www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 22 de maio de 2017

O CAFÉ DAS ONCE

Unha mañá de pouco madrugue, co sol xa filtrándose polas xanelas ata facerme sentir culpable por estar tanto tempo na cama. Desperdiciar a mañá que convida a votarse fora con Noa e camiñar antes de que a calor lle saque a lingua de fora.... Dicía un refrán: quen se levanta tarde, nen oe misa nen come carne! Todo parece ir mais lento ou nos afanamos por recuperar ese tempo perdido, que non é tal, pero que semella. Os deberes do día: colar o purín de ortiga, facer unha empanada de polbo....Chego con certo retraso ó café das once, que muda para as doce pasadas. Cada vez utilizo cousas mais pequenas: do arcón conxelador, paso os caixóns do combo; da cafetera grande, paso a esta mínima que estaba aparcada e non sabía qué uso darlle. Agora é a miña favorita e ademais tomo o café mais quente. Tanto é así, que estou cavilando en habitar só unha estancia da casa na que teña todo á man! Será que nos imos preparando para cada vez menos espacio ata quedarnos só con nós? Así imaxino que é a vida ermitaña, como a de Man, que nin siquera utilizaba a roupa porque lle era suficiente con un mínimo taparabos! Non sentía frío!
Mentras se cociña a empanada probo a entrar no meu blog. Imposible. Dende hai unhois días teño que buscalo con lupa por internet adiante e a maior parte das veces sen resultados. Xa non é o que era! Acabouse o doado. Agora hai que entrar nos entremados da rede esta que me tolea, ás veces e que me fai traballar as neuronas, (algo debe ter de positivo) ata deixarme exhausta! Agora toca por en funcionamento a nova fumigadora para votar o purín de estrugas ás plantas. Pero antes, xa repasei tódalas patacas que tiñan escarabellos e xa puxeran os oviños laranxa que destruín con minuciosidade ata que non quedara folla sen repasar. Esto é o cultivo ecolóxico? Pois imaxino unha leira de ferrados con esta técnica de destruir plagas sen contaminar o meio ambiente! Traballo de xente que non ten mais qué facer! E por se fora pouco, o ataque das xeadas que as deixóu secas e agora recuperándose e co escarabello enriba..... e patacas francesas de selección, supostamente estupendas e caras!!!! Para mais, tamén as cebolas sairon "rana" guirilan antes de se criar! E eu, vendo qué se pode facer con eses xermolos tan lozanos que rematan en cofia! Non será ano de cebolas para mín! Case é para desanimarse de ter unha horta! Demasiadas plagas! As alcachofas con pulgón negro que parece que aniñou a noite nelas! As cenorias non saen por mais que insisto! Algo haberá que vaia ben!


Cando menos, a empanada ten boa pinta e ainda non acabou de facerse. E xa vai sendo hora do xantar pero antes haberá que sair a camiñar para que a mente se distraiga de tantos atrancos que me saen ó paso. Só cando estou na natureza, logro que as cousas encaixen  e se libere a mente para deixar espazo a novas ideas que son mais acertadas. Un bo solucionario de problemas! O pensamento zen, digo eu! Igual que librar espazos nas casas, que están ocupando inutilmente e qué difícil resulta desprenderse de todo ese lixo! Algo hai, que xa forma parte da nosa existencia e que desprenderse é como quitarnos un trozo de nós mesmos! Pero hai que facelo, deixar sitio para que se renove ese andamiaxe que nos sostén a base de lembranzas. Demasiado pasado pesándonos enriba!

8 comentarios:

  1. Ola Bea!!.. Hoxe deixas un relato moi filosófico, vivir con menos en menos espazo, ata quedar un só consigo mesmo. A soidade é boa cando se busca, distinta da que chega por sorpresa. Todos necesitamos de momentos así, sós, cos nosos pensamentos, a nosa música, un libro......e cada ano que pase vivindo con menos, eliminando o que sobra, só co importante. Grazas polo post!. Sempre é un pracer lerte. Apertas!

    ResponderEliminar
  2. A empada tem ótimo aspeto. Não percebo porque tem tantos problemas com o blogue.
    Vejo que já recuperou as fotos o que já é muito bom.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  3. Moi bonita entrada Bea,e verdade que o campo e a sementa e unha loita diaria, entre herbas e plagas, se non botas algo non se recolle colleita algunha, e non hai como o que un sementa.

    Tamén e certo que a medida que van pasando os anos, necesitamos menos cousas e vámonos desfacéndonos de roupas entre outras cousas.

    Paro aquí, que teño que saír. xa pasarei para acabar de comentar. un bico.

