Era onte, 24 de decembro, nun supermercado ben coñecido e valorado da cidade de Lugo. A esas horas do mediodía estaba cheo de mercadores e mercadoras facendo longas colas na carnicería, na charcutería pero, sobre todo, na peixeiría.
Saquei o número 40. Alguén me indicóu que podía ir tomarme un café tranquilamente. Non cheguéi a tanto pero sí que me din unha parsimoniosa volta polo supermercado vendo cousas nas que non me fixara en visitas anteriores.
Frente á peixeiría había moita xente recollendo os encargos de peixe e marisco que xa tiñan feito pero que se despachaban do expositor directamente porque alí estaban expostos e levaban os ollos a calquera alén de ser a mellor maneira de ofrecelos.
Grandes lotes de langostinos, cigalas, centolos, ameixas, nécoras...rodaballos, rape, robaliza... sobresaían dos carros. Eu, xa puxera os ollos nun peixe que é o meu preferido, o máis económico sempre, o máis afastado da ollada do público e agradecín ter o número 40, o derradeiro, e que ninguén reparase na miña elección porque sería o "faime rir" de todo o mundo. Cando me tocóu o turno, que foi sen tanta demora como prometía xa que moita xente non aparecía cando era o seu turno e as dependentas pasaban os números como quen canta a lotería. Así que pronto fun atendida. Como non tiñan o prezo posto preguntei polo prezo. Mesmo daba vergoña escoitalo: 1.75 euros o quilo. Xa eu tiña escollidas as toras que levaría, as que estaban mirando para arriba, pero, logo, levei tamén as que non ensinaban a cara, pois era para conxelar e este peixe haino poucas veces. Para ser máis precisa, ninguén o leva pola parte cerrada, que é a que mellor gosto ten, e esa parte sempre ten un prezo máis inferior que a parte aberta. Como a min as espiñas non me molestan, teño todas as razóns para levalo.
Lémbrame cando miña nai, que cociñaba para vodas, encargara congro naquela época, ano 1966, aproximadamente. Ninguén coñecía ese peixe na aldea e coas espiñas que ten, compadezo ás convidadas! Non lembro que houbera queixas por iso.
Logo veu a miña estadía de dous anos en Fisterra. Alí hai moitos pescadores. Eu coñecín a dous irmáns que facían na súa cabaña, caldeiradas de congro para compartir cas amizades. Eran famosas aquelas caldeiradas de Moisés, moi coñecido na vila fisterrán. Non lembro que eu fora a ningunha pero sí que saín unha madrugada con eles ao mar e almorzamos con nécoras, cociñadas no mesmo barco.
A min entrábame risa por dentro. Case desfrutaba do que outras ían desfrutar na Noitebóa. Todo aquel despilfarro, a quen máis e mellor... con prezos fora de lugar... e, eu, que nin sequera ía facer cea de festa, senón a de todos os días, que é a que mellor me senta...
O congro está hoxe na pota e outro no conxelador. Sabiades que a min a carne deste peixe sábeme a nécora? Así teño dous nun! Por un lado, peixe, por outro, marisco! Qué economía a miña!
Que máis quixera eu que ninguén me lembrara o Nadal pero non é posible. Empezan a chegar felicitacións e non podes deixar á xente como se non as recibiras. O poder da tradicción, do costume, da cortesía, do social...Eu trato de ser coherente co que penso. Se a relixión inventóu esta festa, xa non é a relixión o motivo dela, senon o consumismo, o tirar a casa pola ventana, a porfía de a ver quén máis e mellor...Para min, esta época do ano é recollimento, instrospección...humildade e, sobre todo, sentido común.
Pido desculpas a quen non comparte as miñas ideas. De verdade que respecto as deles e delas pero nonas comparto.
Teñan todos e todas un tempo agradable, que non lles pase nada malo, que pensen no conto da pequena fosforeira, se o leron algunha vez e senón, aínda poden facelo. Ese conto é parte da miña filosofía de vida.
Aperta grande


Boa tarde: - Confesso que também sou apreciador de enguias sejam do Mar, da ribeira ou de outro lugar qualquer. Gostei de ler o conto
ResponderEliminarContinuação de boas festas.
.
Olà Rik@rdo, não sabía que o congro fose uma enguia de mar! Gosto quando outras pessoas gostam do que eu gosto.
EliminarFoi um gosto!
Abraço gostoso!
Festas Felizes
ResponderEliminarI hope your conger eel stew turned out exactly like the ones on the boats in Finisterre!
