www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Volta ao cotián!




Xel de alóe vera en cubiños conxelados



Xa sentía a necesidade de voltar ó espíritu do meu blog. Ultimamente, deixeime levar polas viaxes para ter algo novo que contar. Mentras releo os posts de anos anteriores, pois empecei a escribilo no 2009, sinto nostalxia daquelas lerias que contaban o meu día a día. Entremedias, algúns poemas afloraban de vez en cando e as fotos que ilustraban aquelas páxinas perdéronse sen posibilidade de recuperación. Agora estou reordeando todo para imprimilo. Eu son unha teimosa do papel. As fotos que non estan  sobre él, poden perderse a mais mínima equivocación nun deses arrebatos por valeirar os aparellos que as conteñen.
O inverno é a época na que  a casa cobra protagonismo. Cun bo lume e infusións quentiñas, pero xa sen torta imperial, por mor dos dentes en decadencia.... agradécese ter unha pantalla na que ir deixando os pensamentos que non se poden comunicar doutro xeito, por exemplo, falando. Falar aquí é un seguro de ser escoitado nalgures, alen mares incluso!
Teño tamén nostalxia dos meus comentadores e comentadoras que foron desaparecendo e que me teñen deixado palabras de agarimo, de recoñecemento....
Xa sabemos que os blogs se alimentan de comentarios e ademais é unha laboura colaborativa: ti dasme e eu douche! Está ben devolver o favor, ou a xentileza, diría eu.
Pois hoxe deume por voltar a licuadora que estaba aparcada nun rincón. Cántos zumes para o meu fillo e para min naqueles anos rianxeiros, nun ático con vistas ao mar! Empezabamos o día cunhos bos vasos de zumes de froitas variadas. Logo, cando él voou, xa non me tivo sentido facer un zume para min soia co artiluxio que requería sempre ser ben lavado despois de cada uso.
Así que, hoxe, quixen voltar a aquela costume saudable e preparei ún con piña, mazá das miñas árbores e aloe vera que gardo en cubiños no conxelador. Foi un baño vital que me percorreu o dixestivo, algo alterado ultimamente por abusos de chile e outros picantes da que son moi devota!
Mentras transcorre a mañá, e fora, o día non chama a paseo, fago un alto no traballo de revisar o blog para poñelo en seguro, ainda que non de moi boa gana por ter que estar sentada mais do debido pero que me impuxen como tarefa para ir entretendo os meus días.
E como se aproxima a hora de facer o xantar, vou rematando. "Ten cada cousa o seu tempo ....." dicía Manuel María.


12 comentarios:

  1. Ola, Bea!. Fermosa nostalxia esa, na que un estrana o cotián, ha de ser porque este paga a pena e enche a vida dun. Alégrome. Falar non é doado aí, nesas aldeas inzadas de casas pechadas e palleiras baleiras. As redes son unha opción, se cadra, mellor que queda.

    Ese zume debía estar moi bo, das mazás da aldea xa o perfume anuncia como será o sabor, intenso. Segue a escribir, entrarei sempre que poida a ler. E agradezo que conserves este blog. Apertas, Bea.

    ResponderEliminar
  2. He disfrutado mucho con tu relato, a mi me parecía estar oyendote hablar, con la mayor sinceridad, de los recuerdos y las cosas pequeñas pero que son tan importantes en nuestra vida. Me encanta tu escritura en gallego y tengo claro que si entiendo tan bien lo que escribes es porque lo veo impreso, seguro que no pasaría
    lo mismo si te oyera.

    Si es cierta la información que yo tengo, las fotografías que realizamos en formato digital se degradan y terminan
    desapareciendo. Todo lo que nos interese conservar, hay que reproducirlo en papel.

    ¡resulta que estás tan a la última moda de la tecnología que envias comentarios desde tu móvil a mi blog, eres genial! Yo no sé cómo se hace. Te lo agradezco pero podías haberlo dejado para otro momento...si es -como dices- te ha metido en dificultades aunque yo sospecho que estabas entrenándote. Eres muy moderna.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Bea non hay como o cotiån el sinxelo. Como tes nostalxia e eu tamen pois escriboche con agarimo.Tiven desaparecida un ano que non foi doado,unha boa zoupada deixoume malferida e empedida das días Mans que rompin. Paséis por la tía casa o 18 de agosto e non estabas, outra vez a de ser. Unha aperta Bea.

    ResponderEliminar
  4. ¡Ola Bea!

    E unha boa costume esa de empezar o día con un bo vaso de zume. Eu fago en verán, agora no inverno non me atrae, oprime iro que fago o saír da cama e chegar a cociña e preparar o meu café tomalo con leite ben quentiño para espabilarme.
    Tes razón isto dos blogs foi un invento que merece un monumento quen o inventou, e algo maravilloso para moitísima xente, pero sobre todo para as persoas que vivimos soas e un medio de comunicación fantástico, un non se sente solo.
    Ben, pois tamén me parece unha boa cousa, iso de poñer en papel todo o que escribes. Eu tamén intento facer algo así, pero son tantos post desde 2007, que colguei o primeiro... que sen unha axuda de ninguén, non sei se vivirei para contalo. E sento pena, porque o día que falte, non creo que ninguén atenda o blog e acabara por desaparecer todo.
    Sabes Bea, encantoume todo este precioso texto, pasei un anaquiño de tarde encantada con a lectura de todo, da gusto lerte.
    Ben pois ata outro momento, reina. Con a miña gratitude es grande estima.
    Unha aperta grande e agarimosa. Se moi moi feliz.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  6. Ola Bea, bos días fríos e chuviosos, pero e seu tempo e temos que ter calma, pois non serve de nada desesperar.
    Ben pois paso para agradecer a túa pegada no meu blog que e para min moi importante, e tamén deilles un repaso o teu precioso testo que en un regalo para os sentidos.
    E verdade que a casa cobra protagonismo, eu con a calefacción sen-tome ben, pero ese bo lume!... E as infusións quentiñas, sinto envexa san e tamén morriña, pois eu tamén o tiven lume moito tempo e que bo era, o que chegara tarde sempre tiña a comida quente.

    Un abrazo apertado e pasa un

    ResponderEliminar
  7. Retifico... Texto, e pasa un alegre día.

    ResponderEliminar
  8. Hola, Bea!

    Tu texto está uma delícia.

    Acabaram, por ahora, as viagens, e sentiste necessidade de voltar-te para a tua casa, tu beu blog y amigos comentadores. Muy bién!

    Entonces, bon jantar.

    Besitos y dias menos frios.

    ResponderEliminar
  9. Bea. Me encantó mucho leer este artículo. Es muy emotivo y la verdad que espero que estás cosas no lleguemos a perderlas. Por que son magníficos viajes que cuestan su trabajo.

    En casa siempre se está bien en invierno con chimenea e infusiones calientes sentada en un cómodo sofá, unos calcetines gruesos con pelo borreguito.
    Hacerse una taza caliente de chocolate negro sin azúcar.
    Que tengas un agradable resto de la semana y disfrutes mucho de las cosas buenas que tiene la vida.

    Un abrazo muy grande. Cuidate !!

    ResponderEliminar
  10. Ola Bea, asomo un momento a túa véntana para darche os bos día porque están de soliño que pega na niña porta e isto da vida e ganas de falar coa xente a que queremos, e a que nos quere.
    unha aperta grande e dous bicos.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.