www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 11 de xuño de 2023

A FONTE DO TEIXO ( ruta)

 


A asociación Amig@s do Patrimonio de Castroverde, fomos convidados a facer unha ruta xunto co alumnado, profesorado, pais e  nais do Colexio Uxío Novo Neira de Pedrafita do Cebreiro. 

Xúntámonos diante do Concello sobre as dez da mañá e mentres agardabamos, cun pouco de frío e algo de chuvia, repartíronse bebidas para levar, e empezou a aparecer xente a cabalo, bebés en carros de bebé, xente en sandalias de verán...

Eu fíxenme unha foto xunto a unha escultura con base de xeixos cristalizados, xa que hai unha mina na contorna diste mineral.


O traxecto era de algo máis de catro quilómetros costa arriba, con algo de camiño chán para logo descer abruptamente por un cortalumes. A volta a Pedrafita fíxose polo mesmo sitio.



Cos paraugas, capas ou o que tiveramos, fómonos protexendo da fina chuvia que caía, a carón de piñeiros rubios ( Pinus sylvestris) coas súas ramas curvadas ata o chán e dos que hai en abondancia formando piñeirais ao longo de toda a ruta xunto con outras especies diversas: aveleiras, teixos, bidueiros, acivros e outros moitos.




Vistas espectaculares diste grandioso paraxe, por onde descorre o Camiño Francés, comezo de peregrinaxe dende o Cebreiro ou de tránsito daqueles que veñen de máis lonxe.







Como se pode ouservar, non hai presencia de parques eólicos, a deus grazas, nesta zona protexida e na que, polo de agora, non houbo debastación a causa dos lumes que son tan frecuentes en Galiza. Cruzo os dedos por iso!.


Os cabalos, que fixeron a ruta cos seus respectivos xinetes, un adulto e un rapaz, descansan satisfeitos neste mirador do Cebreiro como seres nobles, obedientes e submisos pero tamén felices de ser capaces de subidas ben atrevidas e baixadas de vértigo.



Monumento aos peregríns que por aquí pasan e teñen o privilexio de desfrutar destas paisaxes tan fermosas, logo do seu esforzo e empeño para chegar a carón delas.





A foto de confraternidade na que se pode ver o grupo enteiro, diante da igrexa do Cebreiro, coñecida polo seu Santo Milagre a onde concorren devotos e devotas de todos os lugares o día da súa festa a primeiros de setembro, días nos que se acostumaba a levar a merenda e comer por alí a carón da aldea de pallozas, pouco turismo e sen apenas establecementos hosteleiros. 
Aínda me lembro da primeira vez que visitara o Cebreiro xunto cunha amiga de Salamanca e durmimos nunha palleira. Hoxe, outro galo canta e O Cebreiro xa non é o que era, senón un lugar preparado para o turismo e a grande afluencia de peregríns do Camiño Francés a Santiago de Compostela.

No Centro Cultural de Pedrafita ofrecéronnos uns petiscos fin de ruta e poidemos degustar, entre outras cousas, o famoso queixo do Cebreiro, empanadas, tortilla, doces... e bebidas.

O grupo de Castro Verde, paramos a xantar nun restaurante da zona no que continuamos coa parte gastronómica da nosa viaxe.

Como nos cadraba de camiño, decidimos facer unha pequena incursión nos Grobos, bosque de rochas que se casaron coa exótica vexatación do lugar, non sendo quen de diferenciar a parte inerte da parte viva destes pedroulos xigantescos que semella foron caídos do ceo. Débese á erosión da rocha que é de orixe caliza e forma pasadizos labirínticos que dan pé a perderse por entre eles. 

Deixo algunhas imaxes deste lugar.




Vídeo realizado polo alumnado  e profesorado de Secundaria  do CEIP Uxío Novo Neira  de Pedrafita do Cebreiro (Lugo)



13 comentarios:

  1. Amiga Beatriz,
    Mas uma linda resenha diante da natureza.
    E assim como quem ama as coisas belas da natureza, você gosta da chuva, assim como as folhagens, flores e plantas ao seu redor também apreciam e necessitam dela para viver.
    Beijos e bom fim de semana.

    ResponderEliminar
  2. Gracias por enseñarnos tu tierra tan bonita. Dan ganas de marchar con vosotros!
    Un besazo Beatriz!

    ResponderEliminar
  3. Admiro quem se aventura nessas caminhadas.
    Eu sou preguiçoso.
    Bjs, boa semana

    ResponderEliminar
  4. Estimada Beatriz, nos describes en texto y gráficamente, ese entorno y alrededores del Cebreiro, a donde se sitúa el monasterio (parador) y la iglesia anexa del Santo Milagro, al que en tiempo pasado fui ofrecido, de la mano de mis progenitores y de todo ello emanan dulces recuerdos...gracias por todo tu bien reseñar y comentar.
    Un fuerte abrazo

    ResponderEliminar
  5. Mais uma excelente crónica, de uma excelente epopeia, entre amigos e lugares maravilhosos aqui nos presenteias.
    Gostei muito, amiga Beatriz!
    Votos de uma excelente semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  6. ¡Me encantó Beatriz!, vistas maravillosas, paisajes vivos y preciosos que regala la naturaleza (gracias a Dios) que se conservan como bien dices sin los molinos de viento y el video realizado y hablado por los propios alumnos me ha gustado muchisimo, una buena crónica como dice Mario,
    felicidades por esta preciosa entrada
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Olá, Beatriz!
    Tu gostas muito destes passeios e da confraternização com todo o grupo. Não te cansas de caminhar?
    Eu sou muito comodista e nunca fui a nenhum passeio deste género.
    Besos y continua tus aventuras.

    ResponderEliminar
  8. Imaxes deliciosas e un texto que cae como chuvia fina.

    ResponderEliminar
  9. Tiña esta lectura pendiente, acabo de ler e, como sempre quedo marabillada coa túa maneira de contarnos as túas vivencias, brindo por estas iniciativas culturais con andainas pola naturaleza compartidas en familia e demais.
    Unha marabilla todo en conxunto, grazas Bea por compartir con nós 😘

    ResponderEliminar
  10. Hola Beatriz, buenas noches, guapa.
    Me encantó leer esta ruta que hiciste con otros profesores, padres e hijos de la Asociación de Castroverde. El vídeo está interesante, explicado por varios jóvenes. A pesar de la lluvia y el tiempo nublado siempre se pasa bien bajo lluvia. Entre monte y senderos verdes. Esto sí que es naturaleza sana de verdad.
    Un fuerte abrazo

    ResponderEliminar
  11. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana com tudo de bom.
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  12. Qué activa te mantienes
    Fui asi hasta hace [poco
    hoy estoy mas contenta con Netflix

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.