ResponderEliminarMerry Christmas! I’m giving you a "big squeeze" right back.
Many thanks for your visit.
EliminarI try to enter your blog but I'm asked for consent and have doubts if it will be safe.
Also I wish you a good New Year
Boa tarde:- Passando novamente a fim de deixar votos de:
ResponderEliminar.
Bom fim de semana.
.
Que o ANO NOVO de 2026, traga Saúde, Paz, Harmonia, esperança, e tudo o mais que seja bom para si, sua família e amizades.
..
“” Poema: - Próspero ano de 2026 … Feliz Año Nuevo 2026.
“
.
Bo ano tambem Rik@rdo. Que no falte o amor, a paz e as ganas de vivir. E muita poesía en tudo, e música...
EliminarAbraço
Olá, querida Beatriz, são sempre histórias muito interessantes, e essa gostei muito de ler.
ResponderEliminarQuerida amiga, desejo a você um lindo 2026, com muita saúde, alegria e esperança numa paz global.
Juntas novamente em 2026! 😄🌺🙋♀️
Os mesmos desejos, querida Tais.
EliminarSeguimos en contacto.
Abraço grande
Estimada Beatriz, un gozo leer, este relato de la adquisición del pescado y posterior degustación con todos los sentidos abiertos y recordando lo vivido en otros tiempos ya pasados. Ser tu misma y no sentirse influenciada por las demás demandas, es ser libre y coherente y ahí hay que estar. Un fuerte abrazo y mucha FELICIDAD ahora y ese 2026 que nos llega.
ResponderEliminarGracias, amigo Dionisio. Lo mismo te deseo.
EliminarQue el Año Nuevo traiga paz y entendimiento entre los pueblos.
Un abrazo
Hola Beatriz.
ResponderEliminarMe ha gustado mucho tu relato, en cuanto al consumismo en estas fiestas. Verdaderamente recuerdo que de niña en el colegio eran días de reflexión y de carácter religioso. Pero el sistema lo ha cambiado la misma sociedad.
Ya no se escucha hablar de la misa del Gallo, ni de la misa del niño Jesús...etc.
Si embargo todos están pendientes de comprar toneladas de comida. Y siempre se acaban antes los días de celebraciones, que todo lo que han comprado durante un mes.
Las colas son de película. Es como ver imágenes de una nueva guerra. Donde se ponen todos en fila hasta que les toca el turno, para darles su ración de comida. Todo es consumismo de la misma tradición de estos días. Compran, carnes, mariscos, pescados, ensaladas chinas, fruta exótica... cremas dulces de avellanas, almendras, cacahuetes, tapes, embutidos...
Turrones, Mazapanes, Polvorones, Mantecados, Neulas, Panattones, diversos chocolates y confituras: peladillas, piñones y castañas confitadas.
Vamos que son unos gastos superficiales cuando todo puede ser mucho menos copioso. Reconozco que es demasiado en este aspecto. Pero vivir las navidades con ilusión y ganas de decorar el hogar como si fuese siempre la primera vez es saludable mantener ese espíritu navideño. Que aunque seamos mayores y los años pasen volando, no significa dejar de lado nuestros niño interior que llevamos dentro. Son las festividades del invierno.
Al igual que es la Semana Santa, también es consumismo.
Día de difuntos: Comprar flores frescas.
Día de todos los Santos: Comer huesos de Santo.
Día de las Procesiones.
Ir caminando lentamente detrás de las largas procesiones. Esto también son unos gastos desorbitados.
Al final tu relato ha dado para debatir muchos puntos de vista.
Un abrazo enorme y buena entrada de la última semana del año 2025.
Mónica.
Hola Mónica, gracias por entender tan bien la intencionalidad de mi relato. Tu misma lo has enfatizado más, si cabe.
EliminarOs deseo un Año Nuevo lleno de las cosas que apreciais.
Besos
Un abrazo enorme, Beatriz.
EliminarAs distintas fases da vida imolas celebrando como podemos. Eu, as de Nadal, que case as celebro sola ( en canto a comidas) , debe ser pola idade, pero volvin un pouco a interpretalas coma un renacer, un intento de ser mais espiritual e dar gracias por compartir o que podo. Tamén respeto as demais formas, anque o consumismo esaxerado me cause algo de tristura en calquer época.Alá cadaquen.
ResponderEliminarBicos. Nucha
Alá cadaquén, queda ben.
EliminarGrazas por deixar o teu parecer.
Aperta espiritual!
Que merluza más bien cocinada. Y bien sana.
ResponderEliminarBuen inicio de semana.