www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 10 de abril de 2026

Costureiras Terras do Eo

 




Son camiñante pero non sempre vou polos mesmos camiños. As veces tardo en pasar por onde andiven.  E tampouco non me fixo en tódolos cambios que se dan nos lugares. 

Viña fotografando prantas en flor para saber o seu nome. Por ver se algún cadraba cos que nós lles tiñamos aquí e cando cheguéi á Casa da Fonte, (Centro de Interpretación do Eo e da Marronda), fixéime nuns cartaces novos que había nas xanelas. Achegueime a mirar e vin modelos de traxes expostos en maniquíes improvisados con perchas e cadeiras. A porta estaba aberta e achegueime a indagar.

Non agardaba atoparme cun obradoiro de costura e cunha parella de veciños de Cubilledo vindos de Cataunya e Andalucía que xa levan tempo morando en  Baleira pero que non coñecía personalmente. Xente emprendedora que se viñeron ao rural, mercando casa nunha aldea de Cubilledo, cultivando unha horta e facendo deseño e moda.


Recibíume Neli, quen logo me presentóu ao seu compañeiro Toni e puxéronme ao día no seu proxecto de utilizar a Casa da Fonte para levar a cabo actividades como obradoiros de costura, faladoiros, teatro de títeres, defensa persoal, ioga...e moita costura transformadora e creativa a partir de outras prendas usadas (ou sen uso) convertíndoas en modelos do máis actual que poidamos imaxinar. Tamén me falóu de facer un mercadiño aos domingos no exterior ou dentro, cousa coa que eu sempre soñei, mesmo a noite pasada, pensaba niso!



Foi a alegría do día! Aínda non estou enterada nin a medias pero teño que escribir sobre este novo uso da Casa da Fonte que xa leva anos sen apenas usarse máis dun par de veces ao ano. Agora vai ter actividade e espero que sexa todo un reclamo para xente de aquí e de acolá!.

Seguimos vendo modelos, a cal máis innovador. Ela mesma prepara os estampados con lenda que lles pon aos chaleques, chaquetas e demáis...



Atropeladamente falamos de miles de ideas a levar a cabo. Non sei como vai funcionar, nin horarios, nin prezos. Sabemos que tamén se van facer actividades culturais como presentación de libros, acompañadas de gastronomía, faltaría máis!



"Apostar polo rural, non está mal", un lema para a miña camiseta! 




Grazas, Neli, Tania, Toni e Tamara, socias deste emprendemento no rural.

A carón do Eo e da Marronda, todo é posible.

Contade comigo!



16 comentarios:

  1. Que palabras mas bonitas, mil gracias Beatriz, os esperamos a todos por la asociación Mulleres Rurais Costureiras Terras do Eo, Fonteo un paraíso natural en Baleira.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Neli. Esperemos que o proxecto teña o éxito que se merece!

      Eliminar
  2. Ola Bea:

    Alédame que a ese espazo tan bonito se lle vaia dar uso e nel vaia haber vida, aprendizaxes, encontros e risas. Eses lugares son para aproveitalos, e darlles cometido. Se non, para que o esforzo e os gastos en restauralo?

    Téñoo conocido na presentación do teu libro xunto con Antón Cando, no que tamén lles sacastes partido, e iso é o que debe ser, un lugar de reunión da veciñanza do rural e visitantes.

    O proxecto recordoume a outra casa de
    pedra, tamén dunha aldea de Lugo, no concello de Bóveda, e que restaurada para ser un espazo cultural e de encontros. Nunca alí estiven, pero un día descubrina polas redes sociais e chamoume a atención, e dende aquela son seguidora. Vexo que organizan concertos, certames de poesía, presentación de libros, proxeccións de cine, obradoiros, etc.

    Chámase A Casa da Memoria, e descríbese como un espazo artístico e de benestar. Unha casa para compartir historias, creatividade, arte, que axuden a re-conectarnos.

