Mirando leda estás Meira
Eses ríus teus, o Miño llô Eo,
Irimia, Seixosmil, vente,
Rego Longo, Vilar de Mouros,
A eirexa, o convento, vente.
Entr'os estudosos frades do Císter
Ondeou luces o rosetón.
Mirando leda estás Meira,
Indo da mau do Eo llô Miño,
Ñaña, e mai eres Meira!
Ouh Meira, a Avelino Díaz cantas.
Antón Cando
Mai es do noso pai Miño
Entre pedras aparecido,
Irimia deulle as lendas.
Regan as túas terras
Ámbolos dous ríos
Miño e Eo man a man
Entre vales e montes
Indo a diferentes mares.
Rezos e canto gregoriano
Acompañan os seu andar.
Mosteiro de altos saberes
En ti atoparon acubillo.
Igrexa que a catedral aspiras.
Róndate o espírutu dun home,
Avelino Díaz, o teu poeta.
Beatriz Pin
Bonitos poemas louvando a natureza que nos acompaña!
ResponderEliminarMoitas grazas por vir! Aperta
EliminarElogiável talento poético.
ResponderEliminar...
Fim de semana de Paz e Amor
.
Obrigada, Ryk@rdo, também boa finde!
Eliminar