www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 19 de xullo de 2026

FUNDACIÓN VAC-AN

Cando as imaxes falan por sí mesmas, non é necesario moito máis. Pero contarei a experencia da miña visita a este local creado á medida para gardar a memoria dun pintor lucense: José Vázquez Cereijo, sobriño do poeta Luís Pimentel.

Era un venres e quedara con Anne Nikitik na Rúa do Prado, 27, A Milagrosa, Lugo, para que me ensinara este lugar adicado á custodia da obra do seu falecido home, José Vázquez Cereijo.

Primeiro direi como coñecin a Ann. Ela ocupou o meu posto de profesora de inglés no CEIP de Baleira cando eu pasei á xubilación. Sorprendeume que sendo escocesa, de ascendencia bielorusa, se fixera profesora mediante oposición e conseguise un posto nesta escola rural na que pasou varios anos. O seu galego é moito mellor co meu e o seu estilo como ensinante, lémbrame sempre ás profesoras inglesas que eu coñecín nos meus cursos en Inglaterra e Irlanda, ou nos de perfecionamento aquí en Galiza.

Moi creativa e multifacética, sempre deu o mellor de sí para conseguir que o alumnado tomara en serio a lingua estranxeira, a través do teatro, a música, xogos...

Ela coñecera ao noso pintor en Madrid. De feito deulle aulas de inglés cando él vivía tamén en Madrid.

De aí saíu unha relación que os levaría a ser parella e logo de viaxar por moitos sitios decidiron asentarse en Lugo na casa da Praza Maior que todos coñecemos como a casa de Luís Pimentel.

Cando él falecéu, Ann quedóu con toda a súa obra e sen saber qué facer con ela. Pedíu asesoramento mesmo ao escultor Paco Pestana e foi editando folletos para dibulgala pero aspiraba a moito máis. A algo que só o seu tesón, vontade e esforzo a levaría a mercar dous locais no bairro da Milagrosa para facer un museu privado do pintor, con todas as súas obras, recordos, coleccións... e conseguíuno. Cóntame que tivo moita axuda para o seu proxecto, aínda sen terminar, pois vai ser ampliado e reformado e ela non vai parar ata conseguir que todas as cousas que hoxe se atopan archivadas, estén expostas como se merecen. 

Os meus parabéns e que alguén que puxo tanto amor e empeño no que foi sempre o seu soño, teña a visibilidade que se merece, tanto a obra do pintor como o traballo de Ann Nikitik por conservala. 








Esta foto foi tomada durante a miña visita neste pequeno recibidor no que xa teñen lugar os DIÁLOGOS VAC-AN recollidos en vídeos  https://you.be/O1CDaR7jYiY


1 comentario:

  1. Amiga Beatriz,
    Cualquier centro cultural que preserve la historia y a sus autores siempre es bienvenido.
    Hoy, gracias a los avances tecnológicos, podemos visitar lugares como estos sin siquiera salir de casa, y ese es el verdadero valor de la tecnología de la información.
    Que tengas una buena semana.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.