www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 3 de decembro de 2025

A POESÍA DA COCIÑA

 



A chegada do outono/inverno, con días chuviosos e fríos, recóllenos hacia dentro da casa. A cociña, na Galiza antiga era o corazón da casa, na que se facía a vida de mañá por noite. Nela se tomaba o primeiro café da mañá coa leite recién muxida, acendíase o lume na lareira que duraría todo o día. En algunhas casas, por falla de espazo, había outro lugar no que se cociñaba a comida dos animais, era o caldeiro. Algunhas casas tiñan o forno tamén na cociña onde se amasaba e cocían os pans que durarían unha quincena, facíanse empanadas e agardábase sentados no escano a que a fornada estivera para sacar do forno con aquelas pás rudimentárias pero moi útiles e duradeiras, e contábanse contos. Moitos veciños cocían xuntos nun forno dunha casa, compartían esa tarefa e servía para se relacionar uns cos outros. Cando alguén cocía, xa se sabía de que casa viña o cheiro a pan recén cocido. 

Agora temos que conformarnos coa modernidade adquirida e facer o pan nos fornos eléctricos ou de gas que cada quen temos nas nosas cociñas. 

Onte, cando entrei nun supermercado coa idea de mercar algo de peixe, xa que martes e venres temos o costume adquirido de mercalo neses días que era cando chegaba ás tendas, cousa que xa non é así, pois agora chega todos os días aínda que eo non o crea. Os ollos déronme nuna caixa valdeira que aínda  tiña o letreiro, "parrocha 6.90 euros". Preguntéi se quedaba algúnha, e, por certo, quedaran unhas poucas. Víanse moi frescas e decidín levalas todas. Non pensara que facer con tantas pero logo me veu á mente que había para unha empanada.


Deixéinas preparadas do día de antes e tamén fritín a cebola con pementos colorados e algo de azafrán, máis un chorriño de viño de cociñar.

Levanteime un pouco máis tarde do habitual porque, hoxe, non tiña saída e púxenme cos ingredintes da empanada: fariñas de millo e trigo, aceite de oliva e xirasol, cervexa, sal e a amasar pouco tempo porque non precisa levedar. A cervexa sirve xa de levadura.

Facer empanadas podo dicir que é a miña especialidade, entre moitas outras, xa ora. Nunca teño medo de que saian mal. Coñezo ben o meu forno que, coa idade, vai collendo manías raras que so eu lle entendo. A calquera outra persoa que usara, sairíalle queimado!

Pouco tempo me leva facer unha deliciosa empanada que logo conxelo en cachos e vou comendo ao longo dos días nos que non estou na casa para cociñar.

O recendo é suaviño, a peixe de mar, millo e trigo... O bó é que aínda me sobraron parrochas ou xoubiñas, como queiramos chamarlles. Eu cómoas coa espiña e todo, teñen moito calcio e serán o meu xantar de hoxe xunto cunha patacas pequenas cocidas ao vapor.






27 comentarios:

  1. Querida Beatriz,
    Ya estoy de vuelta de mis vacaciones y estoy aquí para leer sobre tu deliciosa aventura culinaria y también para enviarte un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que bem que esté de volta!
      Asim eu terei comentàrios prontos e iso me motiva a escrever pois ultimamente nào são muito costante.
      Um abraço de bemvida, amigo Doug!

      Eliminar
  2. Que fame metes, ten moi boa pinta😋

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois, xa sabes, se che arrecende a empanada, déixate guiar polo teu nariz e dame unha pistiña que non son adiviña! Ja ja

      Eliminar
  3. Recordo de cando vivía cos avos, que a avoa facia no forno unha petada de millo para a semana. Tamén empanada e duas bolas.Todos os sábados.
    A min dánseme mal as masas. Así que admiro as tuas empanadas con tan boa pinta. Unha aperta. Nucha

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Temos lembranzas semellantes nese terreo.
      Ás masas non hai que terlles medo, sobre todo se son tan doadas como esta da empanada. O millo faina esmillar na boca!
      Abrazo, Nucha. Grazas por ler.

      Eliminar
  4. Ei querida Bea!
    Hje passando para conferir
    essa maravilhosa publicação
    e deixar meu abraço
    de saudade daqui e de você.
    Bjins
    CatiahôAlc.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigada pela visita e passarei pelas tuas letras e tomar o sol do voso verán! Beijinho

      Eliminar
  5. Fez-me recordar o meu pai.
    Adorava.
    Com espinha e tudo.

