... todo pasóu polas súas mans facendo das ruínas algo habitable e confortable con todo luxo de detalles que convidan ao desfrute deste lugar, ancorado na cima dunha aldea na que só  catro casas máis quedan con xente.

O primeiro que chama a atención son as súas impresionantes vistas á Marronda e a súa proximidade co río Eo ao seu paso pola Cortevella onde fai caprichosos meandros. Decidiron chamarlle Sons do Eo. 

Consta de dous apartamentos con capacidade para sete personas. Están equipados con todo o necesario para desfrutar dun descanso ben merecido, do silenzo, da natureza, das zonas axardinadas con recantos para sentarse a degustar calquera especialidade da casa, para ler, para simplemente relaxarse e escoitar os paxaros que tamén dan nome aos apartamentos.

Asemade organizan actividades como "baños de bosque", rutas de plantas medicinais, experencias de mitos e lendas...




Figueiras, limoeiros, plantas aromáticas, flores e mesmo especies tropicais, rodean a casa, perfumando e ofrecendo os seus froitos maduros aos visitantes.
Os anfitrións viven  noutra parte da casa co seu fillo Tomás de once anos que gosta das novas tecnoloxías, das árbores e das formigas. Con eles vive Roki, ocan, que te escanéa ao chegar!

Gustóume a decoración dos apartamentos nos que colgan teas pintadas por unha irmá de Diana que vive en Bogotá, as camas, as alfombras, as madeiras recicladas coas que Kike fixo mesas, andeis, lámpadas...
O hórreo servíulles de vivenda mentres restauraban a casa. 




Están preparando un apartamento máis e mesmo teñen a idea de facer outro no hórreo .
Ao lado da casa hai unha capela adicada á virxe dos Remédios. 
Murias pertence á parroquia de Martín, Baleira e está moi preto da área recreativa da Cortevella, un lugar moi visitado na ruta da Marronda.




Antes de coñecer o lugar, eu xa lle fixen un poema que deixo aquí. É un acróstico coas palabras que dan nome ao seu aloxamento.


Sosegado lugar con vistas
O Eo cántalle ao seu paso
Na ribeira de Martín
Silenzo dalle a Marronda

Da montaña toma alento
Oénse cantar as aves

Enfeitiza a fermosura
Ofrece descanso e paz







 





13 comentarios:

  1. Hola Beatriz. Muy lindo el ámbito que describes como lugar adecuado para el descanso en entorno natural vivificante.
    Gracias por compartir.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a tí, Dionisio por estar siempre atento a mis publicaciones.
      En general, el entorno rural es muy demandado en estos tiempos cuando el turismo masivo lo invade todo, junto con el cambio climático y el estrés que se genera en las grandes aglomeraciones. Estos lugares de retiro en plena naturaleza son un refugio aunque para muchos solo sea temporal y para los que lo habitamos una filosofía de vida.
      Gracias. Un abrazo. Me pasaré por tu blog.

      Eliminar
  2. Que encadren o teu poema que é ben bonito.
    Parece un complexo grande e os arredores prometen. Terán que publicitalo para chegar ahí. Paz e natureza. Grazas por enseñárnolo. Bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por vir coñecer este recanto natural. Xa levan anos recibindo xente que ven de vacacións. Por iso o queren ampliar.
      Está ben publicitado.
      Agradezo o teu elixio ao poema. Teñoo gardado para dárllelo pero nunca me lembro!
      Aperta, Nucha.

      Eliminar
  3. Hola Beatriz. Justo lo que necesito yo estos días. Todo este relax. En conexión con el río Eo y la Cortevella. Silencio con la naturaleza y escuchar el sonido de las cascadas de agua. La habitación se ve muy acogedora, tranquila y bonita. Has hecho un interesante recorrido y muy conocido por sus nombres.
    Buena semana. Un abrazo enorme. Mónica.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Mónica. Esta casa fué donde nació tu tía Irene. Ya ves, el mundo es un pañuelo y una sorpresa! No quedó en el abandono y ha ganado en valor.
      Un abrazo

      Eliminar
    2. Sí. Nació en Murias la tía Irene. La mujer de tu primo hermano. Antonio Pin Fernández.
      Un abrazo enorme.
      Mónica

      Eliminar
  4. Ei Bea!
    Que lugar mais lindo
    e inspirador.
    Hj estou pasando para lhe deixar
    um abraço de saudade. Passa no Espelhando só
    pra me dizer que está bem.
    Bjins
    CatiahoAlc.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá amiga! Sempre é um praçer que as verdadeiras amizades nos visitem de vez em cando.
      Ja deijo a minha pegada lá no seu Espelhado. Cada día sâo algo máis desleijada cos blogs. Será cousa da terceira idade também? Rs, rs, rs...
      Beijinho

      Eliminar
  5. Este tipo de casa de hospedaje me encanta...no se en que estado se encontraba, pero lo cierto es que está reformada muy acorde con el entorno, y tiene que se un lugar de descanso, maravilloso.
    Gracias por compartir.
    Un abrazo, Beatriz.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Manuel, como bien observas está rehabilitada acorde con el entorno y todo hecho por ellos mismos. Tiene mérito!
      Gracias por tu aportación.
      Un abrazo.

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.