www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 16 de agosto de 2022

QUÉROTE AQUÍ

 No faiado hai lembranzas. Hoxe é un bo día para desfacerse delas. Chove, vai frío, acendín o lume no lar, púxen o xale azul e decidín falar de tí.

Atopei unha lista detallada dos teus eventos como cociñeira de vodas e banquetes. En qué casa,  co gallo de qué, e numero de veces. Case todas eran vodas. Daquela celebrábanse nas casas, nas palleiras das  casas e tí cociñabas os asados de año no forno do pan. Eu probaba as costeliñas, para ver se se desprendían facilmente do óso. Como aquelas non volvín  saborear outras.




Emocionóume ver a túa letra e ler o nome das casas. Algunhas xa non existen. Gustábache escribir cartas á familia, facer notas, planificar por escrito o que pensabas cociñar para cada ocasión. Intentabas facer diferente das outras, sempre innovando. Aqueles aros de cebola rebozados que parecían calamares...tartas nupciais con varios niveis, tartas para "pedidas de man" que eran de masa de hoxalddre que ti preparabas e logo recheabas con froitas escarchadas e améndoas, rematando arriba cun enreixado, como a tarta de Mondoñedo.

No listado non engadiches as comidas que preparabas na casa para moitos comensais, por encargo. Case sempre troitas do Eo. "Imos comer unha troitada onde a Natalia de Fonteo"

As pataquiñas redondas que acompañaban aos asados e que tanto traballo che daba facer, cunha redondez perfecta...

Cociñaches para o día da inauguración da lúz eléctrica na parroquia. Había xente comendo en duas casas, en varios locais, e ti cociñaras para tod@s.

Sen contar as veces que ías cociñar para as mallas nas casas dos veciños, que te chamaban porque querían que a súa comida fose a mellor de todas.

As comidas dos curas que viñan facer os enterros. Daquela todo o mundo se quedaba a xantar despois da función. Ben fora na taberna e na palleira para a xente da veciñanza, ou no comedor da planta alta para os eclesiásticos. "Comen como os curas", dicían, porque como tiñan fame, non falaban. 

Non sei cómo empezaches co da cociña pois ti eras costureira e mais tarde tamén taberneira. Dabas comidas a cantos chegaban por aquí por unha ou outra razón. Chegaban de sorpresa e ti nunca os deixabas irse sen antes comer o que improvisabas no momento e a todos contentabas. Por iso viñan e voltaban a vir. 

Conservo o libro "La Cocina de la Mujer Moderna" que che regalara teu irmán Pepe. Foi un detalle moi bo por parte del, sendo un veciño mais do lugar cando apenas se viaxaba á cidade. Un libro con tapas gordas e que traía de toda clase de receitas. Ti tíñalo todo cheo de marcadores para atopar facilmente o que buscabas. Non o precisabas moito porque saía de ti cómo había que cociñar calquera receita. Eras creativa e gustábache adornar todo. Dicías que o prato ten que entrar pola vista primeiro. E así era. Xa se comía cos ollos. 


Eu son unha gardadora de todo. Cústame desprenderme dos recordos pero sei que teño que ir tirando cousas. Gardar so as mais relevantes, como este libro que aínda ten moito que ensinarme. Daquela, como o aceite apenas se mercaba, cociñábase moito con manteiga de porco. A comida sabía mellor pero. hoxe, nono atoparíamos saudabel. 
 
Con ela facías os polvoróns polo Nadal. Xa se comían sen ir ao forno!

E os fariñotes aqueles feitos coa manteiga cocida, de vaca, que daban un cheiro delicioso por toda a casa e atraían a xitano@ e pai@s.

Entroume unha especie de saudade que sempre se anticipa ao tempo que corre para o inverno longo. 
O lume; sentir o calor da leña, porque hoxe non temos calor solar, xa me pon noutra etapa que se aveciña e que me fai sentir que o bó pouco dura. O bó? nin tanto nin tan pouco! Hai calores que cansan e outros que nos adormecen.


