www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 29 de agosto de 2021

TEMPO DE CEBOLAS




Un ano mais ca colleita de cebolas.
Recollidas antes das chuvias, que virán, secalas día a día, gardar polas noites, cortarlles as raíces, espilas da capa mais externa, enrestalas e penduralas nun lugar oscuro e ventilado. Usar primeiro as que teñen malformacións ou risco de podrecer.
Farán o deleite das miñas empanadas vindeiras das ensaladas e tortillas.
Faranme chorar ao cortalas pero todo lles perdoo porque unha cebolada dos vellos tempos, con cachelos é un manxar, simplemente, e que xa apenas se fai nos nosos tempos porque era comida de pobre.
Cando estudaba en Lugo, a señora da casa onde me aloxaba, facíanos case todas as noites o mesmo menú: ensalada de cebola, carne de porco cocida, acompañado con patacas tamén cocidas.
Ela deixaba a cebola en remollo de auga con sal toda a tarde, logo escurríaa e aliñabaa con aceite e vinagre.
Podo asegurar que nunca disfrutara tanto de comer cebola!
Este ano pensaba que non tería boa colleita porque tiveron moita chuvia ao primeiro e as de cor violeta sacaron flor case todas, pero non foi así, e podo dicir que collin mais que o ano pasado, do que me alegro porque vivir sen cebola propia é como pasar sen pan. "Contigo pan e cebola" 



13 comentarios:

  1. gosto muito de cebola roxa que bom que teve muitas bravo bjs saude

    ResponderEliminar
  2. Vivir sen cebola propia e como pasar sen pan...
    Unhas fermosas cebolas nótase que se colleitaron con amor.
    Agora a disfrutalas! Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Olá, Beatriz!
    Boas dicas aqui nos deixas para a conservação das cebolas. Assim já sei como fazer.
    Votos de uma excelente semana!
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  4. Gosto muito de cebola na comida.
    O meu padrinho DETESTA.
    Boa semana

    ResponderEliminar
  5. Quando era criança, e a fome apertava, apanhávamos no quintal uma cebola que depois de descascada, com uma faca dávamos dois cortes em cruz púnhamos sal no meio e comíamos, embora se houvesse no quintal, tomates, feijão verde ou cenouras eu e a minha irmã deixávamos de lado as cebolas. Já o meu irmão não as trocava por nada.
    Abraço, saúde e boa semana

    ResponderEliminar
  6. ¡Qué emocionante tener un huerto! Beatriz. Te diré que a mí me encanta la cebolla...y en especial la roja, la cual corto en finas y delgadas tiritas (a la juliana) y luego mezclo con dos huevos batidos, ajos, sal y pimienta, y me hago unas ricas tortillas, que tienen un sabor delicioso. También en mi país existe un plato típico que se llama Lomo saltado...y lleva una carne suavecita y rica, y también cebollas y papas fritas, con aderezo de tomates, ajos, sal, pimienta...y se acompaña con arroz...es una delicia. Y es que la cebolla no puede faltar. Es un ingrediente muy importante. Te dejo mi abrazo grande.

    ResponderEliminar
  7. Também gosto muito de cebolas, Beatriz; embora as minhas não sejam de cultivo próprio. Tens razão; o seu sabor é único! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  8. Vexo que o traballo no horto dá os seus froitos. A cebola gústame na tortilla e algo na empanada. Xa vexo que en tempos foi moi socorrida, téñollo escoitado a miña sogra tamén

    ResponderEliminar
  9. A tortilla e a ensalada sempre con cebola 😋 E se provén de cultivo tradicional mellor que mellor. Que pintaza tenen Bea, e que curiosidade me dá a ensalada de cebola a remollo da señora de Lugo

    ResponderEliminar
  10. Eu adoro cebolas, sou gaúcha do sul do Brasil e nosso prato tradicional é o churrasco com salada de maionese e não falta nunca tomates e cebolas como saladas, também.
    Adoro cebola de qualquer jeito!!
    Uma feliz semana, querida Beatriz, cuide-se bastante.
    Beijinho.

    ResponderEliminar
  11. Que cebollas lilas tan impresionantes ♥

    ResponderEliminar
  12. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  13. Adoro cebola.
    Na salada e na comida.
    Mas cultivá-las com boa qualidade dá muito trabalho.
    Continuação de boa semana, amiga Beatriz.
    Um beijo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.