Un día chuvioso a máis non poder non conseguíu botarnos para atrás. Deixamos os coches en San Paio e con paraugas e chuvasqueiros visitamos a fervenza da Acea de Serra, que por certo, ten un acceso imposible para quen non teña por costume saltar paredes. Con todo, uns cantos pasamos ao outro lado para vela de preto e os e as demáis tiveron que conformarse con vela de esguello dende a veira do prado coa acea por medio. Mellor iso que sair cunha pata coxa.
Falamos con unha veciña de San Paio que xa nos tiña o café preparado pero estragóuselle o muíño e tivemos que pasar sen él.
O sendeiro estaba limpo de facía poucos días. Boa laboura do Concello de Baleira e que agradecemos xa que de non ser así, estaría intransitable. Aínda arrecendía a ramaxe recén cortada.
Agardábanos a fervenza máis fermosa na redonda e tamén a máis agachada e difícil de dar con ela. A fervenza da Ferrería onde se xuntan o Eo e o río de Cubilledo, nome que dá nome á parroquia ou a parroquia ao río!
Fixemos as fotos cos paraugas e máis cun canciño que nos acompañóu de bó grao. Entre nós estaba a escritora castrovedense Ánxela Gracián e o seu fillo Manuel, de cinco anos.
Dende alí, fomos tomando decisións segundo se nos presentaba o día e o roteiro. Non quixemos aventurarnos por sitios sen desbrozar e retornamos a San Paio polo mesmo carreiro.
Xa, nos coches, mollados ata a médula, fomos a Esgrade, outra aldea veciña onde nos agardaba Tino na súa casa natal onde agocha todo un museo etnográfico coas cousas que conservóu da súa casa de labranza e criadora de bois que se exportaban a terras de León por camiños primitivos, case campo a través, e que duraba a viaxe quince días alomenos. Por iso se coñecía como a casa do boieiro pero que acabóu por chamarse a casa do medio, quizá por estar no medio das outras.
Cun hórreo restaurado e ben conservado, deixóu intactas as cuadras do gando xunto á cociña moderna e a antiga lareira na que nos tiña un lume preparado que nos soubo a gloria despois de virmos mollados e fríos, foi como entrar nun útero materno, acurrunchados uns cos outros/as, xurdiron as cancións de taberna de xeito espontáneo e, eu, marchei buscar o acordeón ao coche, que levaba preparado para tocar no nacemento do Eo, pero coa chuvia, houbera sido imposible. Aquel era o momento e nada me cortei en tocar, como boamente sei e puiden, algunhas pezas das nosas de antes.
Logo tocóulle o turno ao anfitrión, Tino, que nos explicóu moitos detalles da súa familia antepasada e do que alí acontecera, sendo él neno, que logo emigróu á cidade e agora convirte a casa nun museo e ponlle o nome TABERNA /POUSADA DO BOIEIRO.
Case me emociono ao ver o chinero da cociña feito por meu pai e máis o mostrador da cantina, que tanto se parece a que tiñamos nós en Fonteo.
Deixamos Esgrade, dende ónde pensabamos seguir para a Corte Vella pero como chovía e se achegaba a hora do xantar, fomos de volta para Fonteo para ver o nacemento do río Eo onde Manuel Muñiz nos leu varias páxinas do recén estreado libro de Manuel Vázquez, "O pracer da chuvia" nas que fala da Marronda, do Eo e das aldeas sen xente. Nunca mellor ocasión para falar dese pracer da chuvia que nos aloumiñóu toda a mañá e que nós recibimos como a terra a recibe, sabendo que non hai mal que por ben non veña.
Rematamos a xornada cun xantar de confraternidade nun restaurante de O Cádavo e coido que ninguén tivo queixa do día, nin da chuvia nin de mín, que organicei a ruta da mellor maneira posible.
Dixen que tiña un plan B por se chovía, e saíume ao encontro cando, onte, en Lugo, me atopei con Tino e nos suxiríu que foramos ata a súa casa museo.
