www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 14 de outubro de 2023

ROTEIRO PACO PESTANA II

 


Neste segundo aniversario da túa viaxe ao alén, volvemos sobre os teus pasos para lembrar os camiños que tantas veces percorriches, escoitando o cuco que che cucaba ideas para levar a cabo no teu taller de Peredo, na casa onde naciches. 



Comezamos na Vaqueriza, divisando a cidade de Lugo como un trazo branco no horizonte pero deixamos para outra andaina, o pico  dende onde ti podías ver Triacastela e Monforte.

Diante da túa casa, lemos cousas sobre ti, para irte descubrindo aos poucos porque descubrirte de todo sería xa un tratado polidimensional inmenso que non está ao alcance de todos.



Entramos no teu taller mais xenuíno no que aparecen expostas algunhas das túas obras. O can fixo de conserxe e deixounos ver, moi amablemente o que alí se garda aínda como un tesouro ben agochado.



Logo seguimos o camiño pasando por A Freiría, parroquia a que pertence o teu Peredo, e vimos a igrexa en honra á Virxe das Dores e máis o Pazo que xunto coas casas todas de granito, forman un conxunto arquitectónico rural moi emblemático do concello de Castroverde.



A chuvia destes días deixóunos un respiro para poder facer o percorrido con sol e calorciño. Desfrutar das árbores froiteiras carregadas de froitas outonais das que demos boa conta a media mañá segundo iamos pasando polos camiños cubertos de castañas, noces, mazáns, peras...



Pasamos tamén polo Muíño do tío Suso, onde fixemos fotos de grupo mentres tomabamos un ben merecido descanso nese lugar tan fresco, e lemos, de novo, o poema da súa sobriña Carla que tan ben soubo describilo cando era unha rapaciña nova.





Rematamos en CastroVerde cun xantar de confraternidade na túa honra, con comida traída das casas ou encargada nos fornos de pan. Non faltóu de nada. Foi moi ben acollida despois da camiñada que fixemos e non faltaron a sobremesa e o café caseiro para poñer punto final a un día no que te lembramos con nostalxia, botando en falta o teu humor, os teus discursos, o teu ser tan especial que enche o sitio no que estás facéndote o centro do universo.




Seguro que alí onde te atopes, seguirás facendo o mesmo!

Unha aperta de irmá.



Torre do castelo de Castroverde





18 comentarios:

  1. Grazas por compartir. O día portouse ben e Paco segué na lembranza.

    ResponderEliminar
  2. Caminhar faz bem à saúde. Bela publicação. Cumprimentos poéticos

    ResponderEliminar
  3. De volta depois de um relaxante período de férias, passo para desejar uma boa semana.

    ResponderEliminar
  4. Fermosas verbas e fermoso o roteiro que compartimos para recordar a Paco

    ResponderEliminar
  5. Foi unha experiencia moi gratificante onde descubrir o grande Paco Pestana, a súa vida na súa casa de Peredo, o seu territorio, castroverde e moito maís...

    ResponderEliminar
  6. Bonita excursión andando por esas bellas zonas rurales, con pastos verdes, y grandes arboledas. Seguro que fue un recorrido sumamente agradable.

    ResponderEliminar
  7. Que ben narrado, unha marabilla, levácheme con vós! Seguro que Paco tamén estivo con vós.
    Aperta fonda, Bea🤗grazas por compartir 😘🌹

    ResponderEliminar
  8. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  9. Amiga Beatriz,
    Não me canso de caminhar contigo nessas belas jornadas que você nos leva.
    Beijos, boa semana e dias felizes!!!

    ResponderEliminar
  10. Parabéns polo traballo que estás a facer, Beatriz. Unha de Mazaricos fica pendente das túas "Lerias ". Apertas!

    ResponderEliminar
  11. Me parece muy interesante y bonita esta iniciativa que además de recordar a un ser querido, disfrutáis de la naturaleza.
    Quiero recordar el nombre de este artista que me sonaba a escritor, pero por lo que veo en la imagen de su taller también debió de ser pintor, y por la madera allí almacenada puede que hasta escultor... por lo que tan pronto termine aquí, voy a buscar en la red para ver que se dice de él, y si he acertado en algo.
    Un fuerte abrazo, amiga Beatriz.

    ResponderEliminar
  12. Pero, qué caras mas guapas, cómo se ve lo bien que lo estáis pasando. La amistad con los buenos amigos nos hace resistentes, felices, invencibles.
    En tiempos tan duros, con tanta humanidad sufriendo, una imagen como la que nos traes es oro puro.
    Un abrazo, Beatriz.

    ResponderEliminar
  13. !Ola Bea¡ Amiga.
    Perdoa a miña tardanza, ando con moita calma para todo, paso moitos días sen sentar fronte a pantalla, un pouco por unha cousa e outro pouco par outra, a miña vida non me da para máis, os anos non perdoan.
    Gústame moito esta entrada que nos presentas onde se xunta a amizade a fraternidade, non hai diñeiro que a pague, un post moi emotivo recordando a un ser inesquecible, parecen encantadores os versos escritos na porta do muíño.

    Un gusto grande volver a lerte, deixo unha aperta larga, e agradecida.
    Se moi, moi feliz. Ten un bo fin de semana.

    ResponderEliminar
  14. Ola Bea!

    Unha boa camiñata para recordar e moi fermosas e agarimosas palabras as túas para Paco Pestana. Hai persoas que aínda que estén lonxe xa, nunca se van, quedan en nós.

    Biquiños,
    Iria

    ResponderEliminar
  15. Beatriz amiga
    el vivir nuestro de la caminatas por el mundo de la naturaleza que yo he dejado por ahora
    Me canse volvere no se si sera bello como lo tuyo
    pero sigo tratando de ser la que era
    Te admiro

    ResponderEliminar
  16. Paco nunca tivo taller en Peredo. Tívoo en Quinte e despois dous en Lugo. Con paredes pintadas, focos de luz, auga fría e quente, etc.
    O que ti fotografaches é a palleira da herba seca e a leña, onde el deixou uns debuxos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agradécese esa aclaración.
      Non era un taller pero traballaba alí de vez en cando.

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.