www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 22 de decembro de 2021

O APALPADOR

 


Entre o 20 e 23 de decembro, no Hemisferio Norte, entramos no Solsticio de Inverno que no mundo celta era o Yule. Estes cambios estacionais eran celebrados de maneira especial con festexos, rituais e ofrendas que logo darían paso aos agasallos actuais.

Aquí na Galiza, tiñamos un persoeiro moi curioso de aspecto xigantesco, barba vermella e vestimenta con moitos remendos, na chaqueta sobre todo,  que representaba o que Papá Noel, ou Santa Claus, nos países nórdicos ou a bruxa Befana en Italia veñen a representar agora no mundo globalizado pero que se mantivo un tanto oculto e descoñecido a raíz de que se impuxo a moda de adoptar persoeiros doutra orixe como os Reis Magos de Oriente, anos atrás, e mais recentemente o home das barbas brancas.

O Apalpador, era un carboeiro, que vivía nas montañas luguesas, (de Lugo) e que unha ou duas veces ó ano, coincidindo co Solsticio de Inverno, baixaba a asegurarse que os e as mais cativos non pasasen fame e traíalles unhas castañas quentes, ou asadas como agasallo  alén de enredos feitos con madeira para quenes se tiveran portado ben e estiveran mais mantidiños, e dicir, que tivesen a barriga mais chea, de ahí o seu nome Apalpador pois era o primeiro que apalpaba para saber se comeran ben.

Tamén se coñece un vello ritual que consistía en manter aceso na lareira un madeiro de carballo, ao que chamaban Natarego, durante o Solsticio de Inverno até o Ano  Novo, ao que logo se lle daba outros usos ao longo do ano, acendéndoo en caso de treboadas, para curar o  gando ou como fertilizante nas terras. Esta tradición, data do S XII ata o S XIX e principio do S XX e estaba moi estendida por toda Europa.


Este tronco de nadal, elaborado pola amiga e lectora do meu blog, Iria, representa o Natarego. A receta coido que a encontrou por terras do Courel da nosa provincia de Lugo, de onde O Apalpador ten orixe.

Onte, en Santiago de Compostela, participei nun pasarúas organizado pola "Escola de Ensino Galego", que percorreu a zona vella da cidade, con música, escenificacións, bailes e cantigas, a golpe de tambores e candeas de pau acesas  e repartindo folletos informativos sobre O Apalpador  para espallalo e dalo a coñecer como algo noso, local e á man.

Tal vez sexa hora de ir trocando ídolos alleos polos propios, como ocorre co Halloween, que non é outro que o noso Samaín.

Entre tanta confusión e competencia, xa non sabemos a quén pedirlle os agasallos e ao igual co que pasa coa lingua, haberá partidarios e partidarias de uns ou de outros e ao fin e o cabo, trátase de consumir mais da conta e encher as casas de cousas que acaban no lixo unhos días despois.

Gustóume a mensaxe do Apalpador : o mellor agasallo é o amor, a ledicia, o coidarnos mutuamente e querernos, ter harmonía, paz e saber apreciar as pequenas cousas, a natureza e todo o bon que nos rodea e que é de balde.

BON SOLSTICIO DE INVERNO!






12 comentarios:

  1. Pasar, elogiar la publicación y dejar deseos de una FELIZ y SANTA NAVIDAD, extendidos a familiares y amigos.
    .
    Saludos
    .
    Crementos poéticos y ensoñaciones
    .

    ResponderEliminar
  2. Boas noites Bea!

    Moi interesante esta entrada. Coñecín hai uns anos a historia olvidada do apalpador, e incluso vira uns vídeos subidos no Youtube onde persoas maiores da zona do Courel falaban en primeira persoa desta tradición, a cal recordaban da súa infancia. É unha figura que se vai redescubrindo e dando a conecer pouquiño a pouco. Todo o que se poida recuperar da nosa cultura paréceme de gran interese e relevancia.

    Xa lera tamén sobre o que ti nomeado como natarego (por este nome non o coñecía) a raíz dun postre típico do nadal de moitos países europeos, e que eu faigo case todos os anos para noiteboa e nadal, o tronco ou tizón de nadal, que ten a súa orixes na tradición que nos relatas. É unha especie de brazo de xitano que intenta simular un tronco dunha árbore facendo debuxos propios da corteza deste nunha capa de chocolate co que se cubre. Mañá teño programado facelo. Desta vez vouno rechear de crema de queixo con arandos, pero a maioría das veces fíxeno cun turrón.

    A desfrutar das tradicións do nadal! Boas festas!



    ResponderEliminar
  3. Fantástico! Grazas por contarnos estas cousiñas Bea, non sabía o do madeiro de carballo.
    Un pracer sempre lerte! Aperta fonda.

    ResponderEliminar
  4. Olá, Beatriz.
    Um post muito interessante aqui nos trazes. São estas manifestações culturais que definem e caraterizam os povos e as regiões.
    Excelente partilha!
    Deixo o meu desejo de um Feliz Natal, e um próspero Ano de 2022, com muita saúde, paz e fraternidade.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  5. Hermosa cantiga nos dejas Beatriz, en este ritmo tan peculiar de son típico galaico acompañado de gaita e tamboril o "APALPADOR", deja todo disposto para que u neno no chore e us aguinaldos animen os rumbeiros...Boas Festas!!!
    Un bico

    ResponderEliminar
  6. Paso a desearte unas Felices fiestas Navideñas.
    Nos leemos. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  7. Um feliz 2022, um ano com muita saúde, paz e alegria, querida Beatriz.
    Beijinho!

    ResponderEliminar
  8. No tengo tiempo para leerte ahora, pero sí he sacado un ratito para desearte que la paz y la felicidad reinen en tu casa tanto en estas fiestas como en el próximo 2022.
    Cariños.
    Kasioles

    ResponderEliminar
  9. Oi Beatriz,
    Como vão as coisas desse lado de cá?
    Passando para ratificar os nossos laços de amizade e te desejar
    um bom Natal e uma Boa entrada de Ano junto aos seus.
    Abraços
    janicce.

    ResponderEliminar
  10. ...certo, o mellor agasallo e ser nós;evocanco o natarego nas treboadas!.

    Feliz día de nadal para Beatriz e para os seus lectores e lectoras!

    ResponderEliminar
  11. Olá Beatriz.
    Passando por aqui, para desejar a continuação de festas felizes, e uma excelente semana com tudo de bom!
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.