www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 12 de xullo de 2022

SOBRE RODAS



 Inspirada polo relato de Xesús Trashorras, "Mentres agonizo", que saca a colación as memorias no seu Dyane seis, non puiden menos que subir ao faiado e buscar nos álbuns de fotos, todas aquelas que tiveron que ver cos coches que me levaron polas aventuras mais aventuradas.

O meu primeiro coche foi o Dyane seis amarelo, cabriolé, (que seica é a palabra axeitada para descapotable). Nesa foto estabamos de acampada en Monte Louro, pola zona de Muros. Era cando tiña a escola en Fisterra. A tenda mercarámola en Andorra, unha amiga e mais eu e funme quedando eu con ela.



O meu Dyane, eu lavábao, peiteábao, cambiáballe as rodas, o aceite...Era o meu primeiro coche!
Despois de Fisterra funme a Londres, e quedóu un ano no garaxe en Fonteo. Non me lembro ónde o metín porque garaxe non había na casa. Debín gardalo na casa duns primos. Sí, así foi!




Coñecín aló a Barry, un tipo de orixe irlandés que vivía con outros mozos e mozas na casa de Crescent Rd. no East End de Londres. Era unha casa con back garden onde se facían as parties. 
Él tiña un Mini Morris, con incrustacións de madeira. Acostumabamos  ir nel ao centro. Barry era un condutor que facía trampas para pasar aos coches meténdose polas veirarúas ou daba oito voltas a unha rotonda se non decidiamos que rumbo tomar. 
Aproveitando que se quedara sen traballo, pensóu  virse a Galiza comigo e facelo no seu Morris, así que viñemos cargados de petates dentro e fora do coche.



Fixemos algunhas paradas por Francia. Levabamos tenda de campaña e faciamos camping libre, cociñando e lavándonos preto a algún río. Lémbrome de ter lavado a cabeza no río, e de ter un tendal de roupa colgada entre as árbres.

Cando chegamos aquí, démoslle un merecido descanso ao Morris e collemos o Dyane para irnos de xira por toda España. Barry quería coñecer o país. Así que fixemos todo o Mediterráneo. Lémbrome dunha noite de tronos e raios en Benicasin, metidos na tenda e degustando un polo asado. O que mellor me soubo en moito tempo! 

Logo fomos ao sul. En Almería paramos perto dun campo de golf. Él era aficionado a este deporte e co calor que facía, atopar un prado verde, supoño que sería un oáse naquel deserto. 

En Marbella, preguntamos se podiamos poñer a tenda nunha especie de xardín privado dalgunha institución, prometendo non deixar nin rastro de lixo. Sorte que nos deixaron!

Fixemos unha tortilla de patacas en pleno paseo marítimo de Marbella. Hoxe, a boa hora poderiamos facer tal cousa, pero a excentricidade de Barry espertaba simpatía entre a xente que consideraban aquilo como un `happening`, algo que chamaba a atención. So nos faltóu pasar a gorra!




Nunha subasta en Aduanas en Coruña, mercamos esta Morris Van  que Barry rerfixo completamente. Era moi handy man e sabía cambiar o motor ou reconstruir a chapa. Nesa furgoneta viaxamos moitas veces a Inglaterra dende Santander. Nunha desas viaxes eu agardaba o noso bebé, a xulgar polo vestido que me fixera miña nai, pódese intuir que xa tiña unhos mesiños.
Aproveitamos para casarnos alí tamén, e mesmo temos a furgoneta por testigo.




Volvemos  na Morris, escabullindo multas que nos querían poñer, non sei polo que fora, pero sei que convencín aos axentes e libramos de milagre. Era por Cantabria ou país Basco.
Temos fotos saíndo dos ferries.






Fotos por algunha praia do norte de Portugal. 
Logo naceu o noso fillo e seguimos facendo viaxes tanto na furgoneta como no Dyane. 




Iamos a Madrid, aos concertos. Eu conducía en carretera e Barry entendíase moi ben pola cidade, aínda que daquela non había GPS´s.

Cando vexo de novo estas fotos, lémbrome dunha etapa da miña vida que puido ser duradeira pero non todo acaba como comeza. Foron tempos moi felices pero a felicidade é algo moi fráxil. Podo dicir que houbo cousas boas e non tanto.




Ao noso fillo gustáballe moito ir no Dyane pero case sempre ía chorando! Un día, que iamos os dous sos, él atrás, na súa cadeira, non paraba de chorar e eu púxenme moi nervosa. Debín facer algo raro na estrada que nos pararon os de tráfico. Eu expliqueilles que o neno choraba incansablemente todo o viaxe e que me poñía moi nervosa. Aconselláronme parar ate que se calmase e non me multaron tampouco aquela vez.

Logo tiven mais coches, pero xa nonos tratei tan ben. O Dyane marcóu un capítulo na miña vida. 
Andado o tempo, o meu fillo quería facerse con ún, cando xa apenas quedaban. Quiteillo da cabeza.
Era un coche que "afalándolle" daba de sí e adiantaba autos mellores costa arriba. Sobre todo se o conducía o meu compañeiro, de quén aprendín certos trucos na conducción.

Adícolle este post a J. Barry Evans, actualmente residente en Dover.






 Dyane  era un todo terreno,
tanto na Baqueriza nevada,
nas curvas  da Fonsagrada,
con seis cabalos galopaba

13 comentarios:

  1. Que marabilla, que lindo é ler as túas vivencias e aventuras, Bea. Encántame!
    Grazas por partillar con nós as túas marabillosas vivencias.
    Aperta finda.

    ResponderEliminar
  2. Que ben, Bea, canto me gustou. E que fotazas. Que lembranzas.

    ResponderEliminar
  3. Ah, o do anterior comentario son eu, Xesús Trashorras.

    ResponderEliminar
  4. A ver se agora vai correcto. Encantoume, Bea. Non só o relato, as fotos espectaculares. Eu non debo ter ningunha do meu Dyane, que polo que vexo, veñen sendo da mesma época.

    ResponderEliminar
  5. Paréntesis da tua vida que non coñecía tanto . Chea de aventuras que nos van conformando no que somos .Nieves

    ResponderEliminar
  6. Beatriz Pin "On the road", dá para unha novela.



    ResponderEliminar
  7. Ola Bea,

    Según ía lendo e mirando as fotos dábame a impresión de estar vendo unha película de road trip das boas. Tiveches unha xuventude fascinante, que sorte poder vivir tantas experiencias (e ter a valentía e convicción para facelo).

    Xa sabes que te admiro moito, e eres toda unha referente.

    Un bico,
    Iria

    ResponderEliminar
  8. inspirado relato Xesus Trashorras que para ti Beatriz dio lugar a todo un acontecer de hechos donde a través de la fotografia nos muestras sus secuencias tal como la vida misma desde el inicio al final , ha sido un palcer leer , ver y vivirlo Beatriz..., feliz semana y un fuerte abrazo , tu amigo . jr.

    ResponderEliminar
  9. Qué lindo es echar la vista atrás y tener tan lindos recuerdos. Tú sí que has sabido y sabes disfrutar de la vida!
    Un abrazo 😉

    ResponderEliminar
  10. Olá, Beatriz, adorei ler sua história de juventude, suas experiências!
    Muito interessante!
    Deixo um beijinho e votos de um feliz fim de semana!
    Saúde e paz!

    ResponderEliminar
  11. non sabía que tiveras un D-6, lembrame outro que ti tamen coñecias. e case do mesmo color.alegreime sábelo. LARM

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.