www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 2 de agosto de 2022

UN DÍA GRANDE



 


Así comezaba o derradeiro día de xullo, entre poemas e tenreiras, entre música e degustacións, entre moita xente chegada de todas partes, chiringuitos e divertimentos para a xente miuda...

No salón de actos da Casa da Cultura de Baleira, presentábase Río adentro. Na mesa: Xulio L. Valcárcel, poeta por excelencia, Anne Nikitik, profesora de linguas estranxeiras, Alberto Alonso, funcionario do Concello e a autora, que veño sendo eu mesma.

Despois de escoitarmos todo o bon que quixeron contar de mín, que foi moito e xeneroso, houbo lectura de poemas por parte dos rapaces e rapazas de Fonteo e Librán. 

E para rematar, un toque musical con Tania e o seu acordeón, acompañada dunha alumna e un alumno dos mais aventaxados e que resultóu tan movido que daban ganas de bailar.
 



Logo viría o momento de asinar libros, de poñer as verbas axeitadas a cada ún e unha, de sentir o aprezo de quen se achegóu ata alí, de saudarnos e prometernos novos encontros.


Baleira, hoxe, chea  a reverquer.

botaba para fora.

Tenreiras ao sol, cheiro a asado,

bachata e salsa.

Chiringuitos e bares desbordados,

xantares retrasados...

Dentro, no Centro Cultural, amig@s

que participaban

no día grande de Río adentro,

deixaban lembranza

do que perdurará no tempo.




Xa, unha vez rematado o acto, saímos a un sol que nos queimaba. Houbo quen quixo ir coñecer o río Eo e a miña casa, e iso fixemos, unha incursión rápida, sen moita demora porque nos agardaba a Feira da tenreira galega que era outro dos eventos do día.




Pero, antes, unha selfie con Anne Nikitik, diante das xovenquiñas, na que aparecemos sumamente complacidas de estar alí.




Vista panorámica na que xente e vacas compoñen a paisaxe que era realmente multitudinaria e co chan recién cuberto de area para a ocasión, semellaba que estiveramos no Oeste americano.




Chamounos a atención este tipo de vacas. Había duas nais, cada unha co seu tenreiro, mamando ás veces, pois auga, ou parasol, a poucas llas puxeron. Istas, concretamente, pasaran pola perruquería. Tiñan cortes de pelo con deseño e a súa cor tiraba a vermello.




E nos, puidemos apoderarnos de dúas mesas nunha terraza e alí agardar duas horas a que nos trouxeran algo que levar á boca. Iso sí, cando chegóu algo, sóubonos a manxar.

Así acabóu o día e a romaría  "and all is well if ends well" e isto acabóu ben.



Video da editorial Medulia, con Diana Varela, a súa directora, recomendando libros, entre eles, Río adentro.
Agradezo a súa participación no acto, promocionando os libros.


20 comentarios:

  1. Un resumo moi bo do que, en efecto, foi un día especial. O libro contou co apoio do Concello, Alberto preparou ben a presentación, da editorial, coa presencia de nada menos que o propio editor e de Diana, coido que a directora, moi amabeis e empáticos;a túa amiga e compañeira Anne, q ben fala galego! , a voz ilusionada das c
    nenas e nenos, a música e os asistentes. Parabéns, Bea!. Queda menos para que remates o seguinte proxecto. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Día grande para unha grande, parabéns infinitos, Bea😘😘😘

    ResponderEliminar
  3. Alégrome de que todo saíra a pedir de boca.Moitos parabéns!!

    ResponderEliminar
  4. Unha mañá ben completa, na que se aprecia que non faltou nada.
    Parabéns os participantes e sobre todo a protagonista.

    ResponderEliminar
  5. Ola Bea,

    Un día moi especial para ti, a presentación do teu poemario arroupada pola túa terra, as novas sementes desta e amig@s.

    Alédome de que fora emotivo e saíse tan ben.

    Eu teño o meu Río Adentro que será firmado pola autora 😀

    Un bico,
    Iria

    ResponderEliminar
  6. Saludos, Beatriz.
    No sé si escribes desde Cádabo, Baleira, a donde me llevaron las huellas de Gaudí.
    Feliz verano.

    ResponderEliminar
  7. me alegra saber Beatriz que todo ha sido un exito ,la presentación , firma donde estás con tu sello personal y el escelente reportaje de fotos que añades al acto , enhorabuena..
    Beatriz estoy publicando en partes mi paso por la enseñanza y te invito al blog de Aula de Paz Camin de Mieres , para ver tu opinión espero te agrade, un fuerte abrazo y de nuevo mis saludos con un ramo de muguete para ti . jr.

    ResponderEliminar
  8. Felicidades, te lo mereces. Te mando un beso.

    ResponderEliminar
  9. Muito interessante este post, desejo tudo de bom pra você e que você continue sendo feliz.

    Arthur Claro
    http://www.arthur-claro.blogspot.com

    ResponderEliminar
  10. FELICIDADES BEA. EU TAMÉN QUERO O MEU LIBRO E ASINADO, COMO QUEDAMOS. LARM

    ResponderEliminar
  11. Mi pasado fue parecido al tuyo
    Pertenecia a grupos que hoy ya no tengo Un abrazo bella

    ResponderEliminar
  12. ... e um grade dia, também, Bea; com certeza! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  13. como la noche herida con fuego así la luna de oro se fija en tu Beatriz corazón dando al alma un sabor vivencial de un bello recuerdo que nos aplica nuestro quehacer diario en un abierto mar de comensales ,almendradas gaviotas , olas de caracolas retumbando hechas cerbatanas lirios sabor a pomarada en suma una fecha para vivirla de nuevo, la vuelvas a vivenciar en la soledad de tu saber hacer y escribir... ,mucho exiito con las publicaciones,feliz semana Beatriz . jr.

    ResponderEliminar
  14. ¡Qué bonito evento Beatriz, del cual pudiste disfrutar hasta el final !! y ese poema estuvo muy hermoso también. Un abrazo grande.

    ResponderEliminar
  15. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, agradecendo a visita e gentil comentário no meu cantinho, e desejar uma excelente semana, com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  16. O día saíuche, saíunos! A todos redondo toda a maña, ata a noite, como tiña que ser. O meu fillo e eu, celebramos a túa felicidade como se de nos se tratara, brindamos con un albariño por os teus exsitos, calquera que entenda algo da publicación dun libro, sabe o traballo que aí detrás, non todos se dan conta, pero vale a pena, verdade? Alégrame un montón que o festexaras de esa manira. E ala a seguir escribíndo e que teñas moitos moitos exitos, amiga Bea.

    Non e o que escribin anteriormente, estaba mais inspirada. pero pasa por vez. que conste que vin publicado e logo desapareceu.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.