www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 15 de xullo de 2025

UN TARDEO NA ILLA DE SAN SIMÓN



Os campamento musical na Illa de San Simón, perto de Vigo e Redondela, levóunos ás avóas e avós, a pasar unha tarde en familia, con música, cantigas compartidas e acompañadas tanto polo profesorado como polo alumnado chegado facía dous días de varios puntos de Galiza para pasar alí a semaniña enteira. Pero houbo quen non aguantóu máis de tres días. Estar nunha illa impón. A ver cómo saes dela en caso de apuro e cos ventos soplando por todos lados e a oleaxe, e a historia da illa que foi lugar de corentena para leprosos, e campo de concentración na gerra Civil española. Pero pagaba a pena a experencia. A nosa neta foi unha, senón a única, que se veu de volta connosco ao final da tarde. Xa tiña a maleta feita dende pola mañá e medrara o mar un milímetro coas súas bágoas de dous días.


Así foi o desembarque, triunfantes despois dunha travesía con algo de marexada, chegamos á illa e o recibimento non podía ser mellor. Todas e todas, alumnado e profesores nos recibiron con música, alí no espazo chamado praza onde ía ser todo o tardeo que nos agardaba con cantigas compartidas e ben adoviadas coa música dos violíns, guitarras, percusión...que nos fixo sentir grandes nun lugar tan pequeno como illado.


Había cadeiras para sentarnos a xente maior, bebidas variadas e moita gana de sermos protagonistas dunha tarde na compaña dos que máis nos queren e queremos: os nosos netos e netas, de todas as edades.


Antes de comezar o concerto, previsto para as 18.00, dinme un percorrido pola illa para ver en qué consistía.


Con ben medrados eucaliptus que movían as súas copas ao son de todos os ventos facendo un ruído de fondo que xa era algo inquedante para quen non ten costume de vivir nunha illa tan pequena. Fun atopando algunhas esculturas que miraban ao mar, dependencias para o aloxamento dos e das asistentes ao campamento, cociñas, comedores e servicios... Unha piscina portátil de gran tamaño e que ían usar aquela mesma tarde e que nin con esas, a nosa neta quixo quedarse a pasalo ben nela. Claro, praias alí non hai e tamén é bastante perigoso para a rapazada, xa me decatei no momento. Se cadra eu tampouco me quedaría alí de boa gana! Cecais foi mellor que non completara a semana de campamento ata o domingo no que irías pais e nais a buscalos e terían unha festa. Pois, case fixo ben. Se non fose porque pagaron un pastón pola semaniña enteira... e a experencia sempre sería enriquecedora tanto no tema musical como de convivio con outras rapazas e rapaces.


Quen queira saber a historia da Illa, que a busque porque  eu non vou contala tan ben, porque nona estudei a fondo, así que deixo aquí, de contado, un puñado de imaxes que fixen a correr, ata fun ver o cemiterio, do que falaba no seu libro As horas mortas, de Emma Pedreira.



Hai algunha casa de estilo indiano no medio de tanta zona axardinada e de frondosa arboreda que fan do lugar un sitio ideal para ir escribir un libro ou descansar.







Unha vista do pequeno cemiterio que alí se encontra.



Esta debe ser a ponte que una a illa máis grande con outra máis pequena que se ve no plano que deixei máis arriba.


A Ponte de Rande vista dende o barco. Houbo unha contenda alí en Rande, no 1702 entre forzas anglo- holandesas e hispano-francesas, durante a Guerra de Sucesión Española.



No barco, xuntas, as dúas avóas de Mínia, a materna e a paterna, felices de ir pasar a tarde con ela e animala a que seguise no campamento, pero o que pasóu, foi que se veu de volta connosco e colorín, colorado!

2 comentarios:

  1. Querida Beatriz,
    Hemos caminado y seguiremos caminando contigo. Solo evita caer en la madriguera del conejo. 🐰 😂😂😂
    Hermosa publicación.
    Besos.

    ResponderEliminar
  2. Hola Beatriz.
    Nos cuentas una historia completamente nueva.
    Con unas fotografías preciosa. La Isla de San Simón se ve muy emblemática para visitar. Es zona de turismo para conocer más sobre Vigo.
    Vigor tiene mucho para visitar, recorrer y verlo con calma. Hay personas que no les gusta, pero hay ja quien sí. Yo fui dos veces con Sergio y es muy digno de visitarlo.
    Me alegro que te lo hayas pasado bien.
    Un abrazo enorme.
    Mónica.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.