Como cada ano, malia aos cambios climáticos, aquí chega o outono cumprindo co seu calendario. Toca recoller os froitos que reviviron cas últimas chuvias e que estaban medio aletargados, agardando a que a climatoloxía lles fose propicia para o seu desenrolo, acabaron dando o mellor de sí mesmos e a nós tócanos colleitalos e conservalos para que duren boa parte do inverno.
Despois de soutar castañas e noces, mazáns, cabazas e marmelos aínda nos quedan os cogumelos que non se deixan ver, alomenos nos sitios nos que o facían.
Empezando polas castañas, que tanto asadas como cocidas son ben sabidas, fixen hoxe unha receita de turrón de castaña. Non é a primeira vez que a fago e agardo que non sexa a derradeira, malo logo!
O post de hoxe trata de como convertir as castañas nun exquisito turrón.
Para comezar, hai que quitarlles as dúas peles meténdoas uns minutos en auga fervendo. E sen deixar que arrefríen, queimando un pouco os dedos, ir descamisándoas.
Con elas, hai que preparar un puré de castaña. Primeiro cocelas en auga ata que estén brandas e darlles o último fervor en leite. Dese xeito xa se poden triturar ou esmagar ata formar un puré que se reserva.
Mercar un bo chocolate artesán e fundilo a baño de maría ata que se poida mesturar co puré de castaña.
As proporcións poden atoparse no link que deixo da receita, ao final do post.
Pódese engadir froitos secos, no meu caso sempre lles poño crocanti de améndoas e tamén, hoxe, por experimentar, un chupito de whisky. Pero xa me esquecía de que na receita que teño, suxiren poñerlle tamén catro dátiles picadiños ou triturdos.
Esa masa ponse nun molde de cake, sobre papel de forno deixando suficiente papel para poder retiralo do molde, unha vez que arrefríe ben na neveira. Tamén lle engado por riba o mesmo crocanti.
Logo pódese embasar ao baldeiro para conservar máis tempo na neveira, ata que teñamos con quen compartilo.
Lendo un libro que me deixóu a furgoteca, "El libro en tiempos de guerra" de Andrew Pettegree, por certo moi interesante, atopei unha foto que me chamóu a atención.
Nos tempos de guerra, había pouco que comer. Proliferaron os libros de cociña, entre outros, que daban ideas de como facer que a comida chegara a todas as bocas. A frugalidade, a mellor solución!
As castañas, gran alimento para animais e persoas nos tempos de fame, foron o substento da poboación rural e consideradas un ben de primeira necesidade.
Aínda conservo a murgaza feita por meu pai, coa que colliamos os ourizos, unha especie de pinza feita de carballo. Pode ter máis de cincoenta anos.
Coincidindo coas castañas, está a colleita do millo, outro producto ben estimado antes e agora, como as castañas. Onte, na casa dunha veciña, fixéime no trenzado que lles fan ás espigas para penduralas do faiado das cortes ou palleiras, fora do devezo dos ratos. Uns nos ben feitos e seguros, cunhas mans gastadas polos anos pero eficaces na mestría da conservación dos froitos.
Mágoa que todo iso morra no esquecemento!
Neste link, atoparedes a receita que uso.
TURRÓN DE CREMA DE CREMA DE CASTAÑAS SIN AZÚCAR






Boa tarde, Bea! Grazas por compartir, vou tentar facelo, adoro ás castañas, chocolate etc, a ver se consigo poder facelo e fareicho saber.
ResponderEliminarAperta e moi no domingo!
Grazas Alba. Pois verás que ben che sae!
ResponderEliminarProporciona entretimento e disfrute do padal. Xa o probei unha vez e dou fé de que está moi rico. Segue asi, contando, facendo e ensinando. Graciñas Nucha
ResponderEliminarOla Nucha, grazas pola túa testimuña!
EliminarAgardo partillar contigo unha vez máis!
Apertas
Moitas grazas, vou tentar facelo e por as lembranzas non me acordaba que se collian os ourizos asi; e ese millo da gloria velo.
ResponderEliminarPois alégrame que che dera ideas e as queiras levar á práctica. Sorprenderás co teu turrón de castañas! Ánimo!
EliminarAdoro castanhas!
ResponderEliminarBoa semana
Imagino que terás saudade delas!
EliminarBoa semana
Sabores do Outono!
ResponderEliminarDeliciosa publicação.
Sou um apreciador destes frutos típicos do outono.
Um abraço.
https://rabiscosdestorias.blogspot.com
Bemvido, R. Correia. Obrigada pela visita.
EliminarFicamos seguidores?
Um abraço
Hola Beatriz,
ResponderEliminarEndulzaste mis vacaciones con tus sabores otoñales.
Formas parte de mi grupo de amigos en el ®DOUG BLOG.
Abrazos.
Hola Doug, que bien que mis dulces llegaran hasta Brasil!
EliminarMi cocina está llena de sabores y olores otoñales. La alquimia de la naturaleza transformada en manjar.
Gracias por tu visita y me alegro de endulzar tus vacaciones.
Un abrazo
Hola Beatriz.
ResponderEliminarEl Otoño, es una estación de lluvias y de más, pero da muy buenos frutos. Sobretodo el cultivo de los campos. Los castaños, los almendros, los avellanos... Los perales, los manzanos....
Me gusta como explicas el turrón de castañas. Es una receta curiosa. En todo el Territorio español está la cadena de TURRONS VICENS, su fabrica y empresa en Barcelona. En el Pueblo de Agramunt hacen una inmensa variedad de turrones. Aunque a mi me gusta más, el tradicional el blandito de toda la vida.
Ya te digo, todo tiene una pinta buenísima. Me encanta la estación de Otoño .
Un abrazo enorme.
Mónica
Hola Mónica, gracias por tu visita.
EliminarEs una manera de conservar las castañas, entre otras, como cogelarlas y al mismo tiempo, disfrutar de un turrón casero, en este caso, blando, como a ti te gusta. Yo no suelo comer turrones. Este solo lleva el azucar del chocolate ya que la castaña es dulce. Y el chocolate procuro que sea de elaboración artesana. Lo he comprado en la misma fábrica, en Ribadeo!
Lo puedes hacer, si quieres.
Un abrazo
Estoy contigo de que es una pena en que se pierdan estas costumbres y tradiciones. Y mañana mismo nos vamos a poner manos a la obra para hacer ese rico turrón de castañas, ya que tengo en casa tanto chocolate, castañas y un poquito de whisky, que sobró de un cumpleaños que celebramos ayer.
ResponderEliminarYo que soy muy goloso se me está haciendo la boca agua con tan ricas viandas, y es que además vengo de visitar el blog de nuestra común amiga Mónica, que también va la cosa de dulces.
Un abrazo, Beatriz.
Ja, ja, ja, los dulces, no se que tienen que tanto nos atraen!
EliminarPues inténtalo siguiendo la receta que está en el link y ya me contarás!
Un abrazo
Hola Beatriz.
ResponderEliminarTodos estos dulces, saltan la vista.
Los dátiles, las castañas, el turrón.
Vaya, vaya. Que bien te cuidas.
Buena semana.
Hola Sergio. Quiero agradecerte la visita. Llega el frío y hay que calentarse por dentro y por fuera. Las calorías ayudan pero sin pasarse y el horneado calienta el ambiente.
ResponderEliminarUn abrazo
Bom dia
ResponderEliminarEstranho a sua ausência do blogue.
Cansaço físico?
Cansaço do blogue?
Está doente? (Espero que não)
.
Diga alguma coisa.
Seja como for, deixo votos de Saúde, Paz e Amor.
.