www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 17 de xullo de 2023

ROTEIRO POR CABO PRIOR




 E se nada ocorre por casualidade?

Atopei, por casualidade, no Facebook o cartaz que anunciaba este roteiro, e sen pensar dúas veces, xa me apuntei para facelo. Moi convencida de que me ía gustar. E así foi!

Saímos de Lugo nun autobús grande, con guía, e dirixímonos hacia Ferrol. Unha costa que poucas veces teño ocasión de visitar. A Costa Ártabra esténdese dende Estaca de Bares, onde o ócéano Atlántico conflúe co Mar Cantábrico ata o sul de Ferrol dando lugar á Ría de Ferrol, Betanzos, Ares. Lugares como Cariño, San Andrés de Teixido, Ortigueira, Valdoviño, Mugardos...son algúns dos que se estenden ao longo desta costa que os romanos bautizaron como Magnus Portus Artabrorum.



Comezamos o roteiro partindo da praia de Doniños polo seu lado máis oriental e fomos bordeando a península, con fabulosas vistas dun mar embravecido e poderoso que forma acantilados de 170 metros de altura e dende onde poidemos ver un faro que estivo activo dende mediados do S. XIX xunto cunha batería militar abandonada no 1998 e da que quedan restos que foron parte de búnkers, polvoríns, túneis, pozos e garitas de vixiancia.



O camiño, ao principio pedregoso, cheo de coios que se foron desprendendo das rochas, (as máis antigas da Península Ibérica), debido a teimosía da forza mariña nesa zona onde o perigo é inminente sobre todo nos temporais do inverno, foise suavizando e facéndose máis transitable e mulido á medida que avanzabamos cara á praia de Doniños de onde comezamos a ruta circular. Houbo tramos de ir case monte a través, por estreitos carreiros que me fixeron pensar nos bosques de laurisilva das Illas Canarias, e logo humedais onde abondan as xunqueiras e herbosas.



Paramos na praia de San Xurxo, unha praia moi visitada por surfistas na que fixemos algunhas fotos cos arroáces de mentira e seguimos camiño ata a praia de Doniños entrando nela polo lado máis occidental, na que nos agardaba o autobús coas nosas vituallas que degustamos á sombra de pinos e con vistas fabulosas a esa praia de gran ondeaxe na que só nos puidemos "refrescar" nun tramo de apenas cinco metros e cos socorristas a pé de onda sen pestanexar.



Un brindis en inglés no chiringuito, degustando unha cervexa ben merecida, fixo que dúas rapazas da mesa do lado se voltearan a ollarnos. Eran "guiris". Logo dunha pequena conversa en inglés, seguimos rumo a outra parte.



A práctica do inglés durante toda a camiñada cun compañeiro moi docto en linguas, fixo que non me enterara da quilometraxe que lles metín aos botíns Clarks, made in Britain.




16 comentarios:

  1. Después de leer tu amena publicación, llego a la conclusión y queda claro, de que no hay nada mejor, que disfrutar de una rica y fresca cerveza...perdón, he querido decir que no hay nada mejor que hacer una bonita ruta senderista por el entorno de Ferrol, y después tomarse algo....¿En que estaría yo pensando?...
    Me alegro que lo hayas disfrutado, esa costa la conozco bien y es preciosa.
    Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Um belo roteiro. O meu aplauso e elogio
    .
    Saudações cordiais. Uma semana feliz
    .
    Pensamentos e devaneios poéticos
    .

    ResponderEliminar
  3. Excelente crónica de um belo momento entre amigos e belos locais. Gostei muito de ler, amiga Beatriz.
    Votos de uma excelente semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http:/poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  4. Que ben relatas a ruta feita non hai cousa que escape os teus ollos e sempre sacando partido ata de cousas que se escapan a simple vista, claro que indo ben equipada así calquera, o dos pés fundamental non hai que escatimar cando se trata de calzado e inda que non son made in Spain son DE boa marca nada que envidiar o feito aquí Elche cuna do bó calzado e ata aquí en Monforte tamén temos fábrica (Losal).
    Por outro lado gústame como presentan o nome das rúas, plazas, e praías en Ferrol.

    ResponderEliminar
  5. Sempre que saes aberto ó mundo pasan cousas interesantes... O inesperado e a un tempo agradable pasa cando miras con expectativas, cando non caes nas mans do corrente e do gastado, cando non fas o que todos.... Cando presentas un libro na Fonte do Eo ... É así. Penso eu!

    ResponderEliminar
  6. Bo día.
    Marabillosa andaina e marabillosamente redactada como sempre.
    Fun a Ferrol centro fai un par de anos, nunca fora, a pesar de que me pareceu pouco cuidado en partes, é un sitio acolledor e histórico. O mar bravo na súa esencia, apartando do peligro, encántame.
    Grazas por compartir con nós unha vez máis, Bea!🌹😘😘
    Por certo, esa última foto, gústame 🙂

    ResponderEliminar
  7. Unha nova travesía con encanto. A tua teimosía lévate a todas partes. Bicos

    ResponderEliminar
  8. Hola Beatriz, guapísima.
    Preciosa excursión. Me acuerdo mucho de la salida de Estaca de Bares.
    La playa es muy bonita y relajada.
    A Ferrol, tengo ganas de visitar.
    Un fuerte abrazo
    Mónica

    ResponderEliminar
  9. Olá Betriz,
    passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  10. Bellas fotografías de la costa, pero sorprendente ver esas playas tan vacías. En Mallorca ya desde temprano la gente visita la playa en donde suele estar buena parte del día. Desde luego la zona que has fotografiado se ve bella.

    ResponderEliminar
  11. Olá Beatriz,
    passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  12. Amiga Beatriz,
    É sempre um prazer caminhar contigo nestas jornadas em contacto com a mãe natureza.
    Como diria “Dom Quixote de La Mancha: AVANTE! AVANTE!”
    Beijos e boa semana!!!

    ResponderEliminar
  13. Olá Beatriz,
    passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  14. Olá, Beatriz!
    Continuas com os teus passeios, que muito te agradam.
    Assim, vou conhecendo alguns lugares, também.
    Admiro a tua força e ânimo de espírito.
    Besos y bons passeios, pero tens de ter cuidado.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.