www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 8 de xuño de 2025

VÍA VERDE DO SALNÉS




Hoxe, domingo, 8 de xuño, Galicia Infinita, (empresa turística), organizóu unha viaxe dende Sarria, pasando por Lugo, ata Vilagarcía, en autobús. Dende alí partimos a pé para atoparnos un pouco máis adiante coa Vía verde do Salnés, seguindo a antiga vía do tren de Vilagarcía a Pontevedra, unha prolongación do que foi o primeiro ferrocarril galego, inagurada en 1873 e que unía Santiago de Compostela e Carril, (o seu porto natural) dende a época medieval, hoxe reconvertida en sendeiro para camiñantes e ciclistas. Está sen terminar, xa que se pretende prolongala ata Santiago de Compostela. 

 



Nela fomos atopando restos do que foi un camiño de ferro: sinais que indican cruces perigosos, estanción de tren, pontes... e sobre todo, moita natureza, árbores, plantas, rechouchío de paxaros, silenzo...




Antes de chegar a un lugar chamado Portas, ao que se dirixiron as personas que preferiron continuar en autobús, hai unha desviación que nos leva a carón do río Umia ata o centro de Caldas de Reis por onde pasa este río que tantas veces ten asolagado a vila xunto ao balneario. 



O traxecto da ruta é de aproximadamente quince quilómetros e pode facerse en pouco máis de duas horas e media. Lévase moi ben por ser todo chán e con boas sombras, acompañando o río que leva un bo caudal.



Unha vez en Caldas de Reis, fermosa localidade termal con abondosa zona verde a carón do río que se agradece en días calorosos como o de hoxe, cada quén fixo un pouco o que se lle antollóu. Sentarse a tomar unha cervexa ben fría nalgunha terraza preto do río, coñecer un pouco o lugar. No meu caso, lavarme nas augas quentes da fonte pública ao lado do vello balneario...facer fotos, mercar algún agasallo para levar...




Para logo dirixirnos no autobús a Padrón onde nos agardaba un ben merecido xantar ás tres da tarde.



Foi unha viaxe moi interesante e ben organizada. O xantar non deixóu nada que desexar. Tivemos marisco, viño Albariño, café de pucheiro...entre outras cousas.




Rematamos o día de volta a Lugo sobre as sete da tarde e pagóu a pena o madrugón da mañá.

 

16 comentarios:

  1. Querida amiga Beatriz,
    Sigamos tus pasos, en contacto con tu bondad y tus palabras que iluminan los caminos como un hermoso día soleado.
    Sin embargo, lo que encontraremos al final del arcoíris sigue siendo un misterio.
    Un fuerte abrazo y que tengas una excelente semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sempre agradecida polo seguimento das miñas aventureiras andanzas.
      Un comentario moi poético ademáis.
      Sabemos que os blogs aliméntanse deses comentarios tan positivos.
      Unha abrazo Doug.

      Eliminar
  2. Um bom passeio e uma boa refeição.
    O que é que se pode pedir mais?
    Boa semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois claro que non se pode pedir máis. Que bonito é o mundo e a vida en paz! Non sei porque algúns desfrutan destruíndoa.
      Grazas pola túa visita, Pedro.

      Eliminar
  3. Entendo que a camiñada foi de Carril a Caldas de Reis…..
    Pois coñezo a estación antiga de Carril, vese dende o coche a altura da Praia Compostela de Vilagarcia, aquí na entrada, indo de Rianxo. Seguro que o Umia foi un bo compañero de camiñada. Andiveches polos lares de meu pai….. Portas e Caldas de Reis sonme moi familiares dende a infancia.Alégrome que disfrutaras da andaina, unindo así no sentimento ás provincias de Lugo e A Coruña. Unha aperta grande! Nucha Rojo

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti por comentar e contar da túa experencia persoal xa que naciches e criáchete por eses lares.
    Aperta

    ResponderEliminar
  5. amiga passando para desejar uma feliz semana com muita saude bravo bjs

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Igualmente, Isa. Verei que se cocinha por aí.
      Beijinho

      Eliminar
  6. Buenos días Beatriz, que lindo acontecer este que describes bordeando el rio Umia y llegando a Caldes de Rei, todos ellos lugares merecedores de una visita relajada y tranquila...Gracias por aportarnos estos naturales recorridos.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Dionisio. Podemos sentirnos orgullosos de nuestra tierra. La tuya y la mía son hermanas.
      Un abrazo

      Eliminar
  7. Hola Beatriz.
    Veo que esta salida es expectacular. En plan de relax. Cerca de un río es un lujo. Aquí pasamos los días demasiado calurosos y no llueve nada. Las oleadas de calor son tan fuertes que le afecta mucho a la gente. Mallormente a las personas muy mayores.
    Una maravilla que hayas ida por esas aguas termales. Estos días yo prefiero baños de agua fría. La verdad. Me encantan las fotografías que hiciste. Además la del camino y todo de árboles y el brillo del sol entre la inmensa arbolera es una preciosa imagen llena de paz y calma.
    Me alegra saber que sigues descubriendo nuevos lugares al igual que de joven.
    Un abrazo enorme.
    Mónica.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Mónica. Es la suerte que tenemos vivir en estos lugares que nos dejan respirar y vivir una vida tranquila que no hay en otros.
      Un placer recibir tu visita en mi blog.
      Besos

      Eliminar
  8. Bea!
    Passando para ler Vc
    e para deixar meu
    desejo de ótimo fim
    de semana.
    Por aqui pelo sudeste do Brasil
    o inverno começa devagarinho.
    Bjins
    CatiahôAlc.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà amiga Catiahô. Encántame a tua visita.
      Quando aí começa o inverno, aquí começa o verão!
      O vosso inverno acho que é como a nossa primavera!
      Beijinhos

      Eliminar
  9. Por casualidad en tu casa,recorrer esos caminos,sobretodo por su naturaleza,vale la pena cualquier esfuerzo.Hermosas imagenes.Te dejo un gran abrazo!

    ResponderEliminar
  10. Gracias por traerme ese delicado aroma a menta!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.