    ResponderEliminar
  4. Moi bo post Bea!!! O pasado e as lembranzas xunguennos nun tecido dobre, do que non é nada sinxelo desfacerse. Por unha parte o atranco mental, rumeando de cote as vivenzas e recordos mais personais e íntimos, coma se fose un engranaxe con eslabons nos miolos, e por outra a que parece unha necesidade de manter e gardar a maior parte dos obxetos vencellados o pasado, aos que nos agarramos de xeito irrazoable, semellando embusteiro o " lixeiro de equipaxe" que Serrat e D. Antonio Machado tán ben loaron.

    Bea deixeiche un comentario o teu post das loureiras, no que refería algunhas prantas ou pequenas árbores que me parecian axeitadas pra cercar a tua horta.

    Bicos.

    Solín Fernández

    ResponderEliminar
  5. Me has hecho recordar las plagas de Egipto aunque no ha llegado la sangre al río, veo que el trabajo de la huerta ecoloógica da muchísimas preocupaciones y trabajos- Lo siento por tí pero, cuando conssigas comerte esas ricas alcachofas y las estupendas zanahorias sentirás, seguro, una satisfacción que te hará olvidar todos los sinsabores.

    No hay que exagerar, tampoco es tan mslo levantarse tarde, de vez en cuando. A mi cada vez me gusta más la cama y cuando me despierto, salgo al baño, me tomo la pastillita del tiroides y si puedo, me vuelvo a fantansear entre las sábanas, otra media hora. Te aseguro que es la mejor manera de empezar el día. ¡Qué rica esta esa ración de pereza, me sabe a gloria! He tenido que madrugar tanto y durante tantos años que ahaora, si puedo, me cobro los madrugones. Cuando más me enfadaba era cuando adelantaban las dos horas. ¡Las veces que me habré acordado de los ministros y de todos los gobiernos en pleno! Es que las siete de la mañana, eran las cinco por la hora solar y el cuerpo se resiente, en fin, corramos un tupido velo...

    Hay una gran sabiduría en el budismo. Es una hermosa manera de enfrentarse a la vida. Tienes la gran suerte de vivir en plena naturaleza, eres muy afortunada.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  6. Ben pois xa estou aquí de novo, e como ía dicindo en principio, traballar a terra e moi duro, seino por experiencia propia, pero tamén o que se recolle ten outro saboriño totalmente deferente o que se compra, e ademais todo chega a nos contaminado, non alimenta e provoca enfermidades, e aparte tamén un cento de doenzas, así estamos...

    ¡Bea, pensei que era eu soa a que a que lle gusta a cama pola maña! Sobre todo de inverno, agora coa calor xa madrugo un pouco mais.
    E tamén e verdade que rende un pouco mais a maña para faenar.

    Referente o que necesitamos menos cousas, a medida que o os anos pasan, e unha verdade coma unha casa, pero iso e aplicable por exemplo para min! Que xa son moi maior: e si vou alixeirando a mochila para cañar livián, vou deixando vou deixando xa non necesito o que aí uns anos para acá.

    Ti por agora aínda non.
    Mais e bo oe san, facer limpeza de queixóns armarios e sobre todo, de mente: tirar todo aquilo que non nos sirve, en todos os sentido para que vaian entrando cousas novas.

    Esa empanada... Pena de non estar mais cerca...
    Ben filla, desexo que tiveras un bo proveito, senón madrugaras seguriño que o tiñas ben merecido.

    Boas noites reíña. Gracias por a túa pisada na miña horta. Unha aperta, todo o meu aprecio e cariño.

    Se moi feliz.



    ResponderEliminar
  7. Boa tarde, o texto é muito bom, mostra na perfeição que não necessitamos do que não nos faz falta, ficar na cama até tarde não é para mim, prefiro acordar muito cedo e aproveitar toda a manha, vai influenciar no menos consumo.
    AG

    ResponderEliminar
  8. Agora Bea gosto de facer meu parecer sober outra a horta, o ecolóxico e as trancas pra sacala adiante, que por certo espoñes de xeito moi acertado. Os que na nosa horta queremos que os produtos que cheguen a mesa non sexan tratados con sustancias quimicas que perxudiquen a saude e o medio, percuramos algunhas alternativas, como o purín de estrugas, xabón de potasa, aceite de neem, dedetes ( estrumar os pulgons cos dediños) e outras moitas, ca finalidade de xantar froitos saudabres e boisimos, a mín venseme a mente un tomate vermello con unha pizquiña de sal e un chorrín de aceite virxe extra, ou unha leituga ou unhas xudías terniñas, por dicir soio algunha preferencia.
    Certo o que dis de, pensar en ferrados ou fanegas de terreo traballadas dese xeito tentando acadar o mesmo resultado...xa!!! nós non queremos un produto coma o que se merca en calquera tenda ou grande establecemento. Non, pra eso mercaríamolo neses ou noutros lugares sen mais, o obxetivo é acadar que o noso sostento sexa bo e saudable, anque as veces, moitas veces teñamos que loitar con trancas que poidan levar o desánimo.

    O que algo quere algo lle costa.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.