Un encoro no río Navia (1953), deixóu varias aldeas do concello máis pequeno de Galiza, Negueira de Muñiz, soterradas baixo as súas augas. Os habitantes foron trasladados forzosamente a ocupar unha chaira na comarca de Vilalba, Lugo. Pasados os anos, foron ocupadas algunhas aldeas por xente que quería vivir illada na Natureza, lonxe das cidades e xurdíu unha comuna que aínda hoxe ten alguns reminiscentes.
Antes de chegar ao lugar do encontro, paramos a ver unha ponte colgante e fixemos un paseo por ela. A xente que vive nas aldeas do outro lado do río teñen que deixar os coches antes de cruzalo para o traslado de enseres dun lado ao outro da empinada costa utilizando os mais variados medios de trasporte.
O obxectivo da nosa visita era participar nunhas xornadas de dous días para facer traballo de limpeza de monte, visitar o museo El país del abeyeiro e ter unha posta en común entre as Comunidades de monte en man común que veñen realizando proxectos de conservación do mesmo en diferentes zonas de Galiza.
Empezamos a mañá de domingo, á que eu asistín, cun recibimento das e dos participantes cun café da mañán acompañado de doces e unhas palabras de benvida por parte do organizador das xornadas, Joám Evans. A continuación, seguindo as indicacións de Alberto Uría, responsable do Ecomuseo El país del abeyeiro, puxémonos en marcha, para encender motores, facendo un pequeno paseo polo Souto de Humboldt, ( batizado así na honra do naturista alemán Alexander von Humboldt ), paseo que realizamos todo o grupo de nenos, nenas e maiores.
Era algo realmente motivador camiñar pola natureza e admirar a cantidade de cousas que esta nos ofrece a cambio de nada.
Percorrer todo o itinerario do Souto de Humboldt levaríanos toda a mañá, polo que fixemos só un pequeno tramo ata unha fonte a carón dun anfiteatro improvisado con madeiras, onde escoitamos o que nos contaba Alberto Uría sobre a flora e a fauna do lugar e o seu seguemento con actividades de observación.
Con pequenas paradas en torno aos paneis informativos que hai ao longo da ruta para ir recollendo información sobre o hábitat.
Esta é a paisaxe de montaña que nos ofrecen as vistas dende o lugar por onde camiñamos, co río Navia no punto máis baixo.
Raiola de sol asomando por entre as árbores xa no seu apoxeo outonal e que promete un día solleiro e morno que axudóu a facer da visita un festexo en plena natureza para deleite dos sentidos incluindo o gusto xa que fomos probando os érbedos (Arbustos unedo), madroño en castelán, que estaban en pleno auxe.
Tamén atopamos espiño albar, (Cataegos monogyna) estripeiro en galego, da familia das rosáceas, coas súas bagas vermellas que son comestibles, aínda que nonas probamos, que eu saiba.
Algús dos insectos polinizadores do Souto de Humboldt que traballan moi a gusto no Xardín polinizador do Ecomuseo El país del abeyeiro.
E aquí, en plena natureza, afastados de todo ambiente urbano, non podía faltar a figura de Charles Darwin, naturista, biólogo, xeólogo e que destacóu pola súa teoría evolutiva.
De volta ao Ecomuseo, Alberto foinos explicando o proceso da recolección do mel e a forma na que foi evolucionando ata a actualidade. Falounos das corripas, lugares para protexer as colmeas do ataque do oso; dos tipos de abellas, dos trobos que se foron usando ao paso do tempo; do comportamento dos ecosistemas e moitas outras cousas interesantes que se poden aprender neste lugar no que se celebran encontros sobre temas medioambientais nos que teño participado, con investigadores de todo o país.
Despois da obrigada visita ao Xardín polinizador, dirixímonos á aldea de Hernes, un lugar alternativo no que aínda viven persoas dos tempos da mal chamada Comuna hippie, e que máis ou menos seguen levando un tipo de vida semellante pero máis adaptado aos tempos. Estes habitantes da aldea, ofrecen aloxamento no que foi unha escola e mesmo organizan xantares como o que nos ofreceron con productos que elas e eles cultivan nas súas hortas. Hai aquí un microclima de tipo mediterráneo no que se dan moitos froitos e teñen tamén gando. Poidemos degustar año, cabrito, guisos veganos, arroz con leite, requeixón, torta de queixo, bizcoitos, café, zume de mazá, de arándanos...viño local.
Na sobremesa tivemos unha posta en común entre as Comunidades locais da Rede de Áreas Conservadas, que era o obxectivo das xornadas destes dous días en Negueira de Muñiz e logo fixemos un percorrido pola aldea de Hernes, que nos foron explicando con todo luxo de detalles os seus moradores. Vendo as casas, cómo se estan rehabilitando para outros usos, mesmo teñen unha pequena industria de elaboración de zumos de froitas.
E xa case ao final do día, voltamos cada quen aos nosos lugares de procedencia, coa sensación de ter vivido unha experencia moi enriquecedora tanto para adultos como para a xente miúda nestes lugares da montaña luguesa nos que a supervivencia é un reto.
LIBRO"No queda nadie"novela de Brais Lamela que foi premiada e que ten de fondo o acontecido coas aldeas asulagadas en Negueira de Muñiz (Lugo) e o traslado forzoso dos afectados/as á Terra Chá onde quedaron como colonos.
Gracias por darnos a coñecer tanta actividade como hai nesa Galícia interior e que parece tan pouco contaminada. Disfrutarías tamén da família. Parabéns!
ResponderEliminarOla N. Grazas por acompañarme nos paseos anque so sexa virtualmente. Desfrutei moito da familia, como non!
EliminarOlá, Bea!
ResponderEliminarOs teus posts são fáceis de ler. Gostei das fotografias.
Continuas a passear e a conhecer locais maravilhosos, quase perdidos na natureza.
Continua, porque viajar é saber mais.
Beijos e um abraço.
Olà Céu, grazas por seguir os meus paseos, asím vas conhecendo Galiza!
EliminarUm abraço
Bea,
ResponderEliminarQue gostosura é vir aqui
nessa tarde e fazer
esse maravilhoso passeio.
Linda publicação e
belíssimas imagens.
Bjins
CatiahoAlc.
Obrigada, amiga Catiaho, por viajar no meu blog.
EliminarBeijinho