www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 22 de febreiro de 2010

UN NOVO CUMPLE


Hoxe, 22 de febreiro é unha data importante para min. Nacín no inverno e non me importa. Son pisceana e tampouco me ven mal. Así que estou contenta co meu destino. Gústanme as sorpresas. A verdade é que non me quería despedir do día sen darme algúnhas. Mais ben, foron outr@s quenes mas deron. Non me faltóu un correo do meu fillo felicitándome, nin a acostumada postal (esta vez, picante) de Willy White, que está agora mesmo escalando o Everest por unha causa xusta, nin me deixou en branco o Facebook, no que me agardaban tres felicitacións mais: Stanis de Slovaquia, Kramer Gato (que por certo non coñezo) e Belén Junquera, e aínda unha felicitación en francés quen non abrín por "dubidosa". En fín, eso sen contar compañeir@s, familiares, e todo quisque. Pois sí que me sentín arroupada, querida, lembrada....Eso, despois de todo, é amor!
Agasallos non tiven, só algúns virtuais (un peluche de Kramer Gato, se é que era para min!) Unha F de Belén, (se é que era para min)....Tampouco me merquei a min mesma nada que se considerase un agasallo. Pero adiqueime unha manicura antes de empezar este post.
Fai tempo que levo dicindo que tiña os anos que acabo de cumplir. Foi un erro. Incluso nas consultas médicas me estiven adiantando un ano. Non entendo por qué, dada a tendencia xeralizada de quitarse anos que temos as mulleres. Supoño que se nota que a idade non é ainda motivo de preocupación para min. A idade non está precisamente nese calendario, está na vitalidade que sintas, na atitude cara a vida... no tempo que te ocupa...As marcas da idade forman parte de nós. Debemos sentilas nosas e non renegar delas.
Non podía rematar o día sen escribir algo neste blog un tanto inhóspito e desabitado no que me sinto latexar cando me perdo por aquí....ante posibles olladas descoñecidas...
Síntome feliz.

2 comentarios:

  1. Ai Bea, moitas- moitas felicidades, que cumpras moitos- moitos máis, con esa vitalidade que fai andar sempre a diante, para nunca mirar atrás. Quero dicir, esquecer as cousas feas que non nos gustan, éas boas ai que lembralas, porque son a barca onde navegamos por ese mar de calma e sosego. Como me gustaría estar cerca de ti e abrazarte moi forte neste día. Pero mándoche un puñado de bicos, que en un suspiro cruzan a distancia, para achegarse a túa cariña. Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Grazas de novo, Marina. Pois recibín esa aperta de amiga leal e ese puñadiño de bicos!
    Tamén eu opino así: embarcadas cara adiante!
    Mentras se poida ter esa vitalidade xa podemos sentirnos contentas de vivir e ter vivido.
    Outra aperta moi grande para tí.
    Bea

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.