Era polo 1966 cando deixei a escola rural para aprender algo diferente na cidade de Lugo. En principio conseguín que meus pais me deixasen abandoar a casa na que nacín en Fonteo, Baleira. Acababa de pasar o exame de Ingreso que me permitía facer o bacharelato pero non obtiven o permiso para facer tal cousa. Si, que conseguín que me deixasen estudar algo así como secretariado, alternando con un taller de costura.
Eu acompañaba algunhas veces a meu pai nas viaxes a Lugo para mercar as mercadurías que se vendían na nosa taberna. Acostumabamos ir aos almacéns de José Herrero Lobejón que estaban xunto a Estación de tren e parada do autobús de línea Lugo-Fonteo e biciversa, e alí puiden descubrir o que realmente me gustaría facer: ser mecanógrafa como aquelas secretarias que tecleaban sen parar nas oficinas de tal almacén.
Con esa idea, convencín a meus pais e fíxenme alumna da academia Alvarellos que era a que máis sona tiña naquela época. Alén de mecanografía tamén ensinaban taquigrafía, cultura xeral... e alá me enrolei e foi como coñecín a Don Enrique Alvarellos, un profesor que sabía ensinar con disciplina, tenacidade e eficiencia, que trasmitía ao alumnado esas cualidades e quedaba como un selo que nos acompañaría sempre, alomenos no que a min se refire.
Ensinóunos dende o primeiro día a escribir "ao tacto", e dicir, mirando só para o método que él utilizaba e que resultóu ser moi eficaz. Tamén a postura correcta de mans, codos e pernas para lograr unha mellor destreza diante da máquina. Vixiábanos con moita frecuencia e corrixía os "vicios" que empezaran a aflorar. Era tenaz e esixente, non deixaba pasar unha. Débolle algo que siñificóu moito na traxectoria da miña vida, como é o dominio do teclado, "ao tacto" que permite escribir con moita velocidade. Probas de velocidade nos facía de cada tempo e non se pasaba páxina sen dominar ben a anterior.
Logo, deixéi a academia para ingresar no Instituto Feminino, por nocturno, combinando o bacharelato elemental co taller de costura. Hai que lembrar que son filla dunha costureira, pero que non quixen aprender con miña nai esa profesión que non me gustaba daquela e o que quería era ser mecanógrafa.
Hoxe, pasei, como fago a menudo, por diante do local da academia Alvarellos que penso leva así, pechada dende que se terminóu fai moitos anos. E sentín nostalxia. Foi ao ver a placa de Don Enrique alí, na rúa, xunto a praza Comandante Manso, que así se chamaba, e lembrei vellos tempos, cando aínda a muralla tiña as casas adosadas. Agora é unha zona peatonal, con cafés, terrazas e zonas verdes nas que a xente se para a tomar algo ao longo da mañá ou da tarde.
Non sabía da tua destreza cas teclas. Iso axuda tamén a escribir rápido no ordenador, unha vantaxe. A vida pasa de contado e agora afloran mais a miudo as nosas memorias do pasado. Bicos. Nucha
ResponderEliminar