Cando vin agromar os chícharos e observar as súas ausencias, pensei que non ía ter colleita. Son muller de pouca fé! Aquela seca de comezos de primavera, e a xeada dunha noite, deixou todo arrasado. Voltei a sementar nos sitios onde non asomaban e incluso, pensando no mal que irían, votei mais noutro lugar para ter reposto, no caso de que aqueles non saísen. Pois andado o tempo, puiden ir vendo cómo os chícharos medraban ata acadar mais de meio metro de altura. Tíñalles posto unha rede suxeita a unhas estacas que saquei de vellas ventanas de madeira e ata lles quedaba ben!
Estes días non paro de colleitar chícharos fermosos e grandes que ademais saen todos limpos, sen bichos! Ao tempo que os debullo, na cociña, vexo un vídeo que me recomendaron sobre as formas do cosmos, da aspiral, dos deseños que se amosan na natureza, tanto en animais como en vexetais, fósiles, pedras etc. E un vídeo que vais mais alá da miña comprensión e que repasa filosofías antigas, relixións como o budismo ou o xudaísmo, descubrimentos científicos, a física cuántica a xeometría. Todo, todo está relacionado con todo, todo está en todo, todo é enerxía en constante vibración....
Cóstanos entender, porque nos afastamos de nós mesmos, que somos tamén enerxía, somos parte dese todo que conforma o universo. Perdemos a capacidade de sorprendernos co que nos rodea. Perdemos a mirada que traemos ó mundo cando nacemos e empezamos a descubrir o que hai perto de nós. Esa capacidade que teñen os bebés ata os tres anos de aprender dunha maneira increíble, da sua capacidade de concentración e captación do entorno, xa nonos acompaña, distraídos como estamos con outras cousas mais superficiales. Penso que me houbera gustado ter nacido nun deses sitios onde se practica o budismo, tal vez cos monxes do Tibet!
Nesta mañá de orballo silencioso, como diría o poeta amigo, deixeime aloumiñar pola presencia da natureza que me circunda e que nos trae a mensaxe escondida en formas, cores e diseños, a telaraña da conexión, a aspiral centrípeta que move o universo e se nos revela a cada paso. Só co silencio, ca introspección.... podemos acadar, a veces, o senso da nosa existencia en constante interación co todo do que formamos parte.
"Cuando al despuntar el día me pongo en camino para ir a mi nido de Wahlheim, y en el jardín de la casa donde me hospedo cojo yo mismo los guisantes, y me siento para quitarles las vainas al mismo tiempo que leo a Homero..." GOETHE (Las cuitas del joven Werther)
Que interesante entrada Bea, de xeito preto expós xusto a esencia do cosmos, a capacidade de relación entre a interelación do cotidián co todo, ca madeixa enmarañada e a sua vez universamente tecida e organizada.
ResponderEliminarQué importante a observación conscente e inconscente, poder achegarse a un mesmo ( non é doado ), acadar o que tán ben describes. Bicos.
Solín
Fermoso e ben escrito, dun xeito poético e moi sentido. Sacando da fondura interior, porque hai moita, con parágrafos moi emotivos que han lembrar a natureza humana a quen os lea. Heino compartir. Merece ser lido.
ResponderEliminarHay por ahí un no que no debí haber escrito, supongo que lo habrás entendido. Perdona. Siempre caigo en el mismo error, leo después de que está publicado.
ResponderEliminarHola, querida Bea!
ResponderEliminarQue texto tão filosófico e enérgico! Afinal, sin energia que somos nós e que pudemos nos hacer? Quase nada. O cosmos somos todos nós e nós fazemos todo girar, bién ou mal.
Creo que no entendeste mto bién mi postagem, dedicada a una blogueira, mto mi amiga, de 32 anos de idade, de nombre Helena, pero, carinhosamente, lhe chamávamos, Leninha, médica e que morreu no dia 10 deste mês, com un tumor maligno no cérebro.
A cantora do vídeo es Beyoncé, que estas bién de salud y continuando su vida particular y profissional.
Besitos e buena semana.
Mientras te leía, pura poesía en un guisante, he pensado que así debió nacer la idea de la Democracia. En una isla griega, divagando, sentados junto a un vaso de vino y un plato de aceitunas o de esos guisantes crudos y recién cogidos que tanto me gustan. Aún no estaba Goethe por aquí, pero no hubiera desentonado.
ResponderEliminarOlá, a colheita acabou por ser excelente, a natureza tem destas coisas, somos a energia do forte pensamento que causa motivação para alcançarmos objectivos.
ResponderEliminarAG