www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 27 de agosto de 2022

NEW STYLE



Invádenos o millo. Onde antes estaba a herba, agora está a millo. O camiño semella unha pasarela con muros verdes a cada lado. E pola pasarela vou vendo as modelos que amosan con fachenda os seus penteados de diferentes estilos e con moito corido e formas variadas.

Son as bonecas da miña infancia. Da nosa infancia. Porque non era so eu quen xogaba con estas garridas loiras e morenas cando eramos nenas. Daquela non había outras bonecas e abofé que istas substituían con fartura ás outras das que adoeciamos porque non había cartos para mercalas. So as fillas da xente rica de daquela podían permitirse o luxo de ter bonecas de verdade.

Chamóume a atención a gama de cores tan variados que teñen as de agora. Daquela so había a rubia e a morena. Era millo do país, non transxénico, se é isto o que pode influir no corido do pelo. Quedei fascinada e volvín sentirme nena e xoguei a facerlles algún penteado como as clásicas restras ou coletas.

Unha vez na casa, mesmo pensei en volver por alí e poñerlles outros complementos como sombreiros, capas de tul, lazos vistosos...Se algúen me vira, estaría xustificado que me considerase como algo tola.
Pero é que a nenez vai connosco o resto da vida. Salta en calquer intre e desfruta igual ou aínda mais, porque o que daquela era unha necesidade, agora é un antollo.

Mesmo pensei en artellar un paseo para que outra xente puidera sentir ese pracer de facer realidade os soños de ser perruqueiras e deixar as bonecas todas penteadas de diferentes estilos, sen arrincalas da planta. Eu, o que facía daquela era collelas da leira dos veciños e agochalas xunto ao palleiro para xogar con elas as agachadas sen que me visen meus pais e me rifasen pola desfeita que causaba.

Deixo a cada quen o deleite de buscarlles semellanzas con Marilyn Monroe ou con outras celebrities das que non sei os nomes pero tamén de mulleres que, coma nós, pasean entre o millo. 



 










As melenas da infancia
son agora reais.
Eu soñaba con elas,
soñaba con telas.
De cores variadas,
mil formas penteadas.
Eran as modelos
de pasarelas
inventadas.
Aínda me emocionan.
Sego sendo aquela nena
que xogaba con elas,
ás agachadas.
Á falla de bonecas
elas facían o efecto,
so que eran roubadas
do millo dos veciños.
Xunto cos contos
extraídos do chocolate,
foron os meus segredos,
a fantasía agochada

19 comentarios:

  1. Fermoso relato escrito con moi bo xeito como tí sempre fas.
    Fermosas modelos que tés, verdade que tés onde escoller. A min gústanme todas, sigue así, si quedares por tola, eu pido máis tolas neste vida que estamos a vivir...
    Apertiña fonda, Bea querida!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea!

    É bo non deixar que a nena interior que levamos marche, ilusionarse e emocionarse con pequenas cousas, deixar voar a imaxinación, a creatividade, ter algo polo que sorrir cada día, e por que non, algo co que xogar. E xogar.

    Encántanme! Encántanme esas bonecas coas súas melenas peiteadas (daslle moito xeito), e quen sabe se lle sacarías a alguén máis un sorriso, uns bonitos recordos e á súa nena interior.

    Moi emocionante esta entrada!

    Iria

    ResponderEliminar
  4. Retornar a infancia, da mau de inmensas extensións de millo que antes non se vían e que amosan unha gran variedade de grao o cal da colorido a variopintas bonecas.
    Fermosa pasarela!

    ResponderEliminar
  5. Por ahí inda hai millo. Aquí xa é raro. As leiras quedan a monte. A barbuxa do millo sempre foi atraínte para xogar e a imaxinación facía o resto. Eu de pequena, trouxéranme os Reis unha boneca de cartón pintado. Pero éramos igual de felices ca agora, con tantas cousas. Bicos. Nucha

    ResponderEliminar
  6. Fotos e texto lindos de ver e ler. Gosto de ver os "cabelos" do milho..
    .
    Feliz domingo… abraço poético
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  7. Olá Beatriz.
    Linda história aqui nos trazes. Mas a vida não pára. Está em constante mutação. O milho é muito importante na nossa alimentação.
    Gostei de ler.
    Votos de um excelente domingo!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  8. Uma história muito interessante bem ilustrada pelas fotos.
    Abraço, saúde e bom domingo

    ResponderEliminar
  9. Olá, Beatriz, eu não conhecia estas histórias achei - as maravilhosas as invenções das menininhas em criarem bonequinhas de cabelos de milho, a de cabelos trançados e a de cabelos amarrados com uma flor em cima. Criança inventa sempre, os brinquedos aparecem de uma forma ou outra!
    Recordar é muito bom, é saudável!
    Parabéns pelo criativo texto.
    Deixo um beijo e votos de uma feliz semana.

    ResponderEliminar
  10. A necessidade aguça o engenho.
    Está aqui a prova.
    Boa semana

    ResponderEliminar
  11. Con imaginación, hay que ver la de opciones que da la panocha del maiz

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  12. Olá Beatriz.
    Passando por aqui, para desejar uma ótima semana, com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  13. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  14. Muito gostoso, Bea, voltar no tempo... ainda que por pouco tempo! E como deve ter sido rica e encantada a tua infância, pelo que nos contas! Belas fotos! Meu abraço, amiga; boa semana.

    ResponderEliminar
  15. ¡Qué preciosos colores de cabello tiene el maiz de estos tiempos, Beatriz.! Y claro, ¿a qué niña no le provoca hacer trenzas y peinados en esas cabelleras coloridas? Me ha encantado lo que narras, amiga, pero me entristece que no tuvieras una muñeca en tu niñez. Nosotras éramos pobres también, pero nunca me faltó una muñequita en navidad. Te dejo mi abrazo.

    ResponderEliminar
  16. Bea,
    Este passeio é tão bom que você tornou
    possível para nós
    através de sua publicação.
    Eu nem me lembrava que tive
    essa experiência na
    minha infância. Sou grato por me ajudar a
    abrir esta pequena gaveta da
    minha memória.
    Recentemente semeei alguns grãos de milho aqui na
    janela da minha sala, no tempo certo
    certa germinou e pude ver que surgiram espigas e depois os cabelos? Achei ótimo e generoso por parte da natureza, pois o solo no vaso não era apropriado.
    Bjins
    Catiaho
    Alc.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.