    ResponderEliminar
  6. Hola Beatriz, que sabrosa entrada nos dejas, hoy con esta empanada el otoño...que ya puede venir repleto de lluvias y escasa iluminación solar, que en el interior del hogar, la chimenea al punto y ese manjar sobre la mesa lo reconforta todo...FELIZ NAVIDAD¡
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Querido amigo Dionisio, tu lo has dicho, el hogar, de puertas adentro, lo reconforta todo cuando el exterior no nos es propicio.
      Un abrazo y buen solsticio.

      Eliminar
  7. Olá, Beatriz, que delicia essas poesias de cozinha!
    Até digo que nada igual a essas delicias kkk!
    Beijinho, querida, um bom fim de semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que agradable sorpresa, amiga Tais. Eu pensaba, mesmo passar pelas Crónicas mas não achava o momento. Ja lá vou!
      Beijinho

      Eliminar
  8. * muy saludable. Comer todo fresco.
    Solo verla se ponen los ojos como platos. Tiene que estar riquísima. Buen provecho.
    Beatriz.
    Un abrazo muy grande.
    Besitos Mónica 😘😘😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mónica, gracias por tu apreciación de la comida saludable. Te guardaré una poquita si vienes pronto. En verano no dispongo de horno!
      Un abrazo para tod@S

      Eliminar
  9. Gracias, Beatriz, por ese entrañable comienzo sobre las cocinas antiguas donde era el centro de reunión de toda la familia y visitas, y que me traen bonitos recuerdos de años atrás en casas de mis abuelos en la provincia de Badajoz, y de mis tíos en Ordes, la Coruña, de los que puedo dar fe, de que aún recuerdo los olores y sabores de las viandas que en ellas se preparaban.
    Un fuerte abrazo, amiga, y esa empanada tiene una pinta riquísima, además nunca la probé de sardinas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Me alegra, Manuel que te refresque la memoria de lugares con tradiciones ya en desuso. Siempre es bueno recordarlos y si es con una empanada de xoubas, que mejor?
      Yo tambien tengo recuerdos de tu tierra en la que me sentí muy a gusto.
      Un buen abrazo

      Eliminar
  10. Sabe bem recordar os bons velhos tempos, mas a vida não pode parar.Continuação de boa semana.
    Abraço de amizade.
    Juvenal Nunes

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas pela visita. Non sei que ten a comida que nos atrae!
      Boa continuidade de vida!
      Outro abrazo de amiga.

      Eliminar
  11. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  12. Buenos días, Beatriz, paso de nuevo para desearos a ti y a tu familia de que disfrutéis de una feliz Navidad, y lo hago hoy, ya que están llegando mis hijos a casa, para pasar esta fiestas, y voy a estar muy falto de tiempo durante casi una semana.
    Un fuerte abrazo, amiga.

    ResponderEliminar
  13. Olá. Independentemente da publicação que vi e li com todo o gosto, aplaudo e elogio, passo a fim de desejar um NATAL MUITOS FELIZ, para si, família, e a quem mais residir em seu coração.
    BOAS FESTAS.
    .
    “ Natal, haja bondade no coração “ .
    .

    ResponderEliminar
  14. Mi querida amiga Beatriz,
    Es un placer tenerte entre mis amigos del ®DOUG BLOG.
    Les deseo a ti y a tu familia mucha salud esta Navidad. Que el año que viene esté lleno de logros.
    Besos.

    ResponderEliminar
  15. Ei Bea!
    Passando hoje para
    desejar que seus dias festivos
    sejam alegres e em paz.
    Bjins e Abraço

    Vinicius de Moraes – “Poema de Natal”
    “Para isso fomos feitos:
    Para lembrar e ser lembrados,
    Para chorar e fazer chorar,
    Para enterrar os nossos mortos —
    Por isso temos braços longos para os adeuses.”

    ResponderEliminar
  16. Queridos amigos e amigas do meu blog. Quero agradecervos as mostras de cariño nestas festas de Nadal que eu xa non celebro pero respecto que as celebren os demáis. Moitas grazas.
    Desexo que o novo ano traia paz ao mundo, saúde, xustiza e igualdade.
    Abrazo grande para todos e todas vos!
    Feliz Ano

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.