Gústame iste acougo,
un ceo sen sorpresas,
a calma do outono,
a morneza do sol
que nos prepara
para o que veña.
B.Pin
As mañás son o momento mais enerxético do meu día e case sempre as deixo pasar sen poñerme a escibir o moito que se me ocurre mentras dou a miña primeira camiñada, despois dun suculento almorzo.
Pero, hoxe, vou cambiar a rutina e deixar para mais tarde as moitas tarefas que me rondan e que sempre priorizo, acabando o día cansada e sen ganas de achegarme ao ordenador, que, por certo, acabo de estrear con este post. Xa non se me irán as letras bailando o reguetón pola pantalla adiante senón que estarán sumisas e ben dispostas a levar a cabo a tarefa de escribir.
A mañá apareceu solleira e convidante a votarse fóra da casa canto antes mellor. Vai ser un día quente, unha continuación do verán pero con aires outonais que dan un ambiente sosegado, calmo, con ceu case azul, sen nada que sobrevoe, sen fumes nen sorpresas de momento. Veremos se mañá, como predicen, se verán cinsas volcánicas por toda a península, pero, hoxe, o ceu está limpo.
Penso na Palma, nas fermosas illas Canarias, ameazadas de extinción, con poboacións asentadas enriba dun volcán... Penso na xente que perdeu casas, terras, enseres... So as suas vidas permanecen e todo o demais foi borrado do mapa. Cómo será quedarse a cero. Sen traballo, sen ter de que vivir, sen os seus fogares...As catástrofes, cando ocorren, non pensan na xente. A terra, o planeta, non ve o que ten enriba del, non ten culpa do seu comportamento que nos parece como un castigo pero nono é. Sempre houbo cataclismos que destruíron o que os humanos, no noso afán de expansión, fomos construíndo, alí onde nen sequera é lugar seguro, como son as bocas dun volcán que xa deu motivos de estar vivo e ameazante. Por qué a xente se asenta neses lugares de tanto risco? Seremos demasiados no planeta?
Non quixera interrumpir o silenzo e a calma dista mañán que irradia paz e vida. Pero tampouco me esquezo do que pasa noutros lugares, onde o inferno abríu as suas portas. Son maravillas da natureza pero causan danos. Danos que non son unha venganza. Deberíamos previr e non deixar que as poboacións se formen en sitios tan perigosos.
Agora, vou ver se consigo deixar aquí un video de Cumbre Vieja!
Aprendendo nomes que non coñecía! Oxalá que os seguise iñorando, que non desen motivos de ser tan coñecidos!
Para as pessoas de bem, o mundo atual, é sem dúvida, uma enorme preocupação.
ResponderEliminar.
Saudação poética
.
Pensamentos e Devaneios Poéticos
.
Como sempre, xenial!
ResponderEliminarAlédame moito que poidas estrear ordenador, ainda así non permitas moita sumisión nas verbas, que dancen tamén ten a súa máxia, na súa medida xusta claro.
E, o que pasou e pasa na palma, igual que en moitos outros sitios debería servir para que reflexionemos, sitio temos moito pero temos que adueñarnos de todo ata do que non debemos e, facémolo moi mal ao meu pensar, hai cousas que buscamos nos mesmos non temos xustificación posible. Ainda así non me alegro da situación da xente que está pasando por iso.
O importante é non lamentar mortes, todo o demais ten cura.
Apertas e grazas por compartir os teus momentos con nós.😘
Boa tarde, Bea!
ResponderEliminarÉ verdade. As catástrofes quando ocorrem, não pensam na gente. Acontecem e pronto. Sempre houve tragédias e destruições no planeta, mas nem assim aprendemos: continuamos arriscando. E o inferno está sempre de portas abertas pra receber os insensatos.
Adorei o texto e a reflexão. Obrigada pela partilha.
Bjs, Marli
Blog da Marli
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarChegou a estação do ano mais agradável em Macau.
ResponderEliminarBjs, bfds
Desde nuestro sofá las imágees de La Palma son preciosas, y siempre me recuerdan la fuerza de la naturaleza, su empuje.
ResponderEliminarUna entrada de otoño bastante dura. Un abrazo
Este otoño llega con el humo y la ceniza del volcán Cumbre vieja, que, aunque para el ser humano es un acontecimiento trágico y desolador, sobre todo para los habitantes de esa ladera volcánica, la naturaleza sólo hace lo que siempre hizo y reclama su espacio y demuestra su universal fuerza. Es muy trágico ver esas familias destrozadas. Pero no es menos cierto que hay lugares muy expuestos a estos fenómenos naturales y vivir en ellos es asumir riesgos muy elevados.
ResponderEliminarLa fuerza de la naturaleza es tan mágica y enigmática como potencialmente devastadora.
Un abrazo.
Me gusta leerte y perderme en tus letras un abrazo desde el mar
ResponderEliminarOlá, Beatriz!
ResponderEliminarÉ uma triste realidade infelizmente...nunca imaginei que pudesse acontecer tal tragédia. Mas infelizmente, aconteceu.
O Outono, foi infelizmente um mau prenúncio para as Canárias...
Gostei muito deste poema.
Bom fim de semana!
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
De veras, Beatriz, yo jamás me iría a vivir a un lugar cercano a un volcán. Eso es desafiar a la muerte. Y también a Dios. Pero la imprudencia humana no tiene límites. Me encantó lo que cuentas de ese paisaje de paz que disfrutas después de tu buen desayuno. Te felicito por vivir en el campo. Debe ser un placer. Te dejo mi abrazo.
ResponderEliminarMe gustan los volcanes pero verlos desde lejos Un saludo bella mujer
ResponderEliminarEse sosego de fóra sempre espertou admiraciòn en min. Quixera telo dentro. De feito, é a maior das miñas aspiracións.
ResponderEliminarOlá, Beatriz!
ResponderEliminarPassando por aqui, relendo este texto muito interessante, e desejar uma boa noite e bom descanso.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com