Un domingo especial. Empezou o día, sendo un día normal de domingo. Contaba con pasar a mañá estudando e sobre da mesa da cociña había todo un desplegue de apuntes esparexidos. Sonou o telefono e ao outro lado había unha proposta de saída á costa.... O día estaba soleado, alegre, convidando a sair a disfroitar. Nono pensei duas veces e apunteime á viaxe. Escollín unha ruta pouco habitual para chegar ao sitio. A estrada era ben retorneada e sempre con río á veira. Ese río que nace onde eu moro e que me leva a onde se xunta co mar. A paisaxe era totalmente desbordante de frescura, de verdes varios, de amarelos, violetas e brancos. Valía a pena aventurarse por tanta curvatura.
Ao chegar, o bullicio fíxome pensar nun día de mercado pero a verdade é que non había mais que unhos cantos postos coas froitas e verduras da bisbarra. Lembrei que quería limóns caseiros e lanceime á sua percura. A moza que me precedía tamén ía en busca de limóns e pagou cun billete de 20 euros, igual ca min. A tendeira estaba sorprendida de tanta casualidade, pero a vida é así.
Non sábía que naquela vila abrían as tendas ao domingo. Estaba ateigada de xente. A rúa principal era un formigueiro de seres que camiñabamos con bolsas, con carriños de nenos.... Todos se animaran a ir. As terrazas dos bares estaban cheas de clientes e a cerveza brillaba nas copas xunto a tapas variadas que animaban a mañá. Sentíame feliz. Feliz de poder mercar, por fin, aquel coxín de laptop que vira outro día no que a tenda estaba pechada. Era o único que quedaba. Tiña un gato simpático, con anteollos, un gato, que como a miña gatiña, estaba ensimismado coa tecnoloxía. Era todo o que eu precisaba para sentirme ben, como agora mesmo, que o estou estreando, baixo o meu portátil, cando escribo sentada na cama, como xa hai ben que non facía. Para todo hai que ter unha motivación. E esta era a miña. Así que a dependenta tivo que escalar ao escaparate para darme o único que lle quedaba. Eso alegrou mais a miña mañá, si cabe. Qué mais podía desexar que un sol que quentaba os meus osos, un corto de tostada con tapa de ensaladilla da boa, un día por diante, de mar e iodo marino, ainda que o día non daba para bañarse, fora atrevementos, xa me teño bañado no mes de decembro pero agora non me sinto con ese ímpetu. A marea estaba chea a rebosar. Ninguén na praia, ou eu a ninguén poiden ver, de tan achegadiños á veira que estarian, si é que estaban. Descendín por aquel carreiriño que explorara outro día e que sabía levaba a unha pequena cala solitaria onde o mar non chegaba a cubrilo todo. Busquei o aveiro dos cantís que ameazaban con derrubarse en calquer intre e tendínme nas pedras coas pernas mais elevadas que a cabeza e sentín que me retornaba ao cerebro todo o sangue do meu corpo e regaba rexións que precisan ser regadas se non quero que se me sequen co tempo. As miñas pernas, agradecidas, facíanme esquecer a durezas das pedras clavándoseme nas costas. Menos mal que eran cantos rodados coma min, e o tempo e os abatares suavizara as súas aristas. O meu lombo buscou acomodo entre todos aqueles cantos ata adaptarse ás súas curvaturas.
Permanecin así, deixando que o sol tomara só as miñas pernas. Polo demais, sentía demasiado frío para poñer o bañador.
Un obxecto chamóu a miña atención. Era un disco de goma que flotaba e deambulaba ao compás das ondas que o arrastraban e o levaban dun lado para o outro. Así estaría un corpo flotante que se atopase nesas mismas circunstancias. O mar nono botaría para fora de todo nin o levaria para dentro. Estaría nunha zona onde a gravidade o mantivese sempre a flote naquel punto. Eu quería collelo porque me lembrei de Noa, do que lle gustaría ter un disco de goma co que xogar e eu poder tirarllo e ela collelo. Mirara varias veces nas tendas e non puidera dar con ún. Ese gustábame polo diseño que tiña. Era amarelo e verde e tiña como un motivo celta no medio. Estiven longo tempo agardando a oportunidade para collelo. Ata preparei unha cana de árbore.... e mantívenme atenta ao mínimo descuido do mar para poder soltar aquel artiluxio e sen ter que arriscarme, poder facerme con él. Nono conseguín. Sentín mágoa de terme que ir sin él. Secadra, o mar, se fartase dél e o deixara na veira para que outro día eu poidera ainda collelo.
Chegaba a hora de irse, non por nada, senón porque todo ten o seu tempo.
Así, coa motivación ainda baixo o brazo, cheguéi a destino, rematei un pequeno treito vacacional e parece como se tivese vivido longo tempo dende que empezou a pausa ata que volto á rutina dun luns pola mañá.
Eu tamén confeso que vivín!