www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 20 de marzo de 2015

ECLIPSE









Brétema costeira envolve
as lindes rianxeiras.
Camiño na praia da Torre.
As pegadas identifícanme.
Deixan círculos na area húmida.
Un can, como Noa, corretea
perto da súa dona.
A praia viu medrar o meu fillo.
Crieino soa.
Daquela era industria.
Agora turismo.
Mañá...?
Mariscadores na marea baixa.
Despois pleamar desmesurada.
Por mor da eclipse.
Síntome ben neste lugar.
Vou lendo fragmentos
dos poetas rianxeiros.
No paseo están os versos
medio deteriorados.
Alguén quixo aniquilalos.
A cultura ten aristas
que mancan a certos transeuntes.
Pode agonizar pero non morre.
A eclipse é culpable da bruma.
Notaba algo raro neso ata
que me decatei. Presentía.
Disfroitei esta mañá
lentamente.




3 comentarios:

  1. Estupendos los azulejos
    Por este hemisferio no gozamos esa vista

    Carilos

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola Bea!!!

    E todo un poema o que nos entregas, gústame moito como escribes e describe a paisaxe a hora do eclipse, camiño praia da Torre. Seguro que e un lugar xeitoso para inspirarse.

    Vexo que andas por Rianxo!... Por a terriña que viu nacer e crecer o teu fillo e agora a túa netiña. Síntome leda porque goces deses lares xunto os teus seres queridos, ata podías pasar por Pontevedra, e pasares aquí un días...

    Ben, pois miraches o eclipse paseando a praia e ollando a os Poetas de Rianxo, que si e verdade estarán sempre entre transeúntes, porque viven nas súas letras que deixaron escritas, para seren admirados e recordados. Cousa que non todos podemos facer.

    E un pracer ler as túas letras. Un abrazo grande e toda a mi estima.

    Feliz domingo.

    ResponderEliminar
  3. Estimada Bea:
    Te dejo estos sentires:
    Busquemos algo positivo en cada día.
    Incluso si algunos días tenemos que buscar más arduamente que otros.
    Buena Semana !!!!!
    Cariños

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.