Tarde máxica na Pousada dos Boieiros, Esgrade, Baleira, con un auditorio semicuberto dende o que se pode ver o ceu, neste caso, azul e tamén o cuberto ou palleira con apeiros de labranza pendurados das paredes de pedra.
Quén dí que no rural non se poden facer actos culturais? Dun tempo a esta parte, cambiaron os ventos e xa non so nas cidades e vilas acontecen estas cousas. Aquí, entre medio das montañas, da Marronda, do Eo que vai polo val, nunha aldea de tres casas, con xente só nunha delas, hai espazo para a cultura e para a natureza, o silenzo e o divertimento.
Co gallo de presentar o libro Laudatio Fúnebris escrito por Andrés Díaz e Eva Moreda, que trata dos rituais post mortem con cánticos, prantos, cantos no Medievo galego, neste caso pero non só, xa que foi igual ou moi semellante noutras partes de Europa, un dos autores, Andrés Díaz que ademáis é o director do grupo de Música Antiga 1500, sendo él o encargado da cítola, arpa e frautas; Belén Bermejo, voz e percusión, (por certo, unha voz preciosa e acaída ao tipo de música) e David Bellas que toca a gaita medieval e frautas, trasladáronnos ao Alén con pezas medievais, muiñeiras e outras tradicionais galegas como as que tocaba o Florencio co violín. Teño que dicir que son máis os compoñentes deste grupo pero onte só viñeron tres deles.
De esquerda a dereita David, Belén e AndrésMalia o lugar afastado no que se encontra esta casa que foi dos avós de Andrés Díaz e de Tino Díaz, hoxe propietario, e que se coñecía como a casa do Medio ou casa dos Boieiros, por adicarse á venda de bois que levaban ata Benavente facendo todo o percorrido a pé por camiños, está sendo un lugar habilitado como museo no que Tino Díaz foi coleccionando os obxectos que se usaban antigamente. Tamén conserva unha cantina na que non faltan botellas de todas as marcas de cervexa, bocois do viño, e outros útiles propios dunha taberna, contóu cunha audiencia bastante considerable de xente da contorna e mesmo de Lugo e outros lugares.
A casa dá para moito. Só unha pequena parte está habilitada como museo pero queda moito por facer. Tamén conta cun hórreo en moi boas condicións. Por suposto ten unha cociña de lareira e varias estancias que albergan obxectos e aparellos antigos tanto de uso agrícola, como de animais, (vacas, bois, cabalos...).
Tino, que vive en Lugo, ven a miúdo para entregarse ao seu museo e ir engadindo algo novo, reparando, e coidando o que xa hai e organizando eventos culturais xa que o sitio préstase para iso e mesmo, onte, había abundancia de cadeiras, todas iguais para sentarse comodamente.
Gústalle gardar documentos e fotos da súa familia que ten unha historia moi interesante e que Tino non se queda parco en detalles cando nos conta todas as historias e anécdotas que él tan ben coñece.
E así acabóu unha tarde morniña de maio facéndonos sentir ben e ata desexando que no noso pasamento nos canten e toquen pezas medievais para despedirnos deste mundo no que estouran as bombas e nos enxordecen os ruídos.
Quero un funeral
ao estilo medieval,
con túnicas lánguidas
e veos cinguidos,
prantos sentidos,
sons do abellón
ao meu carón,
noites sen perdón
ata que o galo cante.
Beatriz Pin





Também eu gosto muito de colecionar velharias.
ResponderEliminarAté porque muitas guardam memórias preciosas.
Também eu, Pedro. Forman parte de nós!
EliminarBo domingo
Hola Beatriz, nada hay mejor que una tarde en ambiente acogedor familiar y recargado de recuerdos y enseres que nos llevan a otro tiempo, como esos cantos medievales o de ese folk gallego tan meloso…enriquecido acontecer en entorno siempre gratificante. Gracias por compartir.
ResponderEliminarUn abrazo
Hola Dionisio, agradezco tu visita y comparto lo que expones.
EliminarUn abrazo
É moi loable que se fagan este tipo de actos. Cada vez proliferan mais, tamén en Isorna, a miña aldea de nacemento. Importante que os novos coñezan tamén tempos idos cheos de ritos e riqueza. Grazas. Bicos. Nucha
ResponderEliminarGrazas Nieves, que o noso rural colla pulo, tráenos de volta a esperanza.
EliminarAperta grande
A debido de ser algo muy especial y gratificante a la que ya me hubiera gustado estar allí, con lo que me gusta la música medieval, de hecho sigo a tres grupos que se dedican a este tipo de música.
ResponderEliminarAdemás de haber podido ver esa casa museo que con tanto mimo y cariño está preparando Tino Díaz.
Me alegro que te lo hayas pasado muy bien, y gracias por compartir, amiga Beatriz.
Un fuerte abrazo.
Hola Manuel, también a mi me gustaría visitar esos lugares sevillanos que tan bien nos presentas en tus entradas de blog. No da la vida para tanto y hay que conformarse con lo que otros nos hacen llegar que no es poco.
EliminarSigamos dándole visibilidad a nuestro entorno.
Feliz domingo, último de mayo.
Un abrazo
Hola Beatriz.
ResponderEliminarMe alegro mucho que hayas acudido a otra de las presentaciones literarias. La música medieval es muy bonita. Buen comienzo de semana y muchos
saludos de la familia y un abrazo fuerte de mí parte. Mónica.
Gracias, Mónica, por tu visita a mi entrada. También os deseo un buen disfrute de este verano que comienza.
EliminarAbrazos
Los buenos recuerdos siempre quedarán en los mismo lugares.
ResponderEliminarSaludos.