    Deixo aquí o enlace ao seu Facebook por se a alguén lle interesa: https://www.facebook.com/share/1DcnWJC4Dq/

    En Rábade tamén hai unha vella casa de pedra, a Casa das Insuas, que tamén é un Centro de Interpretación da natureza local, neste caso das illas que forma outro río o Miño, e que tamén está destinado a ser "centro dedicado a actividades de estudio e conservación da natureza, agroecoloxía, soberanía alimentaria, oficios tradicionais e todas as actividades baseadas no aproveitamento e desfrute respectuoso e sustentabel da natureza.

    O ano pasado había alí cursos de debuxo e pintura de animais para principiantes. Cada fin de semana eran sobre un animal distinto: páxaros, anfibios, etc. Estiven a punto de anotarme, pero ao final non me coincidía ben. E agora vin que este mes hai un obradoiro de xabón artesanal cuberto con lá de ovella galega.

    Tamén deixo enlace ao seu Facebook:
    https://www.facebook.com/share/18QM7Gjbpx/
    Vémonos axiña,

    Iria

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Iria por aportar sempre algo que ten que ver co tema.
      Eu teño ido a moitos obradoiros na Casa das Ínsuas en Rábade. Agora xa se me fai algo lonxe. En Castroverde, na estrada que vai a Pol tamén hai outra casa na que se fan moitas actividades. Xa teño ido a algunha.
      A ver se a pouca xente que quedamos somos capaces de darlle vida ao rural. Sería todo un logro.
      Aperta grande

      Eliminar
  3. Hola Bea. Ha sido tu tarde de sorpresas. Caminando se hace camino al andar... y tu te encontraste con la Casa Social de Fonteo, hecha un Museo de costura con prendas de diversas épocas de forma reciclada.
    Es una buena iniciativa y la persona que da su idea es un magnífico proyecto Social y cultural.
    Un abrazo enorme.
    Mónica

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mónica, gracias por venir.
      Iniciativas como esta dan vida al rural. Esperemos que se animen a participar las pocas personas que vamos quedando.
      Un abrazo

      Eliminar
  4. Hola Beatriz, que hermoso es descubrir la vida de la mano de gentes emprendedoras, activas y dispuestas, desde su creatividad para dar forma a su edificante y libre acometer...
    A todo ello se debe sumar, ese dar a conocer a los demás como tú haces para que todo ese bien llegue o alcance en su fomento. Gracias Beatriz.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. Hola Dionisio, me alegra saber de ti.
    Me siento un poco embajadora de todo lo que va surgiendo por estos lares. A veces me entero un poco tarde pero cuando me entero me gusta darlo a conocer. Por lo menos eso puedo hacerlo aunque ya no estoy para coger la aguja y el dedal!
    Buen finde
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  6. Mulleres Rurais Costureiras Terras do Eo:

    Mirándovos o Eo ledo ó pasar/
    Rube ón castiñeiro un paporrubio/
    Cantándovos este fermoso cantar:/
    Ai, mulleriñas costureiras/
    Das Terras do Eo ó mar imos falar,/
    Si, mulleriñas costureiras/
    Das Terras do Eo ó mar imos falar./

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Antón, xa vexo que hai cousas que nos inspiran! Agradécese a túa visita e aportación poética!


      Eliminar
  7. A costura é uma actividade em declínio.
    Infelizmente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pero adaptada aos tempos e con tecnoloxía que a facilita pode voltar ser de moito interese, Pedro.

      Eliminar
  8. linda roupa bravo pelo post bravo beijinhos feliz semana saude

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà amiga Isa. Muito obrigada pela visita. Pronto irei ver no teu blog. Beijinho

      Eliminar
  9. Hola, Beatriz. Lo que nos cuentas hoy, me parece una iniciativa muy linda de personas emprendedoras, que siempre vienen muy bien para zonas rurales, y que puede convertirse en un punto de encuentro para todo tipo de talleres, y de nuevas amistades.
    Gracias por compartir y te envío un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Manuel, concuerdo contigo en eso. Ayer mismo asistí a la inauguración de esta actividad, a pocos metros de mi casa. Acudió mucha gente y pudimos degustar productos caseros y pasar una tarde amena. Espero que tenga éxito y dé vidilla a la aldea.
      Un abrazo

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.