O GATO INTELECTUAL
Un gatiño intelectual,
durme no quiosco,
le prensa cada mañá.
Fai traballo 'part time':
garda de seguridade,
de toda a ratada.
Come onde lle dan,
non sen antes rabuñar
para eisixir dereitos.
Un xeito de ter gato
sen lazos de obriga.
"No soy de aquí,
ni soy de allá..."
(escoiteille cantar).
O traballo nono amola.
So co seu recendo
os ratos non rondan.
A presencia do outono con tempo de verán, é algo que poucas veces vemos, ou alomenos que dure tanto como este ano. A aparición de cogumelos sitúanos nel. Dentre o millo relado que emborcóu un trator, xurde esta familia de fungos que non levarei comigo.
Qué fermoso é ver os xatiños ao lado das nais que pacen nun prado a carón do camiño que percorro.
Amorosa, inocente, confiada... non imaxina o destiño que lle agarda. E nós somos partícipes!
Lugo, preparándose para as festas maiores: O SAN FROILÁN. Esta escultura representa a unha pulpeira, tan populares en Lugo todo o ano, alí na Mosqueira, naqueles locais con mesas longas e cheiro a pulpo. Agora hai un sitio especial no recinto feiral para tomar tan rico producto galego perante as festas que van dende o cinco ata o doce de outubro pero que para este menester prolónganse case todo o mes.
Na miña horta medran varias clases de cabazas pero a ningunha se lle ocorréo pendurarse do arame que cerra a leira. Ten un porte elegante e buscóu o mellor sitio solleiro para facerse cabaza de bo ver.
Cando salio a camiñar, cada mañá, non sei que paisaxe me agarda. As veces, xurden vistas que non todos os días son así. Ista pareceume fermosa e quixen gardala na lembranza.
Tamén hai días nos que pouco podo contar. Días que se quedan a secas nas palabras. Por iso xuntei estas estampas para deixar aí un bocadiño do meu trascorrer diario, case sempre cheo de sorpresas.
Bela publicação que gostei de ler e ler. Cumprimentos poéticos
ResponderEliminarNo sé si la gatita será o no intelectual, pero a gusto sobre los libros si que está
ResponderEliminarLa calabaza del huerto es una hermosura, que la fiesta mayor sea espléndida
Un abrazo
Me gusta lo mismo que te gusta a vos
ResponderEliminarOlá, querida Beatriz, que lindas fotos,
ResponderEliminaresse gatinho aí me fez rir, fiquei a olhar...
gatos são assim, só escolhem o bom para eles!
Destaco a última foto, é linda... linda!
Um feliz domingo,
beijinho
Olá, Beatriz!
ResponderEliminarFotos com muito interesse e beleza.
A do gatinho está espetacular.
É verdade. Estamos no outono, mas com temperaturas de Verão.
Cuidado com os cogumelos que podem ser venenosos.
Continua a passear todos os dias e a divertir-te com aquilo que vais encontrando.
Beijos e dias felizes.
me hace feliz te siento feliz
ResponderEliminarel caminar el verdor
que maravilla en acción