www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 2 de setembro de 2026

FIGUERAS / AS FIGUEIRAS




 Neste segundo día de setembro, empezou o día con néboa mesta por onde eu vivo. Case desisto de ir á praia como tiña pensado facer, pero sendo muller que non se arreda por tan pouca cousa, puxen pé ao pedal. Non quere isto dicir que fose en bici, senón que dende o nacemento do río Eo ata onde desemboca hai un bo treito. Nada mellor que viaxar soa para ir modelando a viaxe segundo os meus desexos. Así foi como decidín parar a coñecer Figueras ou As Figueiras, (Asturias). Para ir á praia de Arnau sempre atraveso esta vila pero sen adentrarme nela. Hoxe, pagou a pena percorrela a pé. Un galimatías de rúas que seguramente me ían levar a algures, de seguro, ata o porto. E así foi. No percorrido fun tomando fotos do que me chamaba a atención: pombais, igrexa, fontes, edificios importantes...


Este pombal é ún de entre outros que logo atopei. Tamén abondan as palmeiras e hai reliquias do seu pasado indiano. Conta con uns seiscentos habitantes actualmente. É parroquia do concello de Castro Pol. Ten unha historia ben curiosa que pode atoparse no Google. Rúas empinadas e estreitas que terman de construccións antigas levan nomes de escritores e outros persoeiros. As casas case todas son de ún ou dous andares aínda que tamén as hai de máis. 

A vida, se é que pode dicirse que a hai neste mes de setembro, está como detida nun cuadro. Apenas se atopa un negocio ou un local aberto no que poida tomar un café, (aínda que ao final se me deu ún por caridade). Todo parece durmido a esa hora da mañá. Nin un supermercado aberto, se é que hai algún.

Pero así podo ver mellor todo aquelo que me chama a atención, como unha fonte, chamada Fonte de Pelamio, primeira fonte potable da vila onde se facía o pelado das peles desolladas no matadeiro.


Ten un porto deportivo no que se poden alugar embarcacións para percorrer a ría de Ribadeo.

Quería dicir que o Eo no seu encontro co mar, é acollido por estas tres vilas: Ribadeo, Castro Pol e As Figueiras. As dúas últimas son do Principado de Asturias pero fálase galego por esa proximidade a Galiza. Un galego cun sotaque naviego-asturiano que varía de vila a vila.

Por certo, cando andaba a percurar un café, vin a furgoneta da panadería Mousende de Taramundi da que son clienta. Falei co panadeiro, que aínda que non é o que ven por Fonteo, sabía de min xa que meus pais mercábanlle o pan ao dono, Germán. Entraron a tomar unha cervexa e eu, por fin, un café, feito por misericordia e polo que so paguei 1 euro, pois non tiña troco o camareiro.


Outra das construccións que me chamaron a atención e que non sei ben o que é. Mal sitio para aparcar coches nesta vila.


Vista de Ribadeo, dende As Figueiras.


Vista de Castro Pol. Lembro unha vez, cando era nena, foramos nunha excursión a Ribadeo e dende alí cruzaramos en barco ata Castro Pol. Agora xa non hai ese tipo de barcos. Pasa como dende Rianxo a Vilagarcía, tamén acabaron por desaparecer ao ter coches a xente e haber estradas e pontes.


Outra das fontes que está baixando para a praia (se pode chamarse así) xunto ao porto. Hoxe, tamén hai un astaleiro e no seu día chegou a ter sete conserveiras.



Aquí podemos ver o porto tanto o deportivo como o pesqueiro. Tamén un barco grande no astaleiro.


Vista dunha rúa estreita con casas antigas.


A igrexa e mesmo estilo de casas baixas.


Xardín con vistas ao mar. Tamén ten un parque.


Praia de Arnau, a menos de dous quilómetros de As Figueiras. É unha das miñas favoritas. Hoxe estaba a marea baixa e apenas había ondas así que puiden darme un baño e varios paseos, con moi pouca  xente e boa temperatur tanto na auga como fora dela.



O merendeiro incrementou o número de mesas e estaban todas libres. Nótase que en setembro hai menos veraneantes. Pero a min é cando máis me gusta ir ás praias.



E aquí deixo un día nas Figueiras no que todo foi ben e desexaba explorar. Se cadra a próxima vez vou a Castro Pol onde hai unha interesante biblioteca que explorar tamén.


