www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 15 de setembro de 2021

FIN DO VERÁN


 E chegou a chuvia que deu de beber á terra sedenta, ao borde da deshidratación. Haberá boa colleita de castañas, por aquelo de "en agosto arder,  en setembro beber".

As rosas están de capa caída pero aínda así, son fermosas. Nacerán outras novas que alongarán a alegría do xardín ata ben entrado o outono.


Pero eu quería falar daquelas outras que medran nos humidais, perto do río Eo, en Sampaio, xunto a acea de Serra, no pozo de Piriquito e que me facían tanta ilusión cando era rapaza e mas traía o meu tío Pepe cando ía moer o gran, ou ás troitas. Nos, sempre lles chamabamos búfalos, e eu, ata hoxe, non sabía o seu verdadeiro nome.


Trátase da totora, ( Typha latifolia), coñecida tamén por anea, espadaña... En portugués: partasana, paina, tabúa, ou en inglés: cat´s tail, e mesmo en chinés, porque seica é comestible, kuan ye xiangpu.

Grazas a información que encontrei nos comentarios de un blog, puiden averiguar todos istes datos e aprender algo mais da planta que daba aquelas vistosas e aveludadas floracions e que me gustaba por en xerrons para decorar qualquer cantiño da casa.

E mentres todo isto pasa fora, recóllome no interior, con boa música bailable, comida cociñándose, e novo post para publicar e sentir que o meu computador compórtase de xeito razoable e me permite escribir sen que me escapen as letras ou teña que facer mil artimañas para que escriba o que quero e non o que quere él, que a veces, é nada.

Bo comezo do outono!

20 comentarios:

  1. Sempre un gusto lerte, imaxinei calma escoitando música e aprezando o arrecendo dunha boa comida, grazas por partillar con nós e sigue disfrutando e saboreando así a vida. Aperta fonda.

    ResponderEliminar
  2. Espadanas!. En canto a refuxisrse no interior, inda é cedo; alomenos eu resístome. Pode q tamén por influenza da pandemia, que muda hábitos. O aire libre, chova ou vaia frío, é un aliado.

    ResponderEliminar
  3. Pois é, as rosas não dão boas-vindas ao outono, estação do vento. Aqui entraremos na primavera, linda estação.
    Bem que o outono nos dá um aconchego no lar...
    Um beijinho, querida Beatriz, uma boa semana.

    ResponderEliminar
  4. Assim é amiga Beatriz. Acaba o verão chega o Outono.
    E com ele as chuvas e o vento. E para quem tem plantas e outras culturas para tratar, é bom ter boa informação.
    Com a chegada do Outono, vem o tempo mais frio. Tempo de mais aconchego em nossas casas...

    Continuação de ótima semana, amiga Beatriz.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  5. As fotos sao lindas nos aqui ontem e hohe estamis com uma grande tampete muita chuva e travoada e vento mete medo que nos nos ajude bjs saude

    ResponderEliminar
  6. Hola Beatriz.
    Me encantan las fotografía tan coloreadas y casi en puertas de un nuevo Otoño 2021.
    El lunes que viene entramos por fin en la estación del Otoño. Donde las hojas de los árboles se verán de variables colores.
    Es magnífico ver los cambios de las estaciones.
    Un abrazo y feliz jueves

    ResponderEliminar
  7. Chega o Outono, o período do ano mais agradável em Macau.
    Bjs

    ResponderEliminar
  8. Una acotación entre de florista y de un vivir el día a día.

    Un abrazo, y por las rutinas buenas.

    ResponderEliminar
  9. ¡Qué lindo Beatriz! ya ustedes están festejando el otoño que se aproxima, y nosotros aquí, (hartos del frío) estamos alegres porque se acerca la primavera para fines de setiembre. Gracias por compartir esas bellas fotos. Las rosas aquí en Lima crecen casi todo el año, aunque su apogeo es en el mes de agosto en pleno invierno. Te dejo mi abrazo grande.

    ResponderEliminar
  10. Bo comezo de outono Bea! A min persoalmente gustánme todas as estacións. A todas lles vexo o seu aquel, o seu encanto. O outono gústame pola explosión de cores nas árbores, que tinguen o paisaxe. Como moitas persoas a poden ver unha estación triste se é multicor? jaja. Tamén porque o mundo dos cogomelos me chama a atención aínda que son principiante e só sei recoñecer uns poucos. Aínda así, gústame admiralos a pesar de non saber de cales se tratan, soen ser fermosos. E sobre os que máis me chaman a atención procuro pescudar información, como fas ti coas prantas, e eu tamén 😊. Por certo, fermosas e singulares prantas os búfalos polo seu aspecto, non me estraña que lles tiveras aprecio desde nena.

    ResponderEliminar
  11. Hola Beatriz,que lindo lugar
    y esas rosas como me agradan
    todas ellas, un otoño hermoso.

    Besitos dulces

    Siby

    ResponderEliminar
  12. Olá, Beatriz!
    Passando por aqui, relendo este excelente texto, e desejar um bom início de Outono, e feliz fim de semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  13. , espero que cuando esté por esas tierras tengamos la ocasión de encontrarnos y compartir todas estas pequeñas cosas que hacen que la vida que ya se nos va agotando tenga instantes de emoción...como espero encuentres en esos poemas que son proyectos de vida. Muchas gracias por tu gran deferencia y generosidad
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  14. Olá, Beatriz!
    Não tarde temos o Outono a entrar,e o verão a despedir-se.
    É assim, são os ciclos da vida.
    Votos de uma excelente semana, com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  15. Belo e simples, Bea... como as boas coisas da vida! :) Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  16. me gusta tu entrada es diferente y bonits
    que tengas un buen dia

    ResponderEliminar
  17. No hay nada mas lindo que mujeres bellas y amigas

    ResponderEliminar
  18. Olá, Beatriz, aí o outono, aqui a primavera entrou ontem! Outono estação da renovação, linda estação que forma um tapete de folhas secas e amareladas; primavera, estação das cores, das flores e dos amores. É linda essa troca de estações, quando a gente está saturada de calor ou de frio, entra as estações intermediárias! Lindas.
    Uma ótima semana e lindo outono!!
    Beijinho!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.