O mellor café que nos podía ofrecer, foi o lume na lareira, o fume, a gramalleira e o pote colgando e tantas e tantas cousas que evocan un pasado que me é ben coñecido.
Mágoa que chovera. Sodes ben valentes, anque a chuvia de verán lévase mellor. A leitura, acertada.
ResponderEliminarBoas noites Bea:
ResponderEliminarEncantoume todo o post, que envexa de xornada! Encantaríame haber estado aí, si as fotos se puidesen traspasar houbérame adentrado nelas. As fervenzas xa as coñezo (tiven tamén boa guía), mais chamoume a atención que fosen rebosantes de auga a primeiros de xullo, como se de outono se tratase. Namórame o que intúo da pousada do boieiro, un lugar dos que me gustan a min, auténticos e con historias interesantes que contar. O ambiente do máis apetecible e acolledor, descrito por ti mesma como un útero materno (encantoume tamén o símil) . Con lume e música, que máis se pode pedir. Eu pido ir a ese lugar, ogallá que axiña e na túa compañía, para que me amoses ese chineiro feito por teu pai e a barra da taberna.
Bicos!
Precioso, me encantaría sumarme a estas rutas que hacéis. Como bien dices, ni la lluvia os para!
ResponderEliminarUn besazo!
Hola Beatriz. Muy sugerentes esos recorridos que realizas en compañía de amigos, por esos ámbitos de la naturaleza, tal cual sin sofisticados artilugios, tocando esos ancestros que tanta memoria nos dejan del pasado ya historia, pero que cuyos recuerdos laten en el interior...Linda toda la ruta y "La cascada de Ferrería donde confluyen el Eo y el río Cubilledo". Todo un lujo de serenidad para los sentidos. Gracias por compartirlo y por todo, tu buen comentar.
ResponderEliminarUn abrazo
Bonitas fotos, muy buen post, Beatriz😘😘😘
ResponderEliminarAmiga Beatriz,
ResponderEliminarEsta cachoeira, estes caminhos que vão ao “útero da mãe natureza”, o acordeon sendo tocado, tudo isso me traz lembranças afetivas ao lado de minha saudosa Vó Lourdes, em sua fazenda no interior de Minas Gerais.
Beijos e ótima semana!!!
Bea,
ResponderEliminarQue lugares lindos
e que torma iluminada!
Tenho uma turma assim tambem,
só que é na praia.
Adorei me encantar com
Vc e sua Turma Maravilhosa
Bjins de domingo.
CatiahoAlc.
Eu adoro ler suas postagens, os passeios com os amigos, são sempre bons, chova ou faça sol são divertidos.
ResponderEliminarAdorei você com a sanfona, e suas lembranças!
Gosto muito de ver as fotos.
Uma feliz semana, querida Beatriz, muita paz e saúde!
Beijinhos.
Que marabilla como sempre, si puidera estaba disposta a ir pero non puiden, a ver si en outra ocasión pode ser.
ResponderEliminarA fervenza é preciosa.
Pena do primeiro café por falta de muiño, eu non podería correr tal risco, hai que ter café moído por si pasa algo😬.
Un día completo e sen ter medo a chuvia, xenial! Así me gusta.👏🏻
Olá Beatriz!
ResponderEliminarExcelente crónica aqui nos trazes. Sem dúvida alguma que são passeios fantásticos, a lugares maravilhosos que muito nos fazem felizes. E este aqui é exatamente isso.
Gostei muito de ver e ler.
Votos de uma excelente semana!
Beijinhos.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Escribí un comentario pero no está. Se debe de haber volado a otro blog... quizás.:)...
ResponderEliminarHola Beatriz.
ResponderEliminarQue buena historia. Todo son lugares para recordar.
Un abrazo muy grande.
Mónica
Olá Beatriz,
ResponderEliminarPassando por aqui para desejar um feliz fim de semana.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com