www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 3 de abril de 2010

PALAS DE REI - BOENTE ( 5ª etapa)








Por fin un día de primavera con canto de cuco incluído por este Camiño que hoxe nos levaba a través de charcas con suposta "pond life", aínda que as rás nin as oín nin as vin pero presentías.
Case vinte quilómetros que nos chegaron ben a algúns. Outros ata fixeron cinco de propina ao voltar dende Boente a Melide, onde xantamos.
Había feira na vila. A min non me fixo falla entrar nela para mercar cebolo xa que o merquei na propia horta. Así, de horta a horta, tiro porque se acorta!!!!
E xa o plantei!
O Camiño tamén era camiño esta vez e transcurría por lugares afastados do asfalto, con moitas árbores xa case todas en flor e outras empezando a vestirse de primavera. As aldeas polas que pasabamos deixaban ver as súas casas ben parecidas, algunhas rústicas e outras mais modernas, con moitos detalles curiosos que observar. Eu fixeime hoxe nos porches. Todos eles sombríos e un tanto escuros. Non me gustaría ter ún. Son lugares nos que vai frio, vento.... Vin como nun tiñan colocados unhos enormes estores transparentes de plástico, que facían as veces de cristal pero mais versátiles ao poder subilos e baixalos facilmente. Qué haberá por inventar???
Solucións para todo!
Camiñéi case sempre sola. Foi unha autocura, xa que empecei a mañá en malas condicións de saúde pero fun mellorando á medida que o camiño se andaba, e despois do café irlandés que me inventei con whisky e xelado de nata... xa non había rastro de como me sentira. Rematamos a xornada cun xantar abundante e gustoso nun restaurante de Melide.
Camiñar sola serve á meditación, a poder escoitar os sons da natureza, neste caso o do cuco foime moi saudabel xa que apenas o sinto outros anos. Tamén os regatos que discurren polo camiño, con paso rápido, facendo o Camiño ao revés, deixan esa música fina, alegre, cantareira que agasalla o oído.
Cansada pero contenta.
O importante non é a meta, senón o camiño.

3 comentarios:

  1. Bea, esta e outra etapa precisa: Da verdadeiro gusto lerte, ver as paisaxes que ti plasmas, describes de maneira moi clara aquí en este recuncho precioso. ¿Sabes que es ti unha aventureira- camiñando soa, por ese camiños escuros? Cantas cousiñas levas dentro de ti, con esa experiencia vivida no camiño de Santiago. Biquiños moitos.

    ResponderEliminar
  2. Volto hacia atrás, facendo o camiño ao revés, para ler os teus amables comentarios que me fan rebulir de ledicia.
    Gracias, AMIGA, por ter a pacencia de acompañarme.

    ResponderEliminar
  3. Oes Bea: De paciencia a túa -menos mal- que baixar dous pisos abaixo, e más fácil que subilos. E- unha monadiña... ler todo o que escribes. Biquiños moitos. Se feliz.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.