Levantarse nesta mañá de Reis, abrir a pequena xanela do cuarto e ver o manto branco que pousa delicadamente sobre os arbustos do xardín, foi todo un agasallo visual.
Nin curta nen perezosa, púxenme o equipo axeitado e fun levarlles un pequeno aguinaldo ás únicas veciñas que teño.
Como non quería molestalas, caso de que aínda estiveran na cama, levei con qué colgalo na xanela da cociña pero ao ir facelo, abríuse a folla e alí estaba Alba!
Pasaban carros pola estrada e eu era a única supervivinte da contorna. Cos paus de marcha nórdica case semellaba que fose practicar esquí de fondo pero tan só era catar a neve no seu máis alto apoxeo da mañán, denantes de que o sol fixese o seu.
Ao voltar, lembreime de que a miña familia estaba viaxando de volta dende Berlín, onde pasaron uns días na cidade e desfrutaron de moita máis neve da que temos aquí e penséi que lles faría un boneco de neve para darlles a benvida. Así foi. Non perdo as mañas, malia a idade, e, como cando era nena, ou mellor se cabe, logo artelléi un boneco de neve que deixo por aquíe que lle vou chamar Farruquiño.
Seguían caendo folerpas sobre a miña cabeza, ben protexida e impermeabilizada de pes a cabeza, tentei de non esvarar no xeo que cubría o manto branco e dinme un bo paseo pola aldea deserta. As imaxes eran increiblemente fermosas como sempre o son nestas circunstancias ten efémeras. Pois logo virían os raios de sol derreter todo o que a noite creóu.
Mandei polo whatsapp fotos ás miñas amizades de lonxe para que puideran tamén contemplar estas estampas que o cambian todo e sempre nos sorprenden para ben. Sobre todo neste día festivo, no que moita xente non precisa erguerse cedo pero outra sí, pois tamén pasóu unha ambulancia e algúns coches que por algo terían que sair.
Ao abrir a xanela, o que primeiro vin foi o seto que está en frente e que logo botará a flor, pois é madrugador coma mín.
En contraste con esas floriñas que quedaron nunha pranta, esquecidas e que pasan o inverno na maceta da miña xanela para alegrarme as mañás, a neve engalanara as ramas coa sutileza do algodón.
Nin que dicir ten que rachei a miña rutina e case se me pasa a hora de tomar o antibiótico por mor do oído, con tanta novedade que admirar.
As rosas truncadas polo frío, que non chegaron a abrir, tiñan enriba un bodoque branco que lles daba un toque algo exótico. Lembreime dunha fotógrafa que pasóu uns día nesta casa e que fai fotos deste estilo. Chámase Maida e é malagueña, neste momento en Camboia? Dende alí chegóume unha imaxe do Gingko que é unha pranta moi útil para a mamoria e o rego sanguíneo. As follas teñen forma de abanico. Esta é a foto que colgóu no Facebook e que me tomo o permiso de compartila aquí, logo xa llo pregunto!
E xa para terminar porque o frío instálase nos ósos e case inmobiliza as articulacións para escribir, vou rematando o tema de hoxe agradecéndolles aos reis tan exquisito agasallo que me deixaron á porta.
Para mín, son os mellores presentes que o día pode ofrecerme, despois da saúde, naturalmente.







Ola Bea:
ResponderEliminarEncantoume o teu relato, e o boneco de neve para recibir ás netiñas. De seguro, as namorará!
Eu, como son dunha vila, na que nunca se vía a neve, chámame moito as estampas que deixa, coma as das túas fotos. O desconocido, e non habitual, chama sempre máis. Coma aos do interior, o mar.
Nos últimos tempos tiven a sorte de poder vela de preto e desfrutar dela. As pequeñas cousas, sempre son as mellores.
Un biquiño,
Iria
Grazas Iria por visitar as miñas estampas e mellor aínda sería pisalas!
EliminarAno de neves, ano de bens!
Que así sexa!
Amiga Beatriz,
ResponderEliminarQue los Reyes Magos nos guíen en este nuevo año que comienza.
Que siempre interactuemos en nuestros blogs con amistad y creatividad.
Feliz Año Nuevo.
Besos.
Gracias buen amigo, lo mismo te deseo.
EliminarPasaré por tu espacio.
Un abrazo
Bonito de ver.
ResponderEliminarViver nesse frio?
Não, obrigado.
Feliz Ano Novo
O frio conserva!
EliminarFeliz Ano!
Estimada Beatriz, cuanta dicha se desprende de ese inesperado manto blanco, que recibes de mañana, y recorres con inquietud conformando ese muñeco de nieve, que se traslada a la vivencia de otro tiempo y ahora aguarda a los posibles admiradores de tal efímero diseño. Mi más cordial enhorabuena por todo ese disfrute de ensueño. Felices reyes y FELIZ AÑO NUEVO. Un cálido abrazo.
ResponderEliminarPues me alegro mucho de que hayas disfrutado tanto con la nieve y haciendo ese bonito muñeco con cara de bueno y poco de farruco, jeje.
ResponderEliminarLos paisajes nevados tienen todos ellos una belleza muy especial, pero a mi me causan mucho respeto, por lo que intento evitarlos, desde que tuvimos una mala experiencia mi esposa y yo, con dos hijos pequeños, y aislados durante dos días en un refugio de pastores en plena sierra de Cazorla, hasta que al tercer día apareció por allí la Guardia Civil en su Land Rover y nos atendieron maravillosamente. Entonces, no teníamos móviles.
Un fuerte abrazo, amiga Beatriz.