Cando cheguéi á praia só había outro coche aparcado. O seu ocupante tampouco se decidía a apearse. A bruma costeira cubría todo e daba un aspecto de incertidume, mesmo de certa desconfianza. A min gústanme as praias pouco concurridas pero, ésta, ademáis, está no fondo duns cantíns. Cambiei o coche de sitio, pensando, incluso, en dar a volta, despois dunha hora de camiño para chegar ata alí. Agardei a ver se chegaba mais xente e así aconteceu. Cando chegaron algunhas outras persoas, baixeime e dirixinme escaleiras abaixo ata a praia.
A temperatura ambiental era moi agradable, mesmo tirando a fresca. Nada que ver cos case 43º que anunciaban para o día de hoxe. Probei a auga e sentína tépeda. Estaba empezando a subir a marea. Nesa praia apenas queda sitio cando a marea está chea, así que tiven sorte e ata atopei unhas gafas de buceo que traían as ondas.
Aproveitei para camiñar pola area antes de que non houbera sitio. Unha parella descolgábase polas rochas. Ela non estaba afeita e parecía que ía perder o equilibrio dun momento a outro. Él non tratóu de axudarlle. Tomeino como que era un home da nova masculinidade, ou sexa, que non se amosa protector.
Tiven curiosidade e necesidade de usar o WC que hai nesta praia. Subín as longas escaleiras de novo, e alo me fun, non moi segura de que estiveran tan sequera aberto. Pero sí! E a miña sorpresa foi ver que era de nova construcción, que xa non se parecía en nada ao que había antes. Tres portas: donas, cabaleiros e xente con discapacidade. Ao entrar vin todo ben limpo, con papel, xabón, espello, unha nota aconsellando a limpeza de mans, o chan limpo, taza nova e todo en metal e dunha peza, polo tanto non había que levantar ou baixar tapas nin tocalo coas mans. Loei que na comunidade asturiana, tan veciña nosa, fixesen as cousas con mais esmero e interese. Todo para que a xente non faga as suas cousas na praia. Pois aínda así, vin como as covas que hai nos cantís, servían para o mesmo que antes.
O día ía mellorando en todo, veu mais xente, non moita, había un bo retrete, atopei unhas gafas, a auga estaba como para meterse nela... en fín, a viaxe pagara a pena. E ademais, gústame ese sitio porque non lonxe dalí hai unha área recreativa na que se pode comer á sombra, colgar a hamaca nas arbres...
Ten un camiño a pé de costa cunhas vistas admirables e ademais, é o traxecto mais curto para achegarme ao mar. As duchas son boas, tamén para pés. Está ben vixiada por socorristas activos que pasean pola mesma ribeira e fíxanse nos e nas que están nadando...
Era case a 1:00 cando decidín emprender o camiño de volta para xantar na casa. Facía un calor xa que se asaban os paxaros no ar. A min non me gusta o ar acondicionado no coche. Con música e con auga, fun facendo a travesía, desexando chegar para meterme neste bunker de verán, que é a miña casa de pedra. Se algo ten de bo é que nestas temperaturas extremas, estáse como nunha cova.
E acabo con aquel trabalinguas que inventei un día a pé de camiño:
Cústame ir á costa
e cando ás costas lles custa ir á costa,
hai que darlle as costas á costa.
Texto que gostei de ler. Fotos muito bonitas.
ResponderEliminar.
Cumprimentos cordiais.
.
Pensamentos e Devaneios Poéticos
.
Muito bom, Bea! O passeio deve ter sido ótimo e gostei muito do versinho bem-humorado com que encerras o post! Meu abraço, amiga; boa semana.
ResponderEliminarUn día aproveitado. Só por mirar o mar, xa se pasa mellor o encerro na casa que estes días vai ser obligado. Bicos
ResponderEliminarexquisito relato Beatriz de un dia de playa y las incidencias que te ocurrieron como las ibas solventando y acomodando a las circunstancias , es una maravilla de fotos ,has hecho que paso a paso fueramos de tu lado entre la elevada tamperatura y más tarde el ansiado reposo ya en casa , me encantó leerte es como si un carmín sol de poniente fue de más a menos su noche de grana y oro todo tan bien hilado..gracias por tan inspirado realista y dulce transcurso al lado del mar Beatriz , un fuerte abrazo y una luna de flores para ti al anochecer ., tu amigo . jr.
ResponderEliminarQué bonito Escribes
ResponderEliminarInveja da boa
ResponderEliminarUn día que acaba muy luminoso y bien. Esos aseos, qué limpieza, son para enmarcar, la verdad.
ResponderEliminarUn abrazo
Ola Bea!
ResponderEliminarEncántanme as vistas desa praia, co faro de Illa Pancha enfronte. O verán do ano pasado ou o anterior (non recordo ben) , ao luscofusco, puiden fotografar a illa co seu faro iluminandonse, e velo en persoa, o cal é máis bonito. Unha estampa do máis pintoresca e bucólica. Pois si que están ben os baños.
Un bico,
Iria
Como sempre, fabuloso relato dun novo día teu.
ResponderEliminarXenial!🌹
Comprobo que finalmente baixache ao areal, hahaha, amais a temperatura suave é desexable, non esa calor que asa os paxaros, como dis. E con uns lentes de agasallo!!
ResponderEliminar