www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 16 de outubro de 2016

POLA RIBEIRA SACRA



Tiña que sair cedo por mor de coller o autobús que nos levaría de excursión pola Ribeira Sacra. Na radio soaba Eric Clapton traéndome lembranzas dos anos setenta en Ámsterdam. Pero eso é LERIA aparte. Non sabía se decidirme por esa viaxe de tanto percorrido en autobús e pouca andaina. Ademais, a predicción do tempo era de choivas fortes pola zona sur. O día, húmido ao principio, foi quedando soleado e quentiño por aquela zona. Despois de xuntarnos co grupo de Sarria, dirixímonos hacia a Rúa e Montefurado, facendo, antes, unha paradiña onde o río Lor se encontra co Sil. Era unha paraxe plácida e tranquila, con augas calmas que se unían en forma de V. Ali, unha ponla caída recentemente dunha gran figueira de brevas, ofrecíanos un "tente en pé" de media mañán. E xa
dispostos a facernos ricos coas pepitas de ouro que se lles esqueceron aos romanos, dirixímonos a Monte Furado onde tivemos que facer equilibrios para achegarnos ata os pasadizos que eles excavaron na montaña coa fin de obter tan preciado mineral. A veces sinto que debo admiralos por tanto inxenio! Dende alí, seguindo ríos e estradas que non sei ben nin por ónde ían, (falla dun mapa) coido que pasando pola Gudiña, encamiñámonos a Viana do Bolo onde visitamos o seu castelo medieval e tomamos o primeiro café da mañán, e para a miña sorpresa, o primeiro café de máquina que me soubo igualiño ao que fago eu na miña casa!!!!! Un dez á camareira simpática que nos atendeu e a que hai que pedirlle a chave do baño como en Portugal.




 Todo se contaxia ao vivir tan perto.  Despois, non sei se volta para atrás, ou para adiante, pero entre viñedos de todas cores, arrecendendo a viño novo no lagar, e cepas que medran ceibes na cunetas, e racimos que penduran das silveiras e ofrecen esquecidas uvas negras que teñen a dozura dun verán pasado por sol, descendemos a pé ata As Ermitas, seguindo os pasos do Viacrucis, ao revés, ata chegar ó Santuario do Rosario e admirando ao noso paso, as maravillas da paisaxe en tódolos ángulos así como o esmerado coidado que amosaba a aldeíña de aspecto turístico rural con un único hospedaxe e comedor decorado con galerías de cor vermello.

Xa a carón do río, non sei cál, había unha fervenza que de inverno debe estar no mellor momento, e tamén un muíño moi antigo, escondido baixo a ramaxe de difícil tránsito. Como se aproximaba a hora do xantar, encamiñámonos á seguinte parada que sería no mesmo Bolo onde tamén hai outro castelo de finais do século XV. O restaurante, único que alí podía verse, leva o nome antigo do lugar: Volobriga, de orixe romano. E qué dicir das espléndidas uvas que por alí andaban ainda a recoller e das que puidemos ter unha furtiva cata.
A comida, ben merecida, transcurreu nun ambiente festeiro, con troitas e tenreira e delicioso postre, acompañado do viño local da comarca de Valdeorras.
Xa de camiño a Castro Caldelas, atopamos a VIA NOVA  que foi unha estrada romana dende Braga ata Astorga, 330 quilómetros e na que se atopa a famosa ponte sobre o río Bibei, que é moi interesante pola súa boa conservación, e debido á boa inxeneiría romana que hai que admitir que neso destacaron con verdadeiro éxito, entre outras cousas mais e a pesares de que a min non me chiste a romanización...
 Alí detivémonos un bo intre para estudar o trazado da VIA A-18 no seu tramo Trives/Larouco (Ourense), e que ten unhas curvas moi pronunciadas en forma de codo que reciben ese nome Os Codos. A estrada actual semella estar na antiga vía a xulgar polas viravoltas que fai no seu trazado e que nos asoma a unhos precipicios de viñedos, eso sí, alomenos se caemos, podemos disfroitar dos acreditados froitos de Baco, se nos quedan folgos para eso. Eu, tiven que cambiar o meu posto na ventaniña para o do pasillo para non sufrir vértigo. E xa, camiño de Pobra de Trives, na falda de Manzaneda, coñecida pola Bica (bizcoito que se fai na zona) e que acabamos mercando na seguinte vila. Trives chama a atención polos seus balcóns floridos dende os que se derraman en cascada flores de todas as cores e que da a
sensación de que ninguén quere ser menos nese aspecto. Unha das balconadas levou premio pola súa vistosidade e da que incluo unha foto. Case facéndose noite ainda tiñamos plans para seguir facendo visitas e dende alí achegámonos a Castro Caldelas, onde xa a luz non daba para fotos sen flash. Impresiona a vista que ofrece, destacando alá na cima, a fortaleza medieval co seu castelo e barrio, eu diría xudeo, xa que houbo unha colonia xudea na zona.

