www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 5 de febreiro de 2010

VALENTINE´S DAY


O amor.... esa palabra tan amplia que non cabe no mundo so podería dar detalles del, pequenas concrecións, instantaneas que perduran na memoria, que se fotografían e permanecen nunha imaxe de un momento, dunha ollada, dunha palabra, dunha sensación...O amor que pode abarcar todas as dimensións, todas as cores, todo o que se encontre ao seu paso, (se é que o amor pasa), impregnando momentos, tinguíndoos co seu característico tinte... non me deixa apreixalo, escápase sempre como a auga de entre as mans. Case non me da tempo a disfroitar dos seus arrumacos. Efímero como a felicidade mesma que desprende é algo así como o perfumo dunha rosa en primavera cando pasas ao seu lado, embriagador ao principio e logo xa nono percibes, tal é o seu poder de diluirse. Falamos do amor como se fose noso, como se poideramos poseelo, regalalo, deixalo, abandonalo, mercalo, empezalo, acabalo....como unha posesión mais. O amor é tal vez un don escaso, incapaz de ser manipulado ao noso antoxo. Sentilo cando se acerca e pasa ao noso lado, disfroitar dese momento que nos brinda, desa posibilidade que nos dá de facernos mellores, de achegarnos aos demais seres da Natureza para facelos partícipes desa experencia única... xa sería dabondo sen ter que pedirlle tanto!

3 comentarios:

  1. Ola amiga Bea: Vaia pos abdicado soamente a o amor. E un verdadeiro pracer lerte, e ver- o ben que retratas o amor. Tes toda a razón, non e teu nin meu nin de ninguén. simplemente e un motor que move o mundo. Pode presentarse e quedarse unha vida enteira. E tamén pode que chegue para pasar momentos moi fermosos, e logo marcharse. O amor ade ser libre de quedarse un coller outro camiño. Anque iso doa, obrigado nunca. Ben- Bea, aviría moito que falar sobro amor ai moitas facetas sobro el. Deixeiche unhas preguntas no meu blog, se podes pasa e contéstame. Moitos biquiños e se feliz. Todo o que podas.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina, graciñas por animar o meu blog, de por sí, sempre un pouco aburrido e mustio, pois non son quén para teorizar sobre o amor. Simplemente quixen deixar un pequeno reflexo do que eu sinto e percibo a estas alturas da vida, despois de ter vivido certas "tempestades", coido que son capaz de velo con mais calma e sen premuras de ningún tipo. A felicidade, o amor, todas esas cousas boas e malas, están en nós. Afloran ou non dependendo dos estímulos.
    Unha apertiña e que sexas feliz.

    ResponderEliminar
  3. Bea, o amor e a felicidade, chega cando ti menos pensas. Non digas por agora, a estas alturas, aínda es moza para iso. Oes... nunca se sabe cando a unha lle pode chegar a verdadeira felicidade amorosa. As veces un non ten sorte co amor- sendo moza , e logo chega na madurez da vida. Se e para ben, ven vida, senón que nunca apareza. Un abrazo preciosa. Se feliz.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.