14 comentarios:

  1. Hoje em dia está tudo automatizado. Já não há cartas de amor. Hoje é mais SMS, Whatsapp, facebook, Twitter etc etc etc.
    Os anúncios de hotéis e quintas para casamentos são escritos a computador. Tudo muda na vida.
    .
    Cumprimentos cordiais e poéticos
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  2. Que marabilla lerte, Bea. Falando da túa nai fixeche que tivese presente a miña, sempre dis que nos parecemos, pois penso que elas tamén se debían parecer...
    A miña non cociñaba por encargo pero, de solteira traballara nun restaurante en Marín e recordo que en comparación con outras nais, a miña facía comidas pouco comúns e sempre riquísimas, eu tamén añoro moito a súa comida en moitas ocasións, sabendo que xamais voltarei comer. Ainda que aprendín moito con ela e me din que cociño ben, non ten nada que ver, a súa manciña era a súa.
    As patatas pequeniñas e redondas tamén as usaba nos asados, na barra das patatas xa as tiña apartadiñas, ela chamáballe as patatas da paciencia polo traballo que lle daba pelalas.
    Grazas, Bea! Aperta.

    ResponderEliminar
  3. Qué bonito, Bea! Me lo iba imaginando a medida que iba leyendo. Me encantó. 😉

    ResponderEliminar
  4. "Comen como os curas", dicían, porque como tiñan fame, non falaban"
    Vaya frase, para enmarcar. Un canto a la saudade
    Petonets

    ResponderEliminar
  5. Afinal a saudade não é um sentimento só português.
    Bjs

    ResponderEliminar
  6. Ola Bea!

    Que emotiva carta a túa nai. Xa vexo de quen sacaches a creatividade.

    Un cariño para ti e Noa.

    ResponderEliminar
  7. Rememorando o pasado ás veces parece mentira, non sei se a ti che pasa; é como se fosen cousas que aconteceron noutra vida, noutro mundo. Todo aquilo, case podemos tocalo, case, mais é imposible. Mestura de ledicia e saudade, ensínane a valorar o presente, a vivilo de xeito máis consciente, máis lento. Vivir lento. Moi lento. Unha vida analóxica. E se cadra mañá xantar unhas troitas e brindar polo legado de Natalia.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Apertas grandes, Bea. Son Manuel, non sei porqué figura como anónimo.

      Eliminar
  8. Unhas lembranzas ateigadas de nostalxia Polo que foi e xa nunca volverá a ser. Fermoso!

    ResponderEliminar
  9. Unha lista que despertou lembranzas, sentimentos, arrecendos pasados moi a flor de pel.

    ResponderEliminar
  10. Os recordos de nosas nais son inesquecíbeis. Comentáballe á filla que o 15 deste mes sempre había festa na casa, era a patrona de Isorna e a festa máis celebrada do ano. Miña avoa facía unhas roscas deliciosas que xa mantiñan solas. Tamén se facía ensaladilla rusa e o atún recordó que era moi bo. De tua nai non sabía que cociñara tanto, pero algunha cousa lle teño probado coma o botelo. Todo vai quedando como parte da nosa historia. Bicos. Nucha

    ResponderEliminar
  11. Bons tempos onde se escreviam cartas de amor...
    Sou desse tempo amiga Beatriz. Inclusive, escrevia muitas cartas a pedido de amigos meus, que achavam que tinha jeito para as escrever. E consegui através disso grandes amores...
    Votos de um excelente fim de semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  12. ¡Olaa, Beatriz!
    Isto e un gran homenaxe a túa naiciña que aínda a coñecín eu que por certo pareceume unha persoa moi hospitalaria, coma ti, que tamén tes esa calidade.
    A vida cambiou moito, hoxe temos outras comodidades, pero perdéronse os valores de entón.
    felicítote por este bonito e importante post, gracias por darnos tanto e tan fermoso
    quédache unha aperta pretada, biquiños moitos.

    Se moi, moi feliz.

    ResponderEliminar
  13. Me hace feliz que te sierntas como te sientes

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.