Moi coidada e limpa esta vila, con mais afluencia turística que outras que visitamos, ou eso se desprende ao observar a cantidade de bares, restaurantes, hoteis.... e onde xa nos decidimos a mercar a famosa Bica. Dende alí, e seguindo os cañóns do Sil, e embarcadeiros, emprendemos retorno a Monforte, Sarria e Lugo. Mágoa que se nos fixese noite no camiño e non poideramos ver o río.
Todo é ben cando ben acaba e ainda que cansados de tanto autobús, hai que agradecer as moitas paradas que se fixeron para ver interesantes lugares e estirar as pernas. Temos un mundo que explorar ao pé de nós!!!!!






























6 comentarios:

  1. Hola Bea.
    Las imágenes son interesante de carácter cultural y agradables paisajes de la Ribeira Sacra.Yo también pienso igual que tu. Los tiempos del oro ya pasaron. A mi me da alergia. La plata se soporta más. Muy bonito también la montaña alta de las Ermitas. Ese santuario de La Virgen del Rosario, que curioso. Y ese divino río Fervenza. Me encanta castillo de bollo. Me parece también muy interesante el Puente Romano sobre el río Bibei, un afluente del río Sil. El pueblo de Orense con sus encantadas y florecidos balcones me parece muy acogedor e interesante de visitar. Es parte de Orense no estuve, pero me acordare. Tomo nota. Muy buen texto y unas fotografías para recordarlas.

    Un abrazo Bea.

    ResponderEliminar
  2. Belas paisagens um bom encontro cultural.
    Boa continuação de mês.
    janicce.

    ResponderEliminar
  3. Gracias a tus buenas y detalladas descripciones hemeos podido realizar un viaje cómodo, interesante y lleno de encanto. El paso por la mina, el castillo, el café que sabía como el de casa, el puente romano. Es admirable que grado de desarrollo y eficacia tuvieron los ingenieros romanos que nos han legado obras que se conservan en perfecto estado. El puente es precioso. Me ha gustado mucho el viaje.

    Aprovecho para decirte que he abierto un nuevo blog que pienso dedicar a mi obra poética de los últimos 15 años. Elegiré porque de otro modo, sería fácil que no acabara. Tengo ya 82 años.

    Me gustaría recibir tu visita y comentarios. El blogs está en:

    http://franciscagarciamenendez.blogspot.com
    y la página se abre bajo el título "El canto del raitán".

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  4. Hola, Bea!

    Que grande y belo passeio, sob forma de excursão!

    Es sempre mto interessante conhecer novos lugares, monumentos e pessoas. A História está en todo o lugar. Te divertiste y conheceste monumentos e lugares, k no conhecias y isso es lo mais importante.

    Besos y bom domingo!

    ResponderEliminar
  5. ¡Ola, Bea!!!

    Vaia reportaxe que nos entregas e nos contas moi ben con todo detalle a andaina por ese belos lugares que, tamén eu recorrín en certa ocasión. Non sendo o primeiro cadro de arriba que me e descoñecido.

    Ben pois alégrome moito saber que o pasas ben así de excursións, aproveita todo o que podas que o tempo corre moi lixeiro e non se para con ninguén.
    Unha aperta agarimosa.
    Feliz domingo.

    ResponderEliminar
  6. Amsterdam nos setenta, pouco despois do Maio do sesenta e oito francés, ano no que nacín eu, demasiado tarde. Deses tempos sei o que lin, o que reflexan algunhas novelas e películas, as pegadas que deixou a bohemia parisina, hoxendía mera estética, marketing. Penso que tempos coma eses xa non me van a tocar, tereime que conformar coa Ribeira Sacra, a súa beleza e os ecos que deixan as túas lerias, e algunhas tardes de chuvia mirar as fotos de Doisneau.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.