Friol, era un lugar no que nunca estivera ata hoxe. A poucos quilómetros de Lugo capital pero a sesenta e tantos dende onde eu vivo, tivo que ser un erro na data co odontólogo, o que me levara, hoxe, ata alí, nunha maña de néboa mesta e algo de friaxe, seguindo, como acostumo facer o meu sentido de orientación sen gps e entrando nunha estrada secundaria que eu considerei pouco axeitada para chegar a tan coñecido lugar. Sen dúbida, había outras mellores que descubrín á volta.
Cando cheguéi, medio decepcionada por terme trabucado de día, optei por ir tomar un café e logo volver, non por onde viñera, senón por unha estrada mellor. Pero foi un encontro co río Narla, o que me fixo querer explorar un pouco máis a vila.
Collín un paseo que vai a carón do río e de fervenzas que me chamaron a atención. Ninguén transitaba por alí a aquelas horas temperás, así que fixen o percorrido en solitario, admirando toda a natureza que acompaña ao río no seu afán de atoparse co pai Miño en Ombreiro, despois de ter percorrido 24 kms dende o seu nacemento no monte do Toxo, parroquia de Xía, Friol, Lugo.
Vin que tamén anunciaba un castro e non tardei en ver unhas pallozas alá nun alto ás que me dirixín por unha ponte de madeira e ferro en forma de arco que cruza o río na cercanía dun complexo deportivo con piscinas ou praia de Friol, como queiramos chamarlle.
O castro, non fora escavado, no caso de que fora orixinariamente iso, pero había alí unha mostra etnográfica do que poidera ter sido. Pallozas, palleiros e outras construccións, dábanlle a aparencia castrexa que precisaba para ambientar alí algunha celebración ou simplemente para usar como merendeiro. De feito, celébrase un mini Arde Lucus polo verán.
Seguín pola veira do río e cruceino por unha ponte de formigón que estaba xusto cubrindo o cauce despois de formar unha fervenza a carón dun vello muíño. Case me daba vértigo cruzalo así tan rente da auga que saía con forza.
Quixen volver pola outra marxe do río, pasando polas piscinas e centro deportivo que alí se encontra e que nos meses de verán debe estar bastante concurrido. Aproveitando para facer dende alí outras fotos do conxunto.
Logo detívenme no centro, nunha praza grande con árbores no seu apoxéo outonal. Lugar onde se celebraba antes a feira, segundo me informóu unha muller dalí e xa, sen ter interese por outras exploracións na vila, voltei para o coche e retornei á casa por estradas de mellor ver.
Din que non hai mal que por ben non veña e eu case estou de acordo. De ter ido ao odontólogo non houbera dedicado o meu tempo a coñecer algo de Friol. Agora xa teño unha idea. O sol saíu sen tardar moito e quentaba como para querer estar todo o tempo por fora.
Foi un pracer sair á aventura, facer unha viaxe para ir coñecer outro sitio, cousa que non acostumo facer. Case sempre vou por algún motivo e non por descubrir algo novo. A aventura é algo que teño que ir recuperando e practicar máis a miudo.
Olá Beatriz!
ResponderEliminarFoi por certo um excelente passeio, por belos lugares, como as imagens mostram.
Excelente partilha.
Votos de um feliz fim de semana!
Beijinhos.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Lugares interessantes que você sempre nos mostra, minha querida amiga Beatriz.
ResponderEliminarÉ sempre um prazer acompanhá-la em suas caminhadas.
Beijos e bom fim de semana!!!
Que belas fotos, querida Beatriz!
ResponderEliminarGostei imenso de ver essa sua postagem,
lugares belíssimos!
A primeira foto parece uma obra de arte!
Um feliz fim de semana,
beijinho, amiga.
Gracias querida amiga
ResponderEliminarpor todo lo que nos das
con el arte de tus fotos
de cada momento
de tu maravillosa vida
Ya lo dices tu, que no hay mal, que por bien no venga, además soy de los que piensan que las cosas salen mejor cuando no se prevén, nada más hay que ver las imágenes de tan lindo lugar, para imaginarme lo que has debido de disfrutar.
ResponderEliminarUn abrazo, amiga, y perdona de que haya tardado en pasar por aquí, pero he tenido el blog bloqueado durante unos días, por cambio de correo, y por eso mismo no te he respondido sobre lo de la escritora sevillana, ya que he perdido todos los correos de amigos, por lo que una vez que lo solucione todo ya hablo contigo, y te paso el nuevo.
Iso é convertir un erro nunha oportunidade!! Pois si, hai que lanzarse a aventura de vez en cando. Ofrécenos bonitas oportunidades. Bicos
ResponderEliminarAs fotos falan por si soas, fixeches unha viaxe preciosa, merecedora de este magnifico pots. Baleo a pena para descubrir algo importante como e ese pobo anexo digno de unha mirada detida.
ResponderEliminarda gusto ver esas pequenas cascadas de abundante auga, ven vida sexa.
Bea, sempre e un pracer lerte.
Déixoche unha aperta grande con cariño e gratitude.
Se moi, moi feliz.
Hola, Beatriz.
ResponderEliminarEntre el texto y las fotos transmites lo que vas sintiendo durante tus paseos. Las pallozas y castros, los menudos desniveles del agua, todo suena a poema. Un beso.
se fixeches a volta pola estrada a Lugo, pasaches diante da miña casa.LARM
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
EliminarOla Bea:
ResponderEliminarA veces as equivocacións e a fortuidade ofrécennos oportunidades, neste caso de descubrir novos lugares interesantes. Gustoume moito o lugar e o teu relato, é como se eu mesma o descubrirse a través dos teus ollos (só coñecía a área recreativa co muíño). Tereime que achegar a descubrilo tamén a través dos meus.
Un bico,
Iria
Me maravillas Tu naturaleza es mi envidia
ResponderEliminarPois si, non hai mal que por ben non veña.
ResponderEliminarEncántame como ollas ao teu arredor, sabes que sempre me identifico contigo, temos unha maneira similar de ver o que nos rodea, encántame. Deberíamos ir a aventura alomenos unha vez ao mes, para alguén coma nós é satisfactorio e rentábel.
Descubriche un sitio ben lindo, son unhas fotos moi lindas.
Benditos despistes ás veces 😉😘👏🏻🐬🐬🐬
TE QUIERO MUCHO
ResponderEliminarBESOS QUERIDA
Hola Beatriz, tu aventura descubriendo Friol, no deja de ser interesante y siempre sorprende al descubrir espacios naturales, que por instantes, generan el asombro y la inquietud por la aventura que de ser improvisada logra atraer enriqueciendo.
ResponderEliminarUn fuerte abrazo
Uma feliz semana, querida Beatriz,
ResponderEliminarmuita paz e alegria!
Beijinho
hay mucho arte en todo lo que haces
ResponderEliminarBeautiful blog
ResponderEliminarPlease read my post
ResponderEliminar