www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 9 de xullo de 2022

FORGIVEN NOT FORGOTTEN


 Un placer camiñar

entre luz e sombra

na frescura da tarde

coa Noa, amodiño

sentindo o silenzo

e a brisa suave

que abala con tenrura

a frondosa espesura

á veira do camiño.

O río invadido

de perexel salvaxe,

espello das arbres,

vai ledo e lizgairo

levando as súas augas

limpas, cristalinas,

case conxeladas.

É o Eo, no Ríogrande,

onde os carros de vacas

carregados pasaban

coa leña para o lume

e as nais lavaban

e eu, de pedra en pedra,

saltaba e saltaba...

Onde eu dicía "as palabras"

so pena de afogar na auga.

"Forgiven not forgotten"




6 comentarios:

  1. Poesía moi bonita sobor do tempo e da paisaje sentida. A Sharon Corr coñecina en Santiago. Gustoume moito, actuaba ela soa.

    ResponderEliminar
  2. Yo perdono y olvido es la mejor manera de ser feliz Hermoso lo escrito y tu forma de sentir

    ResponderEliminar
  3. Un río enorme, y que conlleva sustos, por supuesto

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  4. Imaxínote sendo nena, saltando de pedra en pedran, cantando!

    ResponderEliminar
  5. Un poema de pasado e presente, todo a unha!!. Divertido tamén!!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.