Por máis que o intento, limpar de lixo, de recordos, de obxectos inúteis o meu faiado, sempre hai algo que se me cruza e me detén.
Déronme os ollos nestas revistiñas que foran do meu fillo tempos atrás, cando xogaba aos comandos e tiña toda a casa chea de aparellos militares: traxes de camuflaxe, con casco real de soldado a proba de todo golpe, equipo de supervivencia, coleccións de balas e proxectis de grande calibre... que fora adquirindo perante as súas estadías en Inglaterra, e que abundaban nas tendas de segunda man ou en mercadiños.
Pouco a pouco fóronse indo algunhas cousas, ben porque os ratos, atraídos pola lá dos xerseis verdes fixeran os seus nidos con eles, ou porque se foron botando ao lixo, pero aínda así, sempre aparece algo que ten que ver con aquela etapa, pola que coido pasarían outros nenos, incluso os meus coetáneos, que facían as guerras na carballeira dos meus avós, armados con paus e ramallada das árbores.
Así foi como, istes días de mal tempo, atopei estas revistas en comic que narran historias da Segunda Guerra Mundial, que lles aconteceron a soldados británicos e que estan en inglés. Non me atrevín a tiralas nin levalas a ningún sitio porque me pareceron interesantes como colección para quenes se interesan por ese tipo de historias, o mesmo que eu me interesaba polos mini contos clásicos que viñan nas libras de chocolate e que logo, andado o tempo, atopei á venda en tendas de antigüedades a un prezo que nunca eu imaxinara.
Dado os tempos que corren, con guerras en tantos lugares e que ameazan con estenderse e causar tanto mal como causaron as que lles precederon, e cos meios bombardeándonos coas imaxes terríbeis que a vista humana non é capaz de soportar... imaxinemos cómo será vivilo na realidade, poñerse no lugar de quen sofre estas masacres e destruccións... quedarse sen os seus seres queridos, sen os seus fogares, sen os lugares nos que vivían...é imposible poñerse no seu lugar nin en ningún outro porque nada podemos contra os que as deciden. Tamén pensar nos que loitan por defender un país, obedecendo cegamente órdenes que de non cumplilas levaríanos á morte, como tamén os levaría cumplilas.
Máis, estas revistas, son narracións reais ou imaxinarias de feitos que aconteceron, como se poderían atopar noutro tipo de libro máis convencional. O feito que sexa en comic, non lle suma nin lle resta seriedade.
Deixo aquí algunhas imaxes por se alguén se interesa por elas. Están publicadas en Milanuncios no tema de coleccionismo.
Fica a pergunta, amiga Beatriz: A vida imita a arte ou a arte imita a vida?
ResponderEliminarAcredito que muitas das inspirações de todos os tipos de arte (mesmo que sejam quadrinhos), relatam a vida como ela é.
Abraços e bom final de semana!!!
Esos cómics parecen muy valiosos. Tirarlos a la basura sería un error, estoy segura. Para tu hijo también, imagino.
ResponderEliminarUn abrazo, y que puedas venderlos a un particular interesado. Un abrazo
Consérvalos porque con el tiempo aumentan su valor, y no me refiero al económico, sino al histórico, ya que lo que es de papel, si no está como recién salido de la imprenta, prácticamente su valor es cero, y te lo digo por experiencia, porque tengo bastantes colecciones. De hecho yo he terminado donando algunas a la Biblioteca Nacional, porque sabía por su página Web que ellos no las tenía.
ResponderEliminarGracias por compartir, porque el coleccionismo es un tema que me encanta.
Un fuerte abrazo.
Todas las historias merecen ser recordadas, por lo menos para no repetirlas. LARM
ResponderEliminarOlá Beatriz,
ResponderEliminarNo fundo, estas historias de guerra aos quadradinhos, são o espelho das guerras verdadeiras. Passadas, presentes, e infelizmente, futuras...
Votos de uma feliz semana.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Bea,
ResponderEliminarHoje vim me atualizar na
leitura em seu blog.
Depois volto para
comentar de fato.
Saudade daqui desse
seu canto.
Bjins
CatiahoAlc.