Como houbo xente que me preguntóu cómo se facía o doce de cenoura, e ainda que nun post ben antigo, do 2009 eu deixara unha receita (tamén en inglés), vin que perdera as fotos e por iso vou deixar aquí esa receita.
Ingredintes.
3-4 cenouras grandes, mellor se son de horta.
Un paquete de coco relado
Bolos de leite, mellor se son artesáns, de pastalería.
2-3 (ou nada) de coulleradas de zucre.
Auga de cocción das cenouras.
Molde tipo bol de pudding.
Preparación:
Cocer as cenouras ca pel, mellor ao vapor. Reservar a auga.
Pelalas unha vez que enfríen e poñelas nun vaso para trituralas xunto co zucre (eu non lle poño) e unhas culleradas de auga de cocción.
Engadir menos da metade da bolsa de coco, como tres culleradas grandes. Mexer todo ca espátula.
Forramos un molde con rebanadas de bolo de leite. Eu poño a primeira capa toda aproveitando a parte mais vistosa do bolo que é a que vai ser o exterior do doce.
As capas do medio do bolo van polo medio e as do fondo do bolo, poden cerrar a base do pastel.
Vou alternando capa de recheo con capas de bolo.
Ao terminar, presionar moito, poñer unha tapa ou prato e sobre éste un peso. Eu poño unha pesa de dous quilos e meter no frigorífico de dous a tres días. Logo desmoldear e se se quere decorar con coco ou deixar tal cal, estará igual de bó.