www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 31 de agosto de 2025

A TRAVÉS DO EO

 


Así estaba a praza do Cádavo, (Valeira / Baleira) cando cheguéi pouco máis das dez e media da mañá, carregada cos bártulos para ocupar un stand nesta mostra de productos que teñen que ver co río Eo na súa traxectoria de 81 kms ao encontro co mar en Ribadeo.

A carpa na que tería lugar a degustación de mexillóns e xoubas,  tiña os fogóns preparados  para cociñar tanta fartura que nos agardaba logo de escoitar a charanga Louband que animaba o ambiente na praza e mesmo baixo a carpa cando a chuvia empezóu a desfacer a festa. 


Ao final so ocupamos tres dos cinco stands que estaban preparados. Faltóu xente, tal vez por mor da chuvia ou do cansazo. Así que os primeiros fomos Ovapiscis e o noso stand de libros de Antón Cando e Beatriz Pin no que non podía faltar o que escribimos xuntos:  Entre Nós e o Eo, que era o que máis tiña que ver co evento.



Aquí estamos co madrugador Jesús da Ponte,  case centenario, que veu acompañado da súa coidadora, unha moza colombiana moi animada e festexeira que o leva a todo canto evento hai en Valeir /Baleira e así ambos se adivirten.


Logo foron chegando familiares que nos acompañaron e sacaron moitas fotos cos nosos libros e nos mercaron tamén algúns que levarían para Barcelona, para agasallar a amizades e para telos na casa como un bo recordo.


Aquí estamos con Sergio, do Val de Arán, e Mónica Pin. Ambos trasplantados de ril varias veces; sete no caso de Sergio que é un valente e conduce dende Catalunya á Galiza todos os veráns. Ten saído nos medios do país por este motivo dos numerosos trasplantes. O último foi grazas a un irmán donante. Traballan pola causa de donacións de órganos tan necesarios e escasos. Todos os anos editan un calendário con fotos e textos sobre este tema para sensibilizar a poboación e darlle visibilidade.



Amenizado pola charanga Louband que tocaron e bailaron para o público, sen pausa e movéndose por todo o escenario, vestidos como se ve na foto e que nin a chuvia os arredóu de seguir tocando, mesmo debaixo da carpa que xa empezaba a estar chea de xente que viña á degustación oferecida de balde para quen quixera mesmo repetir unha, duas ou tres veces. Eu fun unha que aprendín de contado esa maniobra de ir comendo e poñéndome de novo na rea e así ata que quedei farta.



O alcalde de Valeira / Baleira , Ángel Martínez Puga, tamén pasóu polo noso stand e mesmo nos mercóu un libro e dixóuse retratar con Antón e comigo.


Os de Ovapiscis levaron un acuario cos seus alevíns e con ovos que poden vivir sen estar na auga.
As futuras troitas, movíanse sen parar, como aprendendo a nadar despois de ter saído dos diminitos ovos de cor laranxa e forma redonda. Tamén trouxeron os seus dous cans que son moi entendidos na materia.

Logo da degustación, volveron  tocar os de Louband para bailar o comido mentres, fóra da carpa caía a chuvia a pracer, nunca mellor dito, porque os lumes hai que apagalos dende o ceu cando dende a terra nada se pode facer.

E así remata este día festeiro e divertido que sube un pouco os ánimos antes de poñer o pé en setembro e ir camiño do inverno, paseniñamente, como quen non quere a cousa, pero sí, xa imos cara ao longo inverno que nos espera neste lado do mapa.



E por se nono contei ben, aquí está a prensa para darlle un toque diferente.







6 comentarios:

  1. Hola Beatriz.
    Enhorabuena. Que bien te quedó. Como lo describes todo, detalle por detalle. Estas ferias a mi sinceramente me gustas mucho, la verdad. Me encantan...
    A TRAVÉS DO EO. El tema de los Ovospiscis estaba interesante.
    También lo que comentas sobre los trasplantes es muy importante para salvar vidas. Aquí en Galicia se necesita su apoyo y reconocimiento para que las personas puedan tener una mejor calidad de vida.
    La literatura galega es esencial para el aprendizaje y el cariño a la lectura. Leer es viajar por nuevos mundos. Que la lógica más saludable sea leer a todas las edades.
    Un abrazo enorme.
    Mónica.

    ResponderEliminar
  2. Alégrome por un día mais para presentar a vosa obra conxunta e polo entretemento que conlevan estes eventos. Pois cara o inverno imos e logo os espacios ó aire libre témolos que olvidar. Un saudo afectuoso.Nucha

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Así é, Nucha, hai que desfrutar destes momentos para logo sobrelevar o largo inverno ou "a longa noite de pedra"
      Grazas por visitar
      Unha aperta

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.