Fonte do Eo |
Pois hoxe, e moitos outros días de moitos outros anos, cando paso por ao pé destes regatos que baixan rápidos da montaña e fan un ruído moi especial que cambia en cada tramo asegún con que obxectos se atope ou polo desnivel do terreo. Eo vou escoitando esta música que só podo disfroitar nesta época do ano, e so por eso, xa valería a pena ter inverno, e sinto a necesidade de recoller ese son e gardalo para escoitalo logo ou para que outros o escoiten. Pero todo o que conseguín foi facer unha soa foto medianamente representativa porque a min a tecnoloxía chegóume tarde, pero ainda o intentarei co video do móbil mañá ou pasado, antes, eso sí, de que o son desapareza e o cuco poña a súa propia música nas carballeiras.
E como que as montañas se escurrisen e se puxeran a secar ao primeiro sol da primavera. Toda esa auga vai con presa, con velocidade do diaño para xuntarse con outra que tamén verte ao río e logo ao mar e logo ao ceo e así este ciclo pechado que se repite e repite mentras o planeta dure. É como se todo fose un traballo organizado en equipo para que a vida flúa e se perpetúe. Sabia natureza, na que os mais analfabetos somos os humanos!. Non me estrañaría nada que nos invadisen os alieníxenas e nos fixeran auga pasada porque a verdade é que a pesares de tantas cousas boas que sabemos facer, tamén facemos outras moi malas, pero bueno, xa todo se encargará de que as cousas vaian por onde teñen que ir.
Eu, de momento, quédome con ese son que comparo ao das fontes dos xardíns árabes, como o Xeneralife, e que deleitaba aos que alí moraban e que por algo o poñerían, quizá porque disfroitaban da beleza das cousas mais sinxelas.
Regato entre prados |
LLoremos cada pérdida....aunque sea inmensa.
ResponderEliminarCelebremos cada logro...aunque sea pequeño!!!!!!!!!!!!
Buen día Mujeres del Mundo!!!!!!!!!
Abu
¡Ola miña querida amiga!!!
ResponderEliminarBonitas fotos que invitan a facer un recorrido por esas paraxes; déixasnos un precioso texto que nos fala da natureza viva e xenerosa, que a pesar de ser moitas veces maltratada, ela e sabia e sempre nos sorprende e agarima con a súa beleza en cada recuncho, en cada esquina do seu ser con a salvia rica, da cal nos da vida e nos alimenta.
Hoxe tamén mi fíxeche rir un pouco co nome da fonte... Contado por ti ten a gracia do mundo.
Ben bea, déixote por hoxe e volta-rei si deus quere, estou un chisco pa-chucha dunha cadeira que me doe a rabiar. debe ser con as néboas que aí aquí en Pontevedra. Case non podo sentarme!...
Un abraciño e gracias por a túa visita.