www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 19 de setembro de 2016

ROTEIRO POLA MARRONDA


Apunteime a unha das excursións que organiza o Concello de Lugo. Era á Marronda e como vivo perto dela e apenas a coñezo, só de vista, pois non me quedaba outra que animarme e aproveitar a oportunidade que se me ofrecía. A Marronda ten un percorrido de unhos sesenta quilómetros e consideráse GR. Esta vez, uninme a un grupo de xente que, en principio, non coñecía pero nada mais subir ao autobús, xa atopei caras coñecidas e compañeiras de outras actividades. Foi moi emocionante atoparme con elas despois dun longo verán sen vernos. Así que, xa tiña compañía para todo o traxecto. Un autobús dos grandes subíunos ata as antenas por unha estradiña sen asfaltar e chea de baches. Parecía un jeep xigante polo medio do monte costa arriba ata o pico mais alto dende onde podiamos divisar os montes dos Ancares e terras da Fonsagrada, nunha mañanciña de domingo con sol abundante e ceos despexados, un dezaoito de setembro.
 Como era domingo e temporada de caza, atopamos un equipo de cazadores que se dirixían ao mesmo sitio e esto non estaba previsto, polo que lles pedimos que nonos confundisen cos xabaríns.
O tramo polo que eu non pasara, chegaba ladeira abaixo ata unha fervenza moi escondida e de difícil acceso á que so nos atrevemos seis ou sete persoas, entre elas, dous cativos que apañaron os derradeiros arandos que había nas abundantes arandeiras que por alí nacen de forma espontanea, así como tamén acivro. Cando nestas estabamos, cruzóu diante de nós un xabarín a toda mecha. Xa olisqueara o perigo e sabía que o andaban a percurar. Logo empezaron os cans a ladrar e seguramente acorralalo. Espero que tivera a habilidade de esquivalos a tempo e deixarse vivir por algún tempo mais nesta fraga, a mais occidental de Europa que ten un considerable número de faias cubrindo a sua ladeira norte dun verdor espeso e profundo que sorprende á vista e recrea os sentidos e a imaxinación polo impenetrable das suas entrañas onde quén sabe o que se esconde.
Logo de percorrer camiños de cabras e pasar algunha aldea perdida, e subidas interminables e baixadas de vértigo, polas que tiven que camiñar do revés para non molestar os xeonllos, fomos descendo ata a estrada da Corte Vella, xunto á área recreativa, onde o río Eo fai un meandro perfecto, deixando no medio un  illote elevado como unha pequena montaña picuda.

Debían ser perto das catro do serán cando nos sentamos baixo un castañeiro a comer o bocadillo. A min prestoume comelo alí, ao carón do río, sentindo o seu son cantareiro e alegre, entre sol e sombra, devagariño, mastigando ben e sen presa mentras degustaba unha cervexa fría que tiven a sorte de levar na mochila. Despois dese xantar, e sen moverme do sitio, entrei en paz comigo mesma e dispúxenme ao descanso ben merecido despois da andaina. Nesas estaba cando me sorprendeu unha voz que me avisaba de que había que irse para o autobús. Interrumpir así un descansiño que me redimía de malos durmires anteriores era case sacrílego pero non quedaba outra.

 O malo foi atoparme conque o noso guía estaba a meternos noutra andaina de sobremesa por outro roteiro que ía ata Cabreira, Sampaio.... Eu accedín por cortesía e despois de un quilómetro voltei para atrás porque eu xa fixera ese camiño noutra ocasión e non era o mellor momento de repetilo. Así que, o resto foron horas de espera polos que se retrasaron na volta e demoraron a saída do autobús nunha hora polo menos. Pero todo é ben se ben acaba, e cheguei á casa algo cansada pero satisfeita de atoparme con xente que coñecía superficialmente e chegamos a coñecernos mellor e repasar tempos pasados da nosa vida de estudantes en Lugo, con amizades en común, e algunhas ben especiais e sorprendentes.
Grazas por este día, que sen ir a longas distancias, me fixo feliz no lugar no que vivo. Non hai que ir moi lonxe para sentirnos ben. Levámolo con nós a onde queira que vaiamos.



6 comentarios:

  1. Um dia passado assim na natureza, recompõe energias.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Has hecho una descripción perfecta de ese día, paso a paso, los cazadores, los encuentros con gentes conocidas, el jabalí que huia, la comida la siestina interrumpica, la segunda parte del camino soslayado -hay que atender al cuerpo y no fustigarle en exceso- en resumen al final, con el retraso en la salida, se llega a casa y se comprende lo hermoso que ha sido todo el día.

    Quedo, pues, a la espera de tu próximo relato. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  3. Aí querida Bea, que beleza nos deixas con es saída por paraxes onde se respira aire puro, e ademais explicando todos os pormenores con esa simpatía que te caracteriza e que me fixo saír unha sonrisa que tanto necesito.
    Seguro que a min tamén me prestaría ben un pequeno agasallo así a veira do río sentindo o seu canturreo relaxante.

    Temos en Galicia tanto lugares con encanto por descubrir... Gracias a saídas así de un día, vamos coñecendo algúns deles. As fotos falan soas, paisaxes verdes e frondosos. Gustoume moito este pogs, e un pracer lerte, gracias.
    Alégrome que o pasases ben, aproveita todo o que poidas, que a vida, o tempo pasa nun suspiro, reíña.

    Unha aperta grande con o meu cariño.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  4. Hola Bea.
    Me ha gustado mucho la descripción sobre la MARRONDA y la caminata que os habéis pegado ha sido de triunfo. Además la salud que da el caminar entre verdes paisajes en este tiempo otoñal es reparador para seguir en forma y sentirse bien con nuestro función corporal. Ese aire que se puede respirar no lo hay en las grandes ciudades, así que tenéis éxito en esta aspecto. Sigue con estas rutas que me encanta leer lugares así que me atrapan en un mar de pura nostalgia. Sí, sí, una historia tan real... y de actualidad, como lo de una misma.
    Un abrazo muy grande con todo mi cariño

    ResponderEliminar
  5. ¡Ola Bea!

    Paso a deixarche unha aperta grande e desexarche un bonito fin de semana.
    Estou con un resfriado que me lamo.

    Biquiños, reiña.

    ResponderEliminar
  6. Estive lendo tu texto y mas una vez, verifico que amas passear y apreciar la naturaleza.

    Besitos, Bea!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.