www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 20 de xaneiro de 2017

AS BOTAS ROSA

Podería parecer un conto, pero nono é. Eu apenas teño imaxinación para inventalos, así que teño que conformarme con sacarlle chispa ao cotidiano, aos acontecementos sen importancia, porque, ademais, son os que prefiro. Nunha xélida mañá, a menos seis graos de temperatura, auga na billa conxelada e frío ata a médula, nada mellor que sentarse a escribir sobre algo que cambióu o meu día, onte, xoves, e fixo que o balance fose positivo e con final feliz ainda que con certos inconvintes.
Un día enteiro na cidade deu pé para moitas cousas. Entre elas, o cómo estas botas chegaron a min. Indo pola rúa San Pedro, camiñaba diante de min unha señora moi elegante e estilosa que levaba unhas botas como as da foto. Tiven un flechazo con elas, (cas botas) e aprecei o conxunto en sí, dende logo, pois chámame a atención cando alguén ten bo gosto. Dubidei se lle preguntaría ou non ónde as mercara. Ao final puido a curiosidade. Ela deixouse preguntar e eu con amabilidade abordeina. Díxome que as mercara nunha outlet facía dous anos nunha zapateiría na que eu xa tiña estado e da que non me levara moi boa impresión en canto á calidade do calzado. Alí me encamiñéi e despois dun escaneo pormenorizado polo local, non atopaba nada interesante e menos as botas que buscaba. Así que pregunteille a unha dependenta polas botas rosa e levoume de contadiño frente á que se expoñía mesmo na entrada. Cómo non fun quén de vela? Era o número corenta, dous mais do que eu calzo. Probei a compañeira que me trouxo nunha caixa e vin que era ao tal. Perfeita! Así que decidín levalas e ademais tiñan un prezo de risa! Apenas vinte euros! Alá me fun cas botas toda feliz e matinando mil combinacións posibles con vestimenta que tiña pola casa. Dende logo, non ía ser tan ben axeitada como a que levaba a señora, que por certo, chamóulles ás botas, zapatillas de avóa! Pero nela lucían como mocasins dunha marquesa. Cando cheguéi á casa decidín probalas e miralas por debaixo. Xa non era a primeira vez que levaba un par impar! Pero coa emoción do momento, non se me ocurrira facelo na tenda. Así que, comprobei, para a miña sorpresa que eran de distinto número. E so quedaban esas! Quén levaría outro par impar coma min? A diferencia, a simple vista, non era moita, pero de postas, sentía que non calzaban igual. Pasei a noite pensando nas botas e decidín chamar á tenda pola mañá para dicírllelo! Alegreime de novo ao saber que había solución, que terían outro par para poder cambialas ainda que era a do número mais grande! Pe grande, ande ou non ande! E ahí acaba a historia das botas e que me fixo pensar nun libro que lera na miña primeira xuventude, (pois estou comezando a segunda), e que se titulaba "Enterradme con las botas puestas". De non incinerarme, case me gustaría que me puxesen as botas para poder camiñar con pes de rosa polo outro mundo!

10 comentarios:

  1. Qué boa historia!!. Un cúmulo de casualidades xuntáronte coas botas perfectas, puideras non ter ido onte a Lugo, ou escoller outras rúas para camiñar, incluso a señora puidera esquecer onde as mercara. É o conto dun par de botas que levaban dous anos buscándote, estamos no comezo dunha aventuta na que, cada día que as calces, hante levar por dimensións paralelas e inaccesibles para nós, cun feixe de aventuras e acontecementos máxicos que agardan por ti, saltando sempre da rotina á seimeira da imaxinación.

    ResponderEliminar
  2. Muito boa a história. Só não gostei do final. Ultimamente parece que anda toda a gente a pensar que está com os pés para a cova. Caramba, a gente fica para morrer assim que nasce. E não há nada tão certo nesta vida. Então o melhor é viver a vida sem pensar na morte. Ela chegará fatalmente um dia, mas não porque a desejemos.
    Um abraço e bom fim de semana

    Ah! as botas são mesmo muito bonitas.

    ResponderEliminar
  3. Calzarse de colores claros es como dar paso a una riente primavera del corazón porque los colores que elegimos para vestirnos tienen un significado y es que si estuviéra tu corazón entristecido nunca se te habrían antojado las botas de color rosa.

    El color rosa me ha hecho recordar que fue el preferido en mi vestuariio durante los alegres años de juventud pero, también he de añadir, que lo último que gaste fué una chaqueta y un jersey de color rosa que mi recién estrenado marido me regaló para el día de mi cumpleaños y se acabó, desapareció el rosa de mi vida. El rosa asalmonado me favorecía mucho.

    Un abrazo y hasta la siguiente narración que espero no se haga esperar muchos días.

    ResponderEliminar
  4. Hola Bea.
    Me encanto la historia que nos cuentas sobre las botas rosas.
    La verdad que parece un cuento de invierno, acompañado con colares alegres. Un rosa claro, como el color de un batido de fresas, que rico tomárselo con tus estrenadas botas al lado de la calefacción. Eres atrevida como yo, preguntar por la calle donde se las compro, jajaja, por que te gustaron y viste que abrigaban. Aquí sí que nos parecemos un montón. Yo también pregunto cuando voy por la calle. La de vueltas que dio las botas hasta que las conseguiste. Con unos calcetines gruesos estoy segura que andarás bien moderna. Al final ya ves como dice Llorenç. Quien la sigue la consigue. Y yo veo que sigues siendo joven por dentro, por que tu estilo " hippie". Recuerdo cuando yo era pequeña y te veía con sandalias, sombreros, margaritas en la cabeza que cogías del jardín de tu casa y ropa de los viajes que hacías. Estas fotografías me recuerdan a ti cuando eras joven y yo aun una garbanzo.
    Hasta pronto con tu próxima redacción. No tardes mucho y sigue escribiendo que la mente es lo más bello y elegante de la persona.
    Un abrazo muy grande.

    ResponderEliminar
  5. Gostei das botas. Belo conto.
    Bom finzinho de janeiro, ainda ontem era natal k.
    Abraços
    janicce.

    ResponderEliminar
  6. Ola Bea, son Laura. Encantoume visitarte e coñecer a Noa. Acabo de ler este contiño das botas rosas. Paréceme moi divertido e as botas son moi bonitas. Biquiños.

    ResponderEliminar
  7. Grazas, Laura, a min tamén me encantou coñecerte e sinto non ter falado mais contigo pero foi curta a visita. De seguro que para a próxima teremos mais tempo e tamén podes disfroitar da Noa e das botas rosa, que secadra nin chego a estrear. Polo menos, para facerte unha foto conelas!!! Que vaia ben ese partido de hoxe!!!! Aperta.

    ResponderEliminar
  8. Mira! Bea! Eu mátote!!! jajajaja, así que te namoraron as botas rosa. Un relato que parece haberes soñado un verdadeiro pesadelo. Aí que gracia que ratiño máis chulo acabo de pasar. Grazas e non perdas ese gran sentido de humor.

    Un abrazo e a miña gratitude e moita estima.

    Se feliz, reíña.

    Esta entrada non apracía como tal.

    Es como sabes que se me escapou a miña entrada? porque e a verdade. Sen o meu consentimento...

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.