www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 9 de setembro de 2021

A FILLA ÚNICA

 


Eu non fun filla única. Houbo unha primeira, Inés, como se chamaría se vivise. Nunca chegou a ver a luz e miña nai, houbo de deixar de vela porque nacer na casa era unha cuestión de sorte e nese caso, nona houbo.

Non sei como se atreveron a asegundar. Miña nai era unha muller valente ou eu non estaría aquí.

Debo agradecérllelo. Houbérame gustado ter aquela irmá que non foi posible. Unha irmá maior.

Pero a miña vida sería ben diferente do que foi. Hai circunstancias que o cambian todo.

Aos fillos e fillas, xa se lles quere antes de que nazan. Lémbrome como, presa dun brote

esquizofrénico ela chamaba pola súa filla Inés, despois de vinte anos que a concibira. Chamaba por ela e non por min. Víaa polas rúas de Lugo cando iamos camiño dun psiquiatra, en pleno San Froilán, e tendo eu case dezaoito anos.

Así foi como me convertín en filla única.

Ninguén me levou mais o almorzo á cama, con zume de laranxa incluído, e algo temperado para non tomalo frío.

Coidáronme e quixéronme como nunca me sentín coidada e querida. Era o seu tesouro logrado con tanto esforzo e valentía, polo que estaban dispostos a dalo todo. Non sei se os defraudei. Penso que cumprín os seus soños e que se sentiron orgullosos de terme, aínda que non tal como quixeran.

Hoxe si que o estarían, pois coidei a súa casa e a súa horta e continuei algunhas das cousas que eles facían, como o de ter hóspedes aloxándose na casa e desfrutando das vistas do xardín no que tantas horas pasaran de novos e de maiores.

Levarlles flores silvestres aos seus nichos, con frecuencia e falarlles do meu día a día, e do moito que agradezo canto me deron e deixaron, xa é un acto que sei que lles agradaría se puideran aprecialo alá onde queira que o seu espírito se atope.


Adoro os cheiros da nenez,

das candeas de millo e dos castiñeiros.

No meu faiado arrecende

a lúpulo secándose

para facer a cervexa que adoras.

O teu poema do faiado

garda historias, xogos e cheiro a mazá.

O meu xa perdeu o aroma

dos mini books do chocolate Carmiña

pero garda os soños que soñei.


Beatriz Pin Diaz

20 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Eu tive mais quatro irmãos. Éramos 3 rapazes e duas raparigas. Um dos rapazes já faleceu por doença (cancro) nos pulmões. Gostei demais de ler o seu texto.
    .
    Cumprimentos poéticos
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  3. Muito interessante a história da tua infância.
    Nós somos cinco irmãos, e na infância fazíamos muitas malandrices. Eu era muito rebelde. A minha irmã mais velha, é que pagava as favas. Com os pantapés que lhe dava nas canelas. Enfim...coisas da infância.

    Gostei muito desta tua narrativa da infância.
    Continuação de ótima semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  4. Marabilloso, as cousas están como teñen que estar, temos que asentarnos no día a día e procurar o mellor que se poida, teus pais estaría e están orgullos de tí, seguro que te siguen ollando por ese ollo máxico que o teu pensar neles lles abre, un relato fermoso que nos acerca ainda máis a ti, grazas por partillalo, estas lerias tamén nos acercan a nenez.
    Apertas queridiña Bea.

    ResponderEliminar
  5. Tantos anos despois Inés está presente, sendo certo que todo o que lembramos existe e que a vida non e senòn fabricar recordos, é imprescindible saber interpretar os acontecementos, como fas ti, dando sentido a unha vida que para outros sería corta e co tempo esquecida. Que fermoso post, outro máis

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hoxe emulei a Trashorras, mandei dous comentarios...hahaha

      Eliminar
  6. O meu irmão mais velho (seria 4 anos mais velho que eu) morreu ainda bebé.
    Bjs, bfds

    ResponderEliminar
  7. Esas madres enfermas mentales dan mucho juego, pero mientras se las vive, soporta o disfruta, qué de sensaciones dejan...

    Un bonito poema, por cierto. Un abrazo

    ResponderEliminar
  8. Ninguém sabe ao certo como seria a sua vida se a sua irmã sobrevivesse.
    Mas não teria o estatuto de filha única...
    Belo poema, para fechar com chave de ouro o seu post.
    Bom fim de semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  9. Un bello poema. Sólo podemos imaginar el qué pudo ser... Mejor sentir de cerca lo que fue.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  10. nos somos 4 dois rapazes e duas raparigas gostei muito bjs saude bfs

    ResponderEliminar
  11. Olá, Beatriz.
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana, com tudo de bom.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  12. ¡Debe ser triste tener un hermano que nunca pudimos conocer, porque falleció antes de que nosotros naciéramos.! Por suerte eso nunca me ocurrió a mí, Beatriz. Muy hermosa y triste esta historia. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  13. Na minha história de vida também me antecedeu um irmão que a minha mãe "sempre" chorou; eu sentia mas me era demasiado penosa a tristeza que via nela por essa Maternidade meia desfeita.


    Beijo
    SOL da Esteva

    ResponderEliminar
  14. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  15. A mistura de recordos tristes e doces, como a vida mesma. Doces eses zumos cos que te coidaba e agarimaba túa nai, que me transportaron tamén a recordos propios da miña infancia, atopando certas semellanzas. Eu fun unha nena malcomedora (tiña falta de apetito e a verdade é que a hora da comida e sentarse na mesa era para min un suplicio). Para compensar este feito miña nai ás noitiñas tamén me agarimaba con zume de froitas variadas, feito nunha licuadora Moulinex que mercara convencida de que eso sería beneficioso. Dicíame que era zume de maracuyá e colocaba estratéxicamente no vaso unha rodaxa de laranxa, para probar se co exótico de tal nome e presentación podía facelo máis atractivo e despertar o meu interese. E vaia se o conseguía! Despois co paso dos anos os zumes de maracuyá derivaron en zumes de cenoria e mazá para min e meu irmán, que "teñen moitas vitaminas", dicía. Os nosos amigos miraban con reticencia eses zumes pero a verdade é que estaban deliciosos. E na nosa casa seguimos tendo licuadora! Bicos Bea

    ResponderEliminar
  16. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  17. Olá, Beatriz!
    Boas recordações da infância, são uma riqueza que nunca esquecemos.
    Votos de uma excelente semana, com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  18. Reminiscências. Tens uma maneira muito particular e atraente de trazer-nos as tuas lembranças do passado, amiga! É muito bom ler-te, sempre! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  19. Querida Beatriz, um texto muito bonito pela narrativa, pelas recordações da infância, mas triste, minha querida!
    Mas são coisas da vida, e vamos continuar passando por elas.
    Uma feliz semana, cuide-se bastante.
    Beijo

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.