Onde o mar agarda o Eo
Estades vos, vixiantes
Ondeando bandeiras
E dándolle a benvida.
Sodes o máis grande que ve.
Orgulloso se sinte o Eo
Nesas terras mariñeiras
E a todas por igual quer.
Recordos de Fonteo leva,
Tanto percorrido feito.
Nada do que máis se preze,
Entrar no mar que lle tedes.

Acróstico de  Beatriz Pin







19 comentarios:

  1. Sempre inventas que facer e saeche ben . Segue a desfrutar. Nos pequenos detalles está a beleza.

    ResponderEliminar
  2. Hola Beatriz, siempre es grato leer tus reseñas de esos tipicos lugares visitados que aunque poco concurridos en ellos aflora encanto. Gracias.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Dionisio, gracias por tu comentario. Dicen que los blogs se alimentan con ellos y lo creo!
      Mis experiencias son para compartir y disfruto doblemente con ello.
      Un abrazo y buena entrada en el otoño.

      Eliminar
  3. Olaa, Bea, canta beleza transmiten esas fotos, falan por si soas, es unha trota camiños e recolles o mellor e mais fermoso dentro da túa alma peregrina. Deixoche unha aperta grande, con gratitude e cariño, por todo o bonito que compartes.

    Búscache no reflexo da marea, escoitando o eco do mar
    que te chama, atenta á beleza que a costa derrama,Terra de soños onde a alma se serea.Risas que curan e enchen o día,Inspiras a vida con gran ledicia,Zunidos do vento con doce caricia.Pasos que deixas na area dourada,Ilusionada mirando o horizonte deica o fin,Navegas ceibe, coma o vento no xardín.

    ResponderEliminar
  4. Que bó terte de novo por aquí, Marina. Grazas polo teu esforzo en devolver as visitas e deixar estelas de poesía no mar que procuro.
    "El árbol de la vida" de Marina Filgueira, viaxará pola montaña de Lugo a partir do día 12.
    Grazas e unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Grazas, sempre a ti. Amiga. Apertas e bicos.

    ResponderEliminar
  6. Hola Beatriz.
    Buenas noches. Me ha encantado tu salida a la playa. Has tenido suerte de ir. Nosotros este año no hemos disfrutado del mar por las fuertes temperaturas. El calor que hace, nos limita realizar muchas cosas. Por eso el verano no ha sido nada satisfactoria. No fue nada bonito, sino todo lo contrario. Pero bueno si el verano nos dio colpes de calor, ya llegará el invierno cuando le de la Santa gana.
    Este sitio es precioso. Si de aquí al próximo año 2027 me acuerdo nos gustaría ir a esta playa. Se ve llana y sin fuertes olas. Las fotografías son espectaculares. Se ve muy emblemático.
    Un abrazo enorme.
    Mónica. 😘❤️❤️

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mónica. Si, hizo demasiado calor para ir a la playa en horas centrales del día. Mejor a primera y última hora.
      Esta playa está poco masificada. Es como una playa para la gente de la localidad. Me gusta por eso.
      Gracias por dejar un comentario.
      Abrazo

      Eliminar
  7. Hola Beatriz. Es un lugar que se ve tranquilo y la playa también. Las fotografías ya lo dicen todo. Nosotros seguimos aguantando la calor y lo que nos queda.
    Buena semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Sergio, gracias por tu visita. La próxima vez, podeis explorar esa zona de la desembocadura del río Eo. Tres villas la arropan!
      Pues aquí nos ha saludado la lluvia, justa y necesaria!
      Va a ser año de castañas porque dicen que en agosto quieren arder y en septiembre beber.
      Un abrazo

      Eliminar
  8. Ei Bea!
    Hoje vim passear por aqui
    e ver suas aventuras sempre
    maravilhosas e intensas.
    Bjins querida.
    CatiahôAlc.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà Catiahô, que bem que veu pasear comigo por estas praias!
      Eu irei também pelas suas que teim seguro de sol.
      Beihinho

      Eliminar
  9. Hola visito tu blog invitado por la persona que justo comenta antes que yo.
    He de decir que nos has dado un bonito paseo por esta localidad asturiana, a la que quizás vi desde Ribadeo cuando realice mi visita por varias localidades de La Mariña lucense.

    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias, Tomás. Me alegro de poder contarte entre mis amistades blogueras. Antes tenía como mas ganas de explorar blogs, dejar comentarios... pero ultimamente y debido a mis otras actividades y más lentitud para realizarlas, he dejado de visitar otros blogs y hago mínimos pero me acuerdo de todas y todos y les envío mis disculpas y un cariñoso saludo.
      Gracias por venir!

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.