www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 29 de maio de 2016

SURFING CORUÑA

Viaxar é sempre unha experiencia. Non importa se a viaxe é mais longa ou mais curta. E, sobre todo, usando transporte público, da a oportunidade de interactuar con outra xente, de observar e pode que ata de relacionarse.
Collín o autobús ás nove da mañá. Era un luns e a esa hora moitos estudantes retornaban aos seus estudos. Senteime no asento de diante, xusto detrás do conductor. Enfrente ía un xaponés mais o menos da miña idade. Souben que era xaponés e non chinés ou coreano porque na súa sahariana poñía: Soy japonés. Levaba á vista unha cámara grande e unha botella de auga da que bebía de cando en vez. Eu tamén levaba auga pero non cámara. Dormitaba case todo o tempo e eu, así, podía observalo sen que se decatara. Qué boa oportunidade para practicar o meu xaponés. Pouco podería dicirlle. Todo mais, bos días.....Si, podería dicirlle, disculpe, bos dias...(sumimasen, ohayo gozaimasu) (すみません、おはよ ございます)  e ahí acabaría a miña conversa seguramente porque como pensase que eu podía seguirlle a corriente en xaponés, sí que ía verme en apuros. Ao chegar a Coruña, apeámonos do autobús e recolleu a súa mochila. Seguramente  iría percorrela un pouco mais de vagar.
Co tempo contado, atravesei rúas principais e descubrín atallos que me levaron a sitios polos que non tiña pasado antes e detívenme ante cousas que me chamaron a atención, como unha pequena tenda de productos artesanais aberta o mesmo ano en que eu nacín, ou unha cafetería que tiña todos os rótulos en galego e unha decoración a base de pallets pintados de branco. Entrei tomar un café porque o sitio estaba animado a aquela hora, e quedei moi sorprendida tamén coa decoración do baño. Non faltaba detalle!
A grandes zancadas, pero sen perderme nada, atravesei a cidade de lado a lado en busca dunha exposición dun pintor amigo e como non abría ata as doce, xustifiquei o meu "surfing" entrando nunha tenda de productos ao granel onde merquei xenxibre confitado, dáctiles de Israel e kinoa.....
Pero o que mais me chamou a atención foi atopar tanta xente sen teito, durmindo na rúa, coa súa manta, espertando dun sono dubidoso, sostendo unha taza que non sei se contiña un café quente, rodeados de enseres minúsculos e facilmente transportables onde non faltaba un tarro con flores. Aquela panorámica repetíase  ao longo do meu percorrido deixándome totalmente conxelada e sentíndome incapaz ante a miseria dos demais. Hoxe, ollando xornais en Internet, atopei unha daquelas imaxes, ilustrando un texto que falaba de que España ocupa o undécimo lugar no índice de pobreza, non sei se de toda Europa. Gardei a foto para incluíla aquí, xa que nin por un momento se me pasou pola mente facer unha dos meus conveciños de Coruña.
E todo o demais, xa non ten importancia.

6 comentarios:

  1. ¡Ola Bea!!!

    E unha entrada para unha importante reflexión, as veces quixamonos... Sen ter razón. Deixo aquí esta conversa. Paso a noite para seguir. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Ben amiga, sigo comentando esta bonita entrada. Así que fíxeche unha excursión a Coruña,xa me gustaría acompañarte de seguro o pasábamos ben. Entráñame que no fixeches boas migas con o xaponés... Ti que es unha persoa aberta a todo o que se poña por diante"pero vale, o non manexar ben o idioma... Non e sinxelo o xaponés, pero ben sei que ti sabes varios idiomas.

    Sabes, e ben triste o que comentas dos sen teito, uns téñeno todo e outros non teñen nada, esta todo mal repartido,hai tanto corrupto asqueroso que dan náuseas, nada lle chega so fan amasar cartos para o seu bolsillo, e outros pasando mil calamidades e morrendo de fame e de frío. A verdade e que estremece a alma sentindo unha feroz impotencia.

    Ben, pois e un pracer pasar por a túa casa, ouvira pasado antes pero non me encontro moi ben, estou cansa ando facendo unhas probas, vamos a ver que pasa.

    Un abrazo grande e toda a miña estima.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  3. Hola Bea.

    Un buen ejemplo de como va el mundo de hoy. Estas imagines las vemos todos los días. Mayormente en las grandes ciudades y países desarrollados, como Madrid, Barcelona, EEUU, Japón... etc.

    un abrazo.

    ResponderEliminar
  4. hola, Bea,

    Qdo viajamos nos transportes públicos, podemos nos aperceber do semblante das pessoas, da sua rotina e até se são ou no felices.

    infelizmente, por cua si toda a Europa há gente dormindo nas ruas y mucho mas hombres k mujeres.
    são os sinais dos tempos modernos, creo y alguns no querem sair da rua, mesmo k instituições lhes ofereçam um teto.

    A imagem es bién reveladora. Besos.

    ResponderEliminar
  5. Hola, Bea...

    Obrigada por tu visita y comentário.
    Interpretaste, corretamente, mis palabras no poema, isso miesmo - poesia sensual y erótica, é o k sei escrever, satisfatoriamente, pondo, mano a mano, hombre y mujer, pero sin ser vulgar ni banal.

    Besitos y dias felices.

    ResponderEliminar
  6. Hola, Bea...

    Passando por tu blog para saber como estas e mirar se tinhas ou no nueva entrada, Esperarei, decierto.

    Besitos y una buena semana.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.