www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 1 de novembro de 2025

O OUTONO DA VIDA


Como cada ano, malia aos cambios climáticos, aquí chega o outono cumprindo co seu calendario. Toca recoller os froitos que reviviron cas últimas chuvias e que estaban medio aletargados, agardando a que a climatoloxía lles fose propicia para o seu desenrolo, acabaron dando o mellor de sí mesmos e a nós tócanos colleitalos e conservalos para que duren boa parte do inverno.

Despois de soutar castañas e noces, mazáns, cabazas e marmelos aínda nos quedan os cogumelos que non se deixan ver, alomenos nos sitios nos que o facían.

Empezando polas castañas, que tanto asadas como cocidas son ben sabidas, fixen hoxe unha receita de turrón de castaña. Non é a primeira vez que a fago e agardo que non sexa a derradeira, malo logo!

O post de hoxe trata de como convertir as castañas nun exquisito turrón.

Para comezar, hai que quitarlles as dúas peles meténdoas uns minutos en auga fervendo. E sen deixar que arrefríen, queimando un pouco os dedos, ir descamisándoas. 

Con elas, hai que preparar un puré de castaña. Primeiro cocelas en auga ata que estén brandas e darlles o último fervor en leite. Dese xeito xa se poden triturar ou esmagar ata formar un puré que se reserva.

Mercar un bo chocolate artesán e fundilo a baño de maría ata que se poida mesturar co puré de castaña.

As proporcións poden atoparse no link que deixo da receita, ao final do post.

Pódese engadir froitos secos, no meu caso sempre lles poño crocanti de améndoas e tamén, hoxe, por experimentar, un chupito de wisky. Pero xa me esquecía de que na receita que teño, suxiren poñerlle tamén catro dátiles picadiños ou triturdos.

Esa masa ponse nun molde de cake, sobre papel de forno deixando suficiente papel para poder retiralo do molde, unha vez que arrefríe ben na neveira. Tamén lle engado por riba o mesmo crocanti.



Logo pódese embasar ao baldeiro para conservar máis tempo na neveira, ata que teñamos con quen compartilo.


Lendo un libro que me deixóu a furgoteca, "El libro en tiempos de guerra" de Andrew Pettegree, por certo moi interesante, atopei unha foto que me chamóu a atención.


Nos tempos de guerra, había pouco que comer. Proliferaron os libros de cociña, entre outros,  que daban ideas de como facer que a comida chegara a todas as bocas. 

Neste link, atoparedes a receita que uso eu.

https://